GID en EducAcción Patrimonial-UVIGO

GID en EducAcción Patrimonial-UVIGO

Compartir

Grupo de Innovación Docente (GID) en EducAcción Patrimonial da Universidade de Vigo

GIDEP (Grupo de Innovación Docente en EduAcción Patrimonial)
Coordinadora: Beatriz Comendador Rey
Persoas participantes: Miguel Ángel Álvarez Vázquez, Francisco Javier Aguiar Fernández, María Isabel Doval Ruiz, Alma Gómez Rodrígurez, Águeda Gómez Suárez, Isabel Mociño González, Francisco Javier Rodríguez Martínez e Elena de Uña Álvarez.

02/02/2026

O próximo mércores, segundo seminario dinamizado da materia do Master Interuniversitario en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade.

Unha guía didáctica aborda a alimentación como patrimonio cultural, histórico e territorial 09/01/2026

O da Universidade de Vigo faise eco da publicación da guía "Unha receita con (Pre) Historia". 🔎 A través desta publicación, poderás explorar como prácticas alimentarias, receitas e saberes culinarios están profundamente ligados ás tradicións, aos territorios e á memoria colectiva de diversas comunidades.
🍲📚 Esta guía é unha ferramenta perfecta para reflexionar sobre a diversidade cultural, a sustentabilidade e o patrimonio inmaterial, conectando o presente coa historia e o territorio.
👉 Comparte esta publicación e descobre connosco o valor da alimentación como patrimonio cultural.
�http://gidep.webs.uvigo.es/wp-content/uploads/2025/12/Unha-receita-con-PreHistoria_GIDEP_2025.pdf

Unha guía didáctica aborda a alimentación como patrimonio cultural, histórico e territorial Que relación hai entre unha receita tradicional e a prehistoria? Para dar resposta a esta pregunta o Grupo de Innovación Docente en EduAcción Patrimonial (GIDEP) da UVigo presenta a publicación Unha receita con (Pre)Historia, “unha guía didáctica que convida a mirar a alimentación como patr...

22/12/2025

🍞🥬 Que relación hai entre unha receita tradicional e a Prehistoria?

Presentamos "Unha receita con (Pre)Historia", unha guía didáctica que convida a mirar a alimentación como patrimonio cultural, histórico e territorial. A través dos alimentos que comemos hoxe, exploramos procesos de domesticación, tecnoloxías cotiás, prácticas sociais e paisaxes culturais que comezaron hai milleiros de anos.

A guía propón actividades accesibles e interdisciplinares que conectan pasado e presente dende a cociña. Porque detrás de cada prato hai coñecementos, memoria e historia compartida. 📚✨

📖 Mouriño, A., Rodríguez, L., Comendador, B. (2025). Unha receita con (Pre)Historia.
Grupo de Innovación Docente en EduAcción Patrimonial (GIDEP).
Edición de Andrea Mouriño Schick, con ilustracións de Adela Vázquez Veiga.
ISBN 978-84-89-79652-6

Editada mediante unha axuda económica para a divulgación das actividades dos grupos de innovación docente da Universidade de Vigo (Convocatoria 2025).

👉 Descarga dispoñible:http://gidep.webs.uvigo.es/wp-content/uploads/2025/12/Unha-receita-con-PreHistoria_GIDEP_2025.pdf

17/09/2025

📢 Convócanse os Premios Egeria a TFG, TFM e teses de doutoramento con perspectiva de xénero
🔍 Queres que a túa investigación teña recoñecemento?
Se incorporaches a perspectiva de xénero no teu TFG, TFM ou tese, esta é a túa oportunidade.
🏆 A intención destes premios é visibilizar e impulsar a investigación con perspectiva de xénero, recoñecendo o traballo de quen se esforza por facer ciencia máis sen nesgos e máis igualitaria.
✨ Categorías:
🔸 TFG → 1 premio por cada ámbito
🔸 TFM → 1 premio por cada ámbito
🔸 Tese de doutoramento → 2 premios (todas as ramas).
⏰ Prazo: ata o 9 de outubro de 2025.
💡 Non perdas a ocasión de dar valor ao teu traballo!
Podes consultar as bases no Taboleiro electrónico ou na web da Unidade de Igualdade.

¿Quieres que tu escuela/facultad sea el Escuela/facultad mas cotizado en Orense?

Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Localización

Categoría

Dirección


Orense