20/08/2026
Ponlle peito!!!
Estamos encantados e encantadas de presentarvos as camisolas de PeDra'26.
Programamos cultura no rural de Ourense
+ [GAL ] Ruralisto.org pretende ser unha plataforma de formación e de vangarda, xestionada dende criterios sociais e onde se reúnen contidos diversos que sirven como ferramentas para o futuro do rural.
++ [ES] Ruralisto.org pretende ser una plataforma de formación y de vanguardia, gestionada desde
criterios sociales y donde se reúnen contenidos diversos que sirven como herramientas para el
futuro
20/08/2026
Ponlle peito!!!
Estamos encantados e encantadas de presentarvos as camisolas de PeDra'26.
19/08/2026
DJ metade galego, metade valenciano que nos traerá lembranzas da música dos 90 e 80 acompañadas de cancions actuais con sabor retro.
Dani Tamayo
19/08/2026
Mudan as caras e mudan os estilos.....pero a festa en PeDra'26 segue igual!
SaraSola non nos vai a poder acompañar no vermú 🔁 pero entra no programa LinheDj, co seu groove festivo.
Preparade o Shazam para unha sesión imperdibleeeeee!!!
18/08/2026
Radio Liverdade é o medio oficial do noso festival e estamos encantados!!!!
Pedra 2026, "Festival de saberes", podcast previo. - Radio Liverdade DESCARGA AQUÍ O PODCAST O “Pedra 2026”, está ó chegar, con escenarios en Loiro, Cea, Puga e Trasalba. Unha celebración orixinal que xunta obradoiros sobre saberes de antes e dagora, […]
17/08/2026
Pola noitiña teremos moita RAIBA: a descarga de hardcore e metal en galego que arrasa nos escenarios cunha enerxía imparable e letras de revolta.
16/08/2026
, namentres non chega PeDRa'26.
O pasado sábado fomos ao Tejo en Portugal, convidados polo Ministerio de Cultura, para falar de redes culturais no rural.
O artigo fai un repaso da conferencia. 👇
De Fuenteovejuna aos nosos días. A creación de redes culturais no rural. Para os que non o sabedes, detrás deste blog, estou EU. Eu escrito, así en maiúsculos, é unha versión desproporcionada do eu que din amigos e familia. Eu na presentación...
15/08/2026
Os enredos de feira de 1900 sempre foron a especialidade de A Bela Auria.
Maxia, creatividade e moita reciclaxe. Vente a unha feira para xogar con Ferro Couselo, Maruja Mallo, Nespereira, Quessada e outros grandes da cultura!!
financiado pola iniciativa
14/08/2026
Imos con Tristón, probablemente o Dj máis versátil do panorama galego.
Especialista en torreiros da festa...Dj rural onde os haxa e un clásico de PeDra!!!
Se o viches na Ribeira Sacra hai pouco, no Courel o ano pasado ou nos premios Fouciño en Baio....non o perdas en PeDRa'26.
financiado pola iniciativa
13/08/2026
FESTIVAL PeDRa 2026 – Xa temos programación e horarios!
28 de agosto | Loiro (Barbadás)
Museo Etnográfico Loiro na Memoria
18:00 – Espazo de videoxogos en galego
19:00 – Obradoiro de theremin (Paulo Pascual)
20:00 – Obradoiro: Como recuperar terras raras (+q3D)
21:00 – Concerto comentado de theremin (Paulo Pascual)
29 de agosto | Loiro (Barbadás)
Museo Etnográfico Loiro na Memoria
11:00 – Ruta micolóxica (saída dende o 30 da rúa do Buleiro) con Carlos Rafael
12:00 – Xogos populares con monitor
12:00 – Obradoiro de Esgrima Histórica (AOEH)
12:00 – Teatro infantil (A Run Run Teatro)
13:30 – Concerto: Phantom Dragsters
15:00 – Concerto: DJ SaraSola
16:00 – Música tradicional: Os Terribles da Cabeanca
16:30 – Obradoiro: conseguir ouro como un romano (Óscar Penín)
18:00 – Música tradicional: Lubicáns
18:00 – Obradoiro de arqueoloxía experimental: oleiría como no castro de Trelle
19:30 – Concerto: DJ Tristón
21:15 – Concerto de rock: Raiba
22:30 – Concerto: DJ Dani Tamayo
12 de setembro | Cea
Centro Social Casa Alén de Viduedo
Ruta de sendeirismo e visitas a proxectos artesanais e culturais do Concello de Cea
Concerto de música tradicional: Axeigo
Entrega do I Premio ao Compromiso Cultural
Fiadeiro
13 de setembro | Toén
Carballeira de Puga
10:00 – Ruta guiada "Os portos da Ribeira do Miño" (Asociación Amigos Patrimonio de Toén)
12:00 – Obradoiro de cestería (Será por Vimbios)
12:30 – Contacontos (Anxo Moure)
13:30 – Concerto: Columna Vegana
25 de setembro | Trasalba – Amoeiro
Fundación Otero Pedrayo
Xogos populares
Contacontos con Uxía Morán
Toda a información na web: pedrafestival.info
Máis detalles no blog: ruralisto.org/as-invasions-barbaras/
Síguenos en Telegram, Instagram e Facebook para non perder detalle.
Festival PeDRa — patrimonio, cultura, territorio e comunidade.
13/08/2026
Facer olas como o facían nos castros ou incluso antes, é unha experiencia única.
PeDra é o único festival onde podes g***r deste tipo de actividades. Obradoiros de arqueoloxía experiemental. 🍯🔥
🫵 Non os perdas!!!
proxecto financiado pola iniciativa