15/06/2026
🎉Xa están aquí as XXII Xornadas Culturais do CPR Plurilingüe Luis Vives! 🎉. Prepárare para unha semana chea de !
Somos unha cooperativa educativa privada-concertada, laica, plurilingüe con xornada mixta. Infantil a Ed. Primaria e Ed. Secundaria Obrigatoria.
A nosa oferta educativa abarca desde os 3 aos 16 anos; incluíndo a Ed.
15/06/2026
🎉Xa están aquí as XXII Xornadas Culturais do CPR Plurilingüe Luis Vives! 🎉. Prepárare para unha semana chea de !
09/06/2026
⚽💛 Seguimos defendendo as cores do noso cole! 💚⚽
Un curso máis, o fútbol seguirá formando parte das nosas actividades extraescolares. E nesta ocasión facémolo da man de Academia Futsal, un equipo de profesionais que acompañará ao noso alumnado no seu crecemento deportivo e persoal.
Aprender, mellorar, traballar en equipo, facer amigos e representar con orgullo ao noso centro serán algúns dos obxectivos desta actividade tan apaixonante.
🏆 Quen se anima a formar parte do equipo do cole e saír ao campo a dar o mellor de si?
Agardámosvos para vivir unha tempada chea de emocións, goles e grandes momentos!
OrgulloDeColexio ⚽🙌💛💚
08/06/2026
🏀🔥 O baloncesto chega ao noso cole! 🔥🏀
Este curso incorporamos unha nova actividade deportiva da man dos profesionais do COB.
Unha oportunidade fantástica para aprender os fundamentos deste deporte, mellorar habilidades, fomentar o traballo en equipo e, sobre todo, pasalo en grande.
Preparade as zapatillas... porque este curso xogamos ao baloncesto!
08/06/2026
🏀🇬🇧 Basket & English: a combinación perfecta! 🇬🇧🏀
E se xuntamos deporte e inglés nunha mesma actividade?
Este curso chega unha nova proposta extraescolar na que o alumnado poderá practicar baloncesto mentres reforza o inglés dun xeito natural, dinámico e divertido.
Aprender xogando, moverse mentres se practica o idioma e desfrutar dunha experiencia diferente. Que máis se pode pedir?
08/06/2026
🎨🎵🔬 Achégate! 🔬🎵🎨
Este curso queremos incorporar ás nosas actividades extraescolares unha proposta diferente, creativa e chea de posibilidades da man de Achégate.
Música, arte, ciencia e moitas experiencias pensadas para estimular a curiosidade, a creatividade e o talento do noso alumnado.
Un espazo para descubrir, crear, experimentar e aprender dun xeito diferente.
Estamos desexando comezar esta nova aventura xuntos!
08/06/2026
🤸♀️✨ Nova incorporación ás nosas extraescolares! ✨🤸♀️
Este curso estreamos unha actividade moi especial: Ximnasia Rítmica.
Da man de profesionais do Pavillón de Ourense, o alumnado poderá descubrir unha disciplina que combina deporte, coordinación, expresión corporal, flexibilidade e moita diversión.
Estamos convencidos de que será unha actividade que encantará aos nosos nenos e nenas.
Quen se anima a dar os primeiros pasos nesta nova aventura?
08/06/2026
♟️ O xadrez continúa gañando partidas no noso cole! ♟️
Tras a gran acollida do último curso, seguimos colaborando co Club de Xadrez de Ourense para ofrecer esta actividade que cada vez esperta máis interese entre o alumnado.
O xadrez axuda a desenvolver a concentración, a memoria, a capacidade de análise e a toma de decisións, todo mentres se desfruta dun deporte apaixonante.
Preparados para mover ficha?
08/06/2026
🌟 Seguimos contando con ForYou! 🌟
Un curso máis, renovamos a nosa colaboración con ForYou para ofrecer unha ampla variedade de actividades extraescolares pensadas para que o alumnado aprenda, medre e se divirta.
🇬🇧 Inglés, ⚽ predeportes, 💃 baile e moitas máis propostas que combinan aprendizaxe, movemento e diversión nun ambiente dinámico e adaptado ás diferentes idades.
Porque aprender tamén pode ser unha aventura fóra da aula!
08/06/2026
🎉✨ ¡Xa están aquí as nosas actividades extraescolares para o curso 2026-2027! ✨🎉
Este ano chegamos con moitas novidades e con máis ilusión ca nunca.
Contaremos con diferentes empresas e profesionais especializados para ofrecer unha programación máis ampla, variada e adaptada aos intereses do noso alumnado.
Ademais, unha das grandes novidades é que as actividades extraescolares comezarán xa no mes de setembro, sen agardar a outubro, para que os nosos nenos e nenas poidan desfrutar delas desde o inicio do curso.
Deporte, idiomas, arte, música, ciencia e moito máis forman parte da nosa oferta para este novo curso.
Moi atentos ás próximas publicacións, porque iremos presentando cada unha das actividades e todas as novidades que temos preparadas.
Estamos desexando comezar esta nova aventura con vós!
Educación Deporte Arte Música Ciencia
| Lunes | 08:30 - 14:00 |
| Martes | 08:30 - 14:00 |
| Miércoles | 08:30 - 14:00 |
| Jueves | 08:30 - 14:00 |
| Viernes | 08:30 - 14:00 |