31/07/2026
📸 Xa está aquí a segunda edición do concurso fotográfico «Enfocando a igualdade: mulleres, ciencia e diversidade»!
O Instituto de Agroecoloxía e Alimentación (IAA) convoca unha nova edición deste certame co obxectivo de promover a igualdade de xénero, a diversidade e a equidade a través da fotografía.
Se formas parte do estudantado ou do persoal do IAA, anímate a participar presentando unha ou dúas fotografías que reflictan a igualdade, a diversidade e a equidade no ámbito científico, académico ou laboral.
🏆 Premios:
🥇 250 €
🥈 150 €
🥉 Dous premios de 100 €
📅 Prazo de presentación: ata o 30 de setembro de 2026.
📄 Consulta as bases da convocatoria na nosa páxina web.
23/07/2026
🍇 Como podemos recoñecer e apoiar os beneficios ambientais que achegan os viñedos?
Esta foi a pregunta central do obradoiro do proxecto europeo BIOservicES, celebrado o pasado 11 de xullo en Toén (Ourense).
Persoal investigador da Universidade de Vigo, pertencente ao grupo Planta, Solo e Aproveitamento de Subprodutos (BV1) e adscrito ao Instituto de Agroecoloxía e Alimentación (IAA), participou nesta xornada xunto con viticultores, adegas, administracións públicas e outros axentes do sector.
O obxectivo foi avanzar no deseño dun modelo de Pagamento por Servizos Ecosistémicos (PES) que contribúa a recoñecer e incentivar prácticas vitícolas máis sostibles.
🌱 Un paso máis cara a unha viticultura que coida o solo, a biodiversidade e a paisaxe.
22/07/2026
🌱 Desde o Instituto de Agroecoloxía e Alimentación (IAA) felicitamos ao grupo GISA polo excelente traballo realizado no Grupo Operativo XIPrisco.
Un proxecto que exemplifica como a investigación, a innovación e a colaboración co sector poden contribuír a avanzar cara a unha agricultura máis sostible.
👉 Máis información:
https://www.uvigo.gal/universidade/comunicacion/duvi/grupo-operativo-xiprisco-desenvolve-modelos-predicion-capaces-reducir-metade-os-tratamentos-funxicos
O Grupo Operativo XIPrisco desenvolve modelos de predición capaces de reducir á metade os tratamentos fúnxicos no cultivo da pataca
Despois de tres anos de traballo, o Grupo Operativo XIPrisco (Estratexia Sostible para a Xestión Integrada de Enfermidades en Cultivos de Pataca), participado pola Universidade de Vigo, acaba de rematar o seu traballo, centrado en “impulsar a innovación tecnolóxica no cultivo da pataca mediante...
21/07/2026
🎉 Boas novas para o Instituto de Agroecoloxía e Alimentación (IAA)!
Queremos felicitar ás nosas investigadoras polos excelentes resultados acadados nas convocatorias 2026 de axudas posdoutorais da Xunta de Galicia.
📌 Laura Meno Fariñas, do grupo GISA (Grupo de Investigación en Sistemas Agroambientais), obtivo a axuda para completar a etapa de formación posdoutoral.
📌 Así mesmo, Yedra Vieites Álvarez, do grupo BEV1; Andrea Rodríguez Sanz, do grupo TEZE; e María Carpena Rodríguez, do grupo NuFoG, figuran na proposta de resolución de concesión das axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral.
Estes resultados poñen en valor a excelencia da investigación desenvolvida polos grupos adscritos ao IAA e o talento do seu persoal investigador.
Parabéns a todas e moito éxito nesta nova etapa! 👏🌱
20/07/2026
🌱 Parabéns aos nosos investigadores Paula Pérez Rodríguez e Andrés Rodríguez Seijo, do grupo Planta, Solo e Aproveitamento de Subprodutos (BV1), e a Pedro Ferreira Santos, do grupo Bio2Val, pola concesión das axudas do Campus Auga da Universidade de Vigo destinadas a impulsar proxectos de investigación de persoal con traxectoria excelente.
Un recoñecemento ao seu traballo e á excelencia da investigación que desenvolven na Universidade de Vigo e no Instituto de Agroecoloxía e Alimentación (IAA).
Noraboa e moito éxito no desenvolvemento destes novos proxectos! 👏
👉 Máis información:
https://www.uvigo.gal/universidade/comunicacion/duvi/campus-auga-apoia-catro-proxectos-investigacion-persoal-traxectoria-excelente
O Campus Auga apoia catro proxectos de investigación de persoal con traxectoria excelente
O Campus Auga, o proxecto de especialización do campus de Ourense acreditado pola Xunta de Galicia, lanzou este ano unha convocatoria de axudas destinada a financiar proxectos de persoal investigador con traxectoria excelente. A convocatoria xa está resolta e financiará estudos sobre solos agríc...
23/06/2026
🌱 O Instituto de Agroecoloxía e Alimentación (IAA) estivo presente no 23rd World Congress of Soil Science, o congreso internacional de referencia no ámbito da ciencia do solo, celebrado en Nanjing (China).
O investigador do IAA, Andrés Rodríguez Seijo (Plant, Soil and By-product Valorization, BV1), participou neste foro científico de primeiro nivel cunha comunicación oral sobre a distribución de pesticidas a escala europea no marco do proxecto BIOservicES, no que exerce como WP leader, así como cun póster con resultados dos casos de estudo LH2 e LH3 do proxecto InBestSoil, do que é coordinador.
A participación do persoal investigador do IAA neste tipo de encontros internacionais reforza a súa presenza activa na comunidade científica global e o seu compromiso co avance do coñecemento no ámbito do solo e dos retos ambientais actuais.
22/06/2026
🌱 O pasado 19 de xuño, o Instituto de Agroecoloxía e Alimentación recibiu a visita dunha delegación de profesoras e profesores do Instituto Federal Goiano – Campus Rio Verde (Brasil), no marco dunha xornada de intercambio académico e institucional promovida pola Universidade de Vigo e o Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais (CISPAC).
Durante a visita ao Campus Auga Universidade de Vigo, a delegación coñeceu de primeira man as infraestruturas, equipamentos e capacidades científico-técnicas do Instituto de Agroecoloxía e Alimentación e do propio Campus Auga.
Os participantes foron recibidos por David Fernández Calviño, director do IAA; Sidonia Martínez Suárez, responsable da Planta Piloto de Industrias Alimentarias; e Patricia Gullón Estévez, coordinadora dos laboratorios, que presentaron as principais instalacións do centro.
Ao longo da visita, a delegación puido coñecer os laboratorios do IAA, os seus principais equipamentos científicos e a Planta Piloto de Industrias Alimentarias, unha infraestrutura clave para a investigación aplicada e a transferencia de coñecemento ao sector agroalimentario.
Agradecemos ao Instituto Federal Goiano – Campus Rio Verde o seu interese e agardamos que este encontro contribúa a fortalecer futuras colaboracións entre ambas institucións.
19/06/2026
🚀 O proxecto europeo BioCordelia, financiado polo programa Horizon Europe (CBE JU), celebrou o seu kick-off meeting en Espoo (Finlandia), acollido por VTT – Technical Research Centre of Finland.
Durante este encontro inicial, os socios do consorcio traballaron na definición dos obxectivos e folla de ruta dun proxecto que se desenvolverá ao longo dos próximos 42 meses.
🌱 BioCordelia ten como obxectivo o desenvolvemento de sistemas innovadores e biodegradables de liberación controlada de fertilizantes, baseados en materiais lignocelulósicos procedentes de subprodutos agrícolas e forestais, contribuíndo á redución da contaminación por microplásticos no solo e á mellora da sustentabilidade dos sistemas agrícolas.
O proxecto está liderado pola investigadora Paula Pérez Rodríguez, e o investigador Manuel Conde Cid que aportan a súa experiencia na biodegradación de compostos orgánicos no sistema solo-planta mediante o uso de isótopos estables, ambos pertencentes ao grupo Plant, Soil and By-product Valorization (BV1) e investigadores do Instituto de Agroecoloxía e Alimentación.
18/06/2026
🌱 Dende o Instituto de Agroecoloxía e Alimentación compartimos a participación dos investigadores Rosa Perez-Gregorio, Rodolfo Dinis Pinto Simões e Jorge Pardellas Soto, do grupo Food and Health Omics, no FORO & PREMIOS GALICIA ALIMENTACIÓN 2026, organizado por Clúster Alimentario de Galicia.
O pasado 11 de xuño celebrouse este encontro do sector agroalimentario galego baixo o lema “Alimentar o futuro”, un espazo de encontro entre axentes empresariais, institucionais e profesionais orientado ao intercambio de coñecemento e á posta en común de retos e oportunidades do sector.
En representación do Instituto de Agroecoloxía e Alimentación e do Campus Auga Universidade de Vigo da Universidade de Vigo, os investigadores participaron nun espazo expositivo no que presentaron as capacidades científicas e tecnolóxicas do centro, así como diferentes produtos, iniciativas e servizos, contribuíndo á visibilización da investigación e ao fortalecemento das conexións co tecido produtivo e co ecosistema agroalimentario galego.
12/06/2026
Hoxe publicouse a Proposta de Resolución Provisional de persoas seleccionadas e de reserva da convocatoria 2025 das axudas Juan de la Cierva da Axencia Estatal de Investigación.
Dende o Instituto de Agroecoloxía e Alimentación temos o pracer de anunciar que a nosa investigadora Celia Costas Sánchez, do grupo Investigacións Agrarias e Alimentarias (AA1), foi seleccionada nesta convocatoria.
Parabéns polo logro!