Aula_101 [EASD Antonio Faílde]

Aula_101 [EASD Antonio Faílde]

Compartir

Un espazo para a fotografía e outras artes visuais

18/05/2025
13/05/2025

Acceso e admisión ás ensinanzas artísticas superiores 2025/26

Publicada a Resolución do 7 de abril de 2025 da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convocan as probas e se ditan instrucións para o acceso e admisión do alumnado nas ensinanzas artísticas superiores de Deseño para o curso 2025/26.
‍‍
Toda a información referente ao procedemento de acceso ás ensinanzas artísticas superiores estará dispoñible no portal educativo da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, así como na páxina de inicio da aplicación EAS. As persoas admitidas no procedemento -que dispoñan de DNI ou NIE- terán opción de consultar as listaxes provisionais e definitivas de cualificacións e adxudicacións na súa área persoal de EAS nos prazos establecidos na resolución.

‍O prazo de presentación de solicitudes comprenderá desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o día 6 de xuño, ambos os dous incluídos.

Con carácter xeral, as solicitudes deberán realizarse de maneira telemática cubrindo o formulario dispoñible en www.edu.xunta.gal/eas/, e empregando o certificado dixital ou sistema de usuario e clave Chave365 https://sede.xunta.gal/chave365

Na solicitude deberase indicar, por orde de preferencia, a especialidade que desexan cursar, así como a escola a que desexan acceder. Poderase solicitar un máximo de catro opcións. Igualmente, as persoas aspirantes deberán indicar na solicitude a escola de arte e superior de deseño de Galicia en que desexan realizar as ditas probas.
Para completar o proceso de inscrición, deberase presentar unha copia da solicitude, xunto coa documentación requirida, na secretaría de calquera das escolas de arte e superiores de deseño.

Editado · 2 sem
‍Información a consignar nos impresos de pagamento de taxas:
Consellería
Consellería de Cultura, Educación e Formación Profesional. Código: 07
Delegación
Ourense. Código:30
Servizo
Ensino Medio. Código 03
Denominación
Estudos Superiores de Deseño. Código 352600
Obxecto de Pago
Inscrición para o acceso aos estudos superiores de deseño curso 2025/26
Ademáis do resto da documentación necesaria para tramitar o procedemento (ver o punto terceiro das Instrucións para o acceso e a admisión aos estudos superiores de Deseño), deberase entregar o xustificante do aboamento dos prezos públicos segundo o Decreto 89/2013, do 13 de xuño (DOG do 17 de xuño), consonte un destes modelos oficiais, xunto co certificado de exención ou redución correspondente, se é o caso:
· Modelo E (autocopiativo en papel facilitado nas secretarías das escolas).
· Modelo AI.
· Modelos 730 e 731, xerados electrónicamente no portal da internet da Axencia Tributaria de Galicia (https://ovt.atriga.gal).
O pagamento dos prezos públicos correspondentes ás probas de acceso poderá ser telemático (cargo en conta ou tarxeta) ou presencial (mediante un impreso para presentar na entidade bancaria). Este pagamento non poderá ser fraccionado.

RESUMO DO CALENDARIO DE ACCESO E ADMISIÓN:

FASE DE INSCRICIÓN
Do 23 de abril ao 6 de Xuño · Prazo de inscrición
‍‍9 de xuño · Listaxe provisional de persoas admitidas.
10 e 11 de xullo · Reclamacións contra a listaxe provisional.
13 de xullo · Listaxe definitiva das persoas admitidas para a realización da proba específica.
‍FASE DE PROBAS‍
‍20 de xuño · Probas específicas para o acceso aos estudos superiores de deseño nas Escolas de Arte e Superiores de Deseño.
30 de xuño · Cualificacións provisionais.
1 e 2 de xullo · Reclamacións contra as cualificacións provisionais.
4 de xullo · Cualificacións definitivas da proba específica. ‍‍
‍FASE DE ADXUDICACIÓN E MATRÍCULA
8 de xullo · Publicación de listaxe definitiva de adxudicacións de prazas.
9 ao 11 de xullo · 1º período de formalización de matrícula.
15 de xullo · Publicación segunda adxudicación de prazas.
16 ao 18 de xullo · 2º período de formalización de matrícula. Setembro · Probas de acceso se hai prazas.

13/05/2025

Acceso e admisión ás Ensinanzas Profesionais de Artes Plásticas e Deseño 2025/26

Publicada a Resolución do 7 de abril de 2025 da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convocan as probas e se ditan instrucións para o acceso e admisión do alumnado ás ensinanzas artísticas profesionais de Artes Plásticas e Deseño para o curso 2025/26.

Toda a información referente ao procedemento de acceso ás ensinanzas artísticas superiores estará dispoñible no portal educativo da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, así como na páxina de inicio da aplicación EAS. As persoas admitidas no procedemento -que dispoñan de DNI ou NIE- terán opción de consultar as listaxes provisionais e definitivas de cualificacións e adxudicacións na súa área persoal de EAS nos prazos establecidos na resolución.

‍O prazo de presentación de solicitudes comprenderá desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o día 13 de xuño, ambos os dous incluídos.

Con carácter xeral, as solicitudes deberán realizarse de maneira telemática cubrindo o formulario dispoñible en www.edu.xunta.gal/eas/, e empregando o certificado dixital ou sistema de usuario e clave Chave365 https://sede.xunta.gal/chave365

‍A proba substitutiva do bacharelato realizarase o 25 de xuño desde as 10.00 ata as 17.00 horas.
A proba específica de acceso realizarase o día 8 de xullo desde as 10.00 ata as 19.00 horas.

RESUMO DO CALENDARIO DE ACCESO E ADMISIÓN:‍

‍FASE DE INSCRICIÓN
Desde o día seguinte ao da publicación no DOG ata o 13 de xuño · Primeiro prazo de inscrición: alumnado que solicita proba substitutiva de requisito de titulación.
‍17 de xuño · Publicación de listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas tras 1º prazo de inscrición.
18 e 19 de xuño · Período de reclamación contra a listaxe provisional tras 1º prazo de inscrición.
23 de xuño · Publicación de listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas tras 1º prazo de inscrición

‍Desde o día seguinte ao da publicación no DOG ata o 26 de xuño · Segundo prazo de inscrición: alumnado que cumpre co requisito de titulación
30 de xuño · Publicación da listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas tras 2º prazo de inscrición
‍1 e 2 de xullo · Período de reclamación contra a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas do 2º prazo de inscrición
4 de xullo · Publicación da listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas no 2º prazo de inscrición
‍FASE DE PROBAS
25 de xuño · Proba substitutiva do requisito de titulación
30 de xuño · Publicación da listaxe provisional de cualificacións da proba substitutiva do requisito de titulación
1 e 2 de xullo · Período de reclamación contra a listaxe provisional de cualificacións da proba substitutiva do requisito de titulación
4 de xullo · Publicación da listaxe definitiva de cualificacións da proba substitutiva do requisito de titulación
8 de xullo · Realización da proba específica
‍15 de xullo · Publicación da listaxe provisional de cualificacións da proba específica
16 e 17 de xullo · Período de reclamación contra a listaxe de cualificacións da proba específica
21 de xullo · Publicación da listaxe definitiva de cualificacións da proba específica
‍FASE DE ADXUDICACIÓN E MATRÍCULA
21 de xullo · Publicación da listaxe de 1ª adxudicación
22, 23 e 24 de xullo · 1º período de formalización de matrícula para o curso 2025/26
28 de xullo · Publicación 2ª adxudicación de prazas
29, 30 e 3 de xullo · 2º período de formalización de matrícula para o curso 2025/26

11/05/2025
Photos from EASD Antonio Faílde's post 04/04/2025
¿Quieres que tu escuela/facultad sea el Escuela/facultad mas cotizado en Orense?

Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Localización

Categoría

Dirección


Orense
32005

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 21:00
Martes 09:00 - 21:00
Miércoles 09:00 - 21:00
Jueves 09:00 - 21:00
Viernes 09:00 - 14:00