Campus Auga Universidade de Vigo

Campus Auga Universidade de Vigo

Compartir

Conta oficial do Campus Auga, campus de especialización da Universidade de Vigo.

O Campus Auga é un proxecto da Universidade de Vigo, que conta co apoio da Xunta de Galicia e representa unha oportunidade para establecer no campus de Ourense un campus líder en temáticas da auga, con capacidade para expandir a súa plataforma de investigación e innovación e para obter novas fontes de financiamento que aseguren o seu papel na comunidade internacional de educación superior e garanta a súa sustentabilidade a longo prazo.

30/07/2026

O Campus Auga, como o resto da Universidade de Vigo, pecha as súas portas do 3 ao 17 de Agosto 😎

Aproveitaremos para repoñer forzas, e volveremos listos para comezar un novo curso, vémonos! 😉

Photos from Campus Auga Universidade de Vigo's post 24/07/2026

Auria Technologies brilla en Silverstone (FSUK-AI)! 🚗🤖🏁

O equipo Universidade de Vigo pechou este domingo a súa participación na Formula Student UK–Artificial Intelligence (FSUK-AI), celebrada no mítico circuíto de Silverstone. Nesta edición, o seu sistema de condución autónoma para un coche eléctrico con IA logrou cumprir os obxectivos e acadar o mellor resultado da súa historia:📍 Posto 12 na clasificación xeral con 358 puntos.

Entre os mellores fitos:

🏆 Top 4 en Real World AI
🏆 Top 10 en Simulation
🏆 Top 10 en Autonomous System Design

E ademais: 70 puntos máis nas probas estáticas respecto á pasada tempada.

🎯 Outro gran avance: por primeira vez, conseguiron completar dúas das dez voltas na proba de resistencia, mellorando así a fiabilidade e o desenvolvemento do vehículo autónomo.

O único representante galego nesta competición internacional, e o proxecto é froito do traballo de estudantes de Intelixencia Artificial e Enxeñaría Informática, Enxeñaría Aeroespacial e Turismo, coa colaboración de Xunta de Galicia, UVigo, CESGA e varias entidades e empresas.

Moitos parabéns, e a por todas! 💪🚀

Photos from Campus Auga Universidade de Vigo's post 22/07/2026

🌱🥔 O Grupo Operativo XIPrisco remata tres anos de traballo para impulsar un cultivo da pataca máis sostible.

O proxecto, no que participa o Campus Auga da Universidade de Vigo a través do Grupo de Investigación en Sistemas Agroambientais (GISA), desenvolveu ferramentas de apoio á toma de decisións para un manexo sostible das principais enfermidades da pataca: mildio e alternariose.

🤝 Contou coa colaboración de investigadores, técnicos e agricultores, permitindo trasladar o coñecemento científico á práctica agrícola.

📉 Os modelos conseguiron reducir un 40-50% os tratamentos fúnxicos sen perder rendibilidade nas dúas principais zonas produtoras de pataca de Galicia (A Limia e Bergantiños), e avaliouse a adaptación do cultivo ás condicións climáticas actuais.

O grupo GISA foi o responsable do deseño experimental e seguimento científico dos ensaios, a validación dos modelos de predición e a transferencia dos resultados ao sector.

Ademais, coa colaboración do grupo de Enxeñaría Informática do Campus de Ourense, desenvolveuse unha aplicación para consultar o risco en tempo real e facilitar a toma de decisións no campo.

🔗 Máis información:
https://www.uvigo.gal/universidade/comunicacion/duvi/grupo-operativo-xiprisco-desenvolve-modelos-predicion-capaces-reducir-metade-os-tratamentos-funxicos

17/07/2026

A Vicerreitoría do Campus de Ourense convoca a oitava edición dos Premios de Investigación, Transferencia e Divulgación Científica do Campus Auga. Unha oportunidade para recoñecer e estimular o traballo do PDI, persoal investigador e alumnado en liñas de especialización como alimentación funcional, agricultura e medio ambiente, xestión da auga termal, e áreas transversais de soporte (IA, economía circular e lexislación agroalimentaria e ambiental).

📌 Prazo de presentación: ata o 31 de xullo.

🏆 Modalidades:
* Mellor TFG/TFM
* Teses de doutoramento
* Mellor contribución científica de alto impacto
* Mellor resultado de transferencia
* Accións e actividades de divulgación científica

O total de premios ascende a 12.000 €, con recoñecemento público mediante certificación oficial e entrega nun acto institucional 🎉

Se desenvolves investigación, transferencia ou divulgación vinculada ao Campus Auga, esta é a túa 💡🌊

Máis información en: secretaria.uvigo.gal/uv/web/avisos/aviso/show/49816

Universidade de Vigo

Photos from Campus Auga Universidade de Vigo's post 16/07/2026

O Campus Auga, o proxecto de especialización do Campus de Ourense acreditado pola Xunta de Galicia, xa resolveu unha convocatoria de axudas para apoiar proxectos liderados por persoal investigador de traxectoria excelente pertencente aos grupos de investigación do Campus Auga da Universidade de Vigo.

A convocatoria, dotada con 80.000 euros, permitirá financiar catro proxectos con 20.000 euros cada un durante a anualidade 2026, co obxectivo de reforzar a captación e retención de talento investigador no marco do programa Ramón y Cajal.

Estos son investigadores/as beneficiarios:

▪️ Andrés Rodríguez
▪️ Pedro Miguel Ferreira
▪️ Jorge Eiras
▪️ Paula Pérez

Parabéns ás persoas seleccionadas e moito éxito no desenvolvemento dos seus proxectos! 👏🔬

Un paso máis para seguir avanzando cara a unha investigación aplicada e con impacto real!
Noticia completa en: https://www.uvigo.gal/universidade/comunicacion/duvi/campus-auga-apoia-catro-proxectos-investigacion-persoal-traxectoria-excelente

Photos from Campus Auga Universidade de Vigo's post 13/07/2026

🚀 Digital_Expo xa é unha realidade!

A Universidade de Vigo participa nun proxecto Interreg-POCTEP para impulsar a dixitalización dos recintos feirais e centros expositivos da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.

💡 Cun orzamento de arredor de 1 millón de euros, financiado con fondos FEDER da UE, o proxecto aposta por unha tecnoloxía intelixente e conectada para mellorar a eficiencia dos espazos expositivos e ofrecer unha mellor experiencia a expositores e visitantes.

O proxecto, lanzado o pasado venres 26 de xuño en Ourense, desenvolverase durante 2026 e 2027. Está liderado pola Dirección Xeral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia, e conta coa colaboración da UVigo, de Expourense-Fundación de Feiras e Exposicións de Ourense, e das cámaras municipais de Viana do Castelo, Arcos de Valdevez e Ponte de Lima.

Por parte da UVigo participa un equipo multidisciplinar integrado por persoal docente e investigador de catro centros do Campus Auga: a Escola Superior de Enxeñaría Informática - ESEI, a Facultade De Dereito Ourense, a Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo e a Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo. Este equipo achegará a súa experiencia na validación de solucións tecnolóxicas, no desenvolvemento de proxectos piloto con tecnoloxías dixitais avanzadas e na transferencia de coñecemento e formación para as pemes.

🌍 Un exemplo máis de colaboración entre universidade, empresas e territorio para avanzar cara á transformación dixital.

Photos from Campus Auga Universidade de Vigo's post 08/07/2026

Segunda edición do Titulo Propio do Campus Auga de Experto/a en Agua, termalismo e saúde! 🌊✨

Se queres coñecer os beneficios terapéuticos e cosméticos da auga mineral-medicinal e termal, este curso ofrece unha formación integral, con módulos que abranguen desde a calidade e o control microbiolóxico da auga ata a súa aplicación en dermocosmética e en terapias para diferentes patoloxías. Ademais, inclúe prácticas de laboratorio e visitas e prácticas en empresas do sector, que permiten aplicar os coñecementos adquiridos en contextos reais 🔬👩‍🔬🧑‍🔬

📅 Prazo 1

Preinscrición: 1 xuño – 13 xullo 2026
Matrícula: 24 – 30 xullo 2026

📅 Prazo 2

Preinscrición: 31 xullo – 30 agosto 2026
Matrícula: 9 – 11 setembro 2026

Anímate! Máis información en cpfp.uvigo.gal/es/estudios/titulos-propios/id1322-1/

07/07/2026

Queres incorporar a intelixencia artificial á túa docencia universitaria con criterio, eficacia e responsabilidade?

Novo curso do Campus Auga para formación do profesorado:

💻 Intelixencia Artificial para a docencia universitaria con Microsoft Copilot e NotebookLM

📅 Do 13 ao 16 de xullo de 2026
🕤 Horario: de 9:30 a 12:00 h
📍 Laboratorio B00 da Escola Superior de Enxeñaría Informática (Campus de Ourense)

Durante este curso aprenderás:

✅ Os fundamentos da intelixencia artificial xerativa e as posibilidades e limitacións das ferramentas Microsoft Copilot e NotebookLM no ámbito da docencia universitaria.

✅ A utilizar Microsoft Copilot para apoiar a planificación docente, a creación de materiais educativos e o deseño de actividades de avaliación.

✅ A empregar NotebookLM para avaliar, organizar e xerar coñecemento a partir de documentos e outras fontes de información para a actividade académica.

✅ A integrar fluxos de traballo baseados en Copilot e NotebookLM aplicando criterios de uso responsable, privacidade e boas prácticas na contorna universitaria.

💡 Unha formación pensada para facilitar unha docencia máis eficiente, innovadora e adaptada ao contexto dixital actual.

📝 Prazo de inscrición: 7 e 8 de xullo de 2026

👉Máis información e inscricións:
https://cpfp.uvigo.gal/gl/estudos/titulos-propios/id1323-1/

📢 As prazas son limitadas. Non deixes pasar a oportunidade!

Photos from Campus Auga Universidade de Vigo's post 03/07/2026

O equipo UVigo Aerotech Solaris competirá a nivel estatal co seu foguete Viradinha MkII! 🚀

En xullo irán á Competición L1 en Huesca 📍, a principal cita interuniversitaria de referencia en foguetería amateur para conseguir a certificación Nivel 1 de Tripoli.

No proxecto Solaris participan arredor de 33 estudantes de diferentes titulacións dos campus de Ourense e Vigo, cunha destacada presenza de alumnado do Campus Auga, dos graos de Enxeñaría Aeroespacial e Intelixencia Artificial. O equipo complétase con estudantes de Enxeñaría Informática, Tecnoloxías de Telecomunicación, Enxeñaría en Electrónica Industrial e Automática, Enxeñaría Mecánica e Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais.

Desde o curso 2024/2025, este grupo traballa no deseño e na manufactura do foguete, así como nos seus sistemas de control, electrónica, estruturas e propulsión. O salto agora é grande: competirán co Viradinha MkII, un foguete de combustible sólido desenvolvido ao longo deste curso académico.

Un paso clave cara á súa próxima meta: a EuRoC’27 (European Rocketry Challenge) 🤩 e un orgullo total por ser o único equipo galego participante 👏

Universidade de Vigo
Escola Superior de Enxeñaría Informática - ESEI

Photos from DUVI 's post 03/07/2026
¿Quieres que tu escuela/facultad sea el Escuela/facultad mas cotizado en Orense?

Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Localización

Dirección


Campus Sur
Orense
32004

Horario de Apertura

Lunes 08:00 - 22:00
Martes 08:00 - 22:00
Miércoles 08:00 - 22:00
Jueves 08:00 - 22:00
Viernes 08:00 - 22:00