Laboralourense

Laboralourense

Compartir

Centro público dependente da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

ESO, Bacharelato, FP (Transporte e Mantemento de Vehículos, Instalacións e Mantemento, FP básica).

Photos from Laboralourense's post 18/06/2026

MOSTRA DEBUXO ARTÍSTICO 1º BACH. 2025/26

Academicamente o debuxo defínese como a arte, técnica e proceso de trazar liñas, formas e sombras sobre unha superficie para crear unha representación gráfica, a comunicación de ideas, emocións e deseños técnicos.

Leonardo da Vinci dicía que debuxamos co cerebro, e é certo. Cando debuxamos o noso cerebro dirixe o lápis nas nosas mans, e nese proceso mental vaise abrindo paso a nosa compresión dunha determinada estructura e as súas proporcións. Ο exercicio do debuxo non é só copiar da realidade, nel conxúganse imaxinación e sentido común. Debuxar require orde e concentración para poder dar forma ao que os nosos ollos observan. Nesa tarefa a visión espacial poténciase e a nosa capacidade de observación profunda medra ata poder entender a luz, o volume e a perspectiva, e plasmalo no papel.

Nesta mostra pódese contemplar unha pequena parte do traballo que o alumnado dos grupos C e D de Debuxo Artístico de 1º de Bacharelato desenvolveu ao longo do curso 2025/26. Aquí mestúranse técnicas como lápis, tinta china, bolígrafo e cores a través de procesos varios como o trazo único, tramas, puntillismo etc.

Nestes tempos nos que a intelixencia artificial ameaza algo tan importante como a nosa capacidade para analizar e pensar por nós mesmos, debuxar convértese nunha ferramenta poderosa, un xesto de intelixencia xenuína e natural.

Parabéns polo voso traballo.

Photos from Laboralourense's post 16/06/2026

Final Laboral League.
O luns 15 pola tarde tivo lugar a final da Laboral League entre Freirías e Chabolistas no polideportivo da Laboral resultando gañadores Chabolistas 6-3.
Noraboa a todos os participantes, organizadores e ao público que estivo animando todo o partido.
Mención especial para Kevin pola súa iniciativa que esperemos teña continuidade...

Photos from Laboralourense's post 14/06/2026

O alumnado de 3º ESO convirtese en guía escolar da eclipse de 2026

O alumnado de 3º ESO de Educación Dixital Bilingüe está a participar no programa “Polos Eclipsados”, unha iniciativa que os prepara para actuar como guías escolares con motivo da eclipse solar que terá lugar o vindeiro 12 de agosto de 2026.

Para comezar, o alumnado traballou na Actividade 0, proposta por Polos Creativos, coa finalidade de coñecer as características principais deste fenómeno astronómico e comprender a súa relevancia científica.

Posteriormente, desenvolveu a actividade “Eclipse na túa man”, na que puideron explorar de maneira práctica diferentes aspectos relacionados coa eclipse e construíron unha maqueta da eclipse utilizando a impresora 3d. Esta experiencia foi completada coa creación de diversos cómics divulgativos, nos que explicaron de forma creativa e accesible os conceptos aprendidos.

Como peche deste proxecto, o alumnado levou a cabo a actividade “Monitorización da eclipse”, empregando unha placa microbit e a cortadora láser. O obxectivo desta proposta é deseñar un dispositivo capaz de rexistrar datos de luminosidade e temperatura ambiental durante o desenvolvemento da eclipse, permitindo analizar os cambios que se producen ao longo deste fenómeno.

A través destas actividades, o alumnado combina a aprendizaxe científica, o pensamento computacional e a creatividade, ao tempo que se prepara para divulgar e compartir os seus coñecementos coa comunidade educativa durante a eclipse de 2026.

14/06/2026

Recibimos os certificados de Astro Pi Mision Zero

Xa recibimos os certificados de participación na actividade Astro Pi, na que participou alumnado de 2º de ESO do Club de Ciencia e de 3º de ESO de Educación Dixital Bilingüe.

Todos os programas da modalidade Misión Cero que superaron con éxito a avaliación xa foron executados na Estación Espacial Internacional (ISS). Os certificados recibidos indican a data, a hora e o lugar sobre a Terra no que cada programa foi emitido desde a ISS, converténdose nun recordo moi especial desta experiencia.

Parabéns a todo o alumnado participante polo seu traballo e interese, e grazas ao profesorado implicado por facer posible esta fantástica aventura científica e tecnolóxica.

14/06/2026

Un proxecto de alumnado de 4º de ESO recoñecido pola Axencia Espacial Europea

Hai pouco máis dun mes, un pequeno cilindro do tamaño dunha lata de refresco sobrevoou os ceos do concello coruñés de Cedeira ata alcanzar os 866 metros de altura. Para o ollo inexperto, era só un experimento escolar; para o equipo «Barreiros>> do IES Universidade Laboral, era o resultado de 60 horas de deseño, programación e, sobre todo, dunha pregunta fundamental: ¿Poderíamos ter hortas máis alá do noso propio planeta?

A pregunta formou parte da hipóteses coa que o alumnado de 4º da ESO da asignatura de Intelixencia Artificial participou por primeira vez no CanSat, a iniciativa educativa da Axencia Espacial Europea que propón aos estudantes entre os 14 e 19 anos de toda Europa construír un mini satélite que, lanzado desde un perfil de cohete, poder recoller os datos de cumprimento ou efectuar algún control de retorno.

O alumnado da Universidade Laboral levou o galardón de «misión científica destacada>>>

Noraboa ao alumnado e especialmente ao profesorado que propuxo e guiou a este alumnado para conseguir este galardón.

https://www.farodevigo.es/ourense/2026/06/13/cohete-satelite-reto-cientifico-cansat-experimento-escolar-inteligencia-artificial-agencia-espacial-europea-agricultura-131371364.html

Photos from Laboralourense's post 13/06/2026

Viaxe a Andalucía.
O alumnado do club de lectura de 1° de Bacharelato estivo do 9 ao 12 de xuño por terras andaluzas.
Visitaron Córdoba coa súa Mezquita e Baeza coñecendo todo o proceso da produción de aceite nunha almazara.
Granada, onde ademais da imprescindible Alhambra, tamén houbo tempo para pasear polas súas rúas e subir ao mirador de San Nicolás.
Na Biblioteca Provincial de Granada tiveron o encontro con Joaquín López Cruces e Enrique Bonet, autores do libro El otro mundo, que leron no club este curso, e para rematar o último día, praia en Almuñécar!!
Rapaces e rapazas estupendos que recordarán sempre estes días de convivencia e amizade.

12/06/2026

Radio Laboral: Final Laboral League 25/26.
O próximo luns 15, terá lugar a final da Laboral League. Neste programa de Radio Laboral tendes un coloquio entre os participantes, Kevin, creador da Laboral League e xogadores como lago de 2ºB, Añel de 4ºD e Lalo de 4 °C que nos contarán algunha anécdota da competición.
https://open.spotify.com/episode/2UaOaCB8TmFOB4yAsmURbN?si=-RQyx72dQba1AJcK4AGHoA

Photos from Laboralourense's post 09/06/2026
08/06/2026

Músicos da Laboral.
Moitos alumnos e alumnas do IES Universidade Laboral teñen a música como unha das súas actividades extraescolares.
Unha das agrupacións que posiblemente conte con máis alumnado é a Banda da Asociación "Música e cultura de Galicia". No concerto do día 6 de xuño estaban Uxía, Sabela, Pablo, Bea, Daniel, Luis e Mateo, alumnado actual da Laboral, e Jorge, Marcos e Guillermo que o foron con anterioridade, interpretando a obra "Fortaleza" entre outras.
E aínda moitos máis alumnos participan tanto na Banda como nutras agrupacións musicais desta asociación.

¿Quieres que tu escuela/facultad sea el Escuela/facultad mas cotizado en Orense?

Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Localización

Categoría

Teléfono

Dirección


Orense
32005