ANPA CEIP A Ponte

ANPA CEIP A Ponte

Compartir

Asociación de Nais e Pais do CEIP A Ponte - Ourense

Photos from ANPA CEIP A Ponte's post 04/07/2026

Primeira quenda Igualcampa 26.
Do 22 ao 30 de xuño tivo lugar a primeira quenda do Igualcampa no CEIP A Ponte, unha actividade promovida pola ANPA, co obxectivo de favorecer a conciliación das familias.

As actividades desenvolvidas xiraron en torno a ensinanza de valores como a igualdade, o compañerismo, a solidariedade, a boa convivencia e o bo trato.

Photos from ANPA CEIP A Ponte's post 21/06/2026

O xoves 18 de xuño tivo lugar o 🎉𝑨𝑵𝑷𝑨 𝑭𝑬𝑺𝑻🎉 no 𝐂𝐄𝐈𝐏 𝐀 𝐏𝐎𝐍𝐓𝐄 onde cativ@s poideron disfrutar dunha boa tarde de festa e diversión, e que merecían moito, logo dun curso cheo de aprendizaxe e esforzo.

🎉 A tarde non foi moi calurosa, pero aínda así os inchables acuáticos e a Festa da escuma foron os grandes triunfadores. Tamén tivemos merenda, xogos populares, globoflexia, pintacaras e discomóbil. Non houbo tempo para o aburrimento 😉

👏 Moitas grazas a tod@s que colaborastedes na organización da festa, a tod@s ás nais e pais e sobre todo aos nenos e nenas, que disfrutaron moitísimo no Anpa Fest 2026.

Photos from ANPA CEIP A Ponte's post 19/06/2026

Nesta derradeira semana do curso tiveron lugar as graduacións dos alumnos/as que pasan de ciclo (6o infantil) e os maiores que rematan no colexio. Esperamos que teñan un gran paso pola súa seguinte etapa.

Nos actos das graduacións entregáranse as orlas das 4 aulas, e no día de hoxe daranlle aos nenos/as unha foto de grupo de recordo. Como todos os cursos, estes gastos son sufragados pola ANPA.

Parabéns ao profesorado pola organización e aos nen@s polas actuacións 👏🏻

08/06/2026

🎉 𝑨𝑵𝑷𝑨 𝑭𝑬𝑺𝑻 🎉 𝐂𝐄𝐈𝐏 𝐀 𝐏𝐎𝐍𝐓𝐄 2026
🗓️ Xoves 18 xuño.

Imprescindible 𝐑𝐄𝐒𝐄𝐑𝐕𝐀 𝐝𝐞 𝐩𝐫𝐚𝐳𝐚.
Prazo máximo para anotarse: martes o 16 xuño ás 15:00h.

💻 𝐈𝐌𝐏𝐎𝐑𝐓𝐀𝐍𝐓𝐄:
Consultade todos os detalles na nosa web:
𝐰𝐰𝐰.𝐚𝐩𝐨𝐧𝐭𝐞𝐚𝐧𝐩𝐚.𝐠𝐚𝐥

03/06/2026

𝐂𝐀𝐌𝐏𝐀𝐌𝐄𝐍𝐓𝐎 Igualcampa 𝐧𝐨 𝐂𝐄𝐈𝐏 𝐀 𝐏𝐨𝐧𝐭𝐞.
De cara a facilitar a conciliación das familias do CEIP A Ponte, desde a ANPA organizamos un campamento lúdico, para todos/as os/as nenos/as nacidos entre os anos 2014 ao 2022.

A actividade terá lugar nas instalacións do colexio nas seguintes quendas, que son independientes:
- Do 22 ao 30 de xuño de 2026, de 9 a 14 horas.
- Do 1 ao 08 de setembro de 2026, de 9 a 14 horas.

👉 Tedes 𝐭𝐨𝐝𝐚 𝐚 𝐢𝐧𝐟𝐨𝐫𝐦𝐚𝐜𝐢ó𝐧 na nosa web:
www.aponteanpa.gal/campamento/

Photos from ANPA CEIP A Ponte's post 05/05/2026

SORTEO SEXTO PRIMARIA
Tivo lugar o Sorteo na Biblioteca coa presenza dos alumnos/as de 6o de Primaria, e estes son os números agraciados:

1er sorteo: 2276
2o sorteo: 3758
3er sorteo: 2228

Moitos parabéns aos gañadores/as

Photos from ANPA CEIP A Ponte's post 04/05/2026

🌺 Cómo lucen os Maios tradicionais no colexio.
Do 27 ao 30 de abril levouse a cabo no colexio un Obradoiro cos cursos de educación infantil, para a elaboración dun Maio tradicional.

Unha actividade promovida e financiada pola ANPA e coa colaboración dos mestres e mestras do colexio.

Os/as nenos/as disfrutaron moito con este obradoiro, coñeceron esta festa tan tradicional de Ourense e desenvolveron toda a súa creatividade.

O resultado final queda ben craro, unhos Maios preciosos! 😍

22/04/2026

🌺 𝑶𝒃𝒓𝒂𝒅𝒐𝒊𝒓𝒐 𝒑𝒂𝒓𝒂 𝒂 𝒆𝒍𝒂𝒃𝒐𝒓𝒂𝒄𝒊ó𝒏 𝒅𝒖𝒏 𝑴𝒂𝒊𝒐 𝒕𝒓𝒂𝒅𝒊𝒄𝒊𝒐𝒏𝒂𝒍.
Do 27 ao 30 de abril levarase a cabo no colexio un Obradoiro cos cursos de educación infantil, para a elaboración dun Maio tradicional.

Unha actividade promovida e financiada pola ANPA e coa colaboración dos mestres e mestras do colexio. Grazas a este obradoiro os/as nenos/as coñecerán de primeira man esta festa tradicional da nosa cidade, que se celebra o domingo 3 de maio.

Esperamos que os/as nenos/as disfruten con este obradoiro, coñezan esta festa tan tradicional de Ourense e logo poidamos todos/as contemplar no colexio a súa creación artística.

Tedes información máis detallada na nosa web:
www.aponteanpa.gal

23/02/2026

𝟐𝟑 𝐝𝐞 𝐟𝐞𝐛𝐫𝐞𝐢𝐫𝐨, 𝐃í𝐚 𝐝𝐞 𝐑𝐨𝐬𝐚𝐥í𝐚
Hoxe luns celébrase o Día de Rosalía de Castro, en recordo e homenaxe a unha das máis importantes poetisas da nosa historia e gran representante das Letras Galegas.

Desde fai moitos anos, contamos no exterior do colexio un mural adicada a Rosalía de Castro, obra do artistas Mon Devane.

📷 Foto retocada dixitalmente.

14/02/2026

VIDEO do Desfile de Entroido no noso colexio.
A pesar do mal tempo, nen@s poideron lucir os seus disfraces.
Viva o Entroido!! 🎉

¿Quieres que tu escuela/facultad sea el Escuela/facultad mas cotizado en Orense?

Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Localización

Categoría

Dirección


Orense