07/06/2026
🌱 Ás veces, para aprender cousas importantes, non fan falta grandes inventos.
Chegan unhas sementes, unha caixa de ovos, unha boa historia... e moitas ganas de xogar.
Esta semana compartimos no CEIP de Sigüeiro, da man da ANPA A Nosa Escola, a nosa actividade As Raíñas do Xogo, unha proposta na que mesturamos contos, xogos e creatividade para aprender desde a experiencia.
👑 Coñecemos a historia de Wangari Maathai e a súa loita por transformar o seu entorno.
🎲 Xogamos cun Kalaha xigante, un xogo tradicional africano adaptado por Coeducontando, no que as sementes pasan de man en man lembrándonos a importancia de compartir, colaborar e pensar en colectivo.
♻️ E construímos o noso propio taboleiro con materiais reciclados para seguir xogando e aprendendo tamén na casa.
Porque detrás dunha simple partida hai moito máis:
💜 referentes femininos
💜 corresponsabilidade
💜 coidado das persoas e do entorno
💜 traballo en equipo
💜 o poder da unión
E porque ás veces os mellores aprendizaxes nacen das cousas máis sinxelas.
📍 Grazas á ANPA A Nosa Escola e ao CEIP de Sigüeiro por abrirnos as portas para compartir esta experiencia.
👉 Se queres levar As Raíñas do Xogo ao teu centro, ANPA ou concello, escríbenos e contámosche máis.
31/05/2026
🎲 xogos exclusivos Coeducontando
Hai xogos que nos permiten descubrir historias, cuestionar estereotipos e abrir novas maneiras de mirar o mundo 💜
Estes días, estivemos compartindo no CEIP Xosé Manuel Folla Respino unha das nosas propostas de xogos xigantes de igualdade, na que o alumnado puido xogar con dous materiais moi especiais creados por Coeducontando.
🪵 O noso Jenga xigante de referentes femininos
Cada peza agocha a historia dunha muller real que destacou no deporte, na ciencia, na arte, no activismo ou na innovación.
Mentres intentamos que a torre non caia... descubrimos mulleres extraordinarias do pasado e do presente.
🔍 O noso Lince xigante da igualdade
Un reto visual no que hai que atopar imaxes que rompen cos estereotipos de xénero: nenas aventureiras, nenos que coidan, mulleres en profesións tradicionalmente masculinizadas, homes realizando tarefas de coidado... e algunha que outra sorpresa divertida polo camiño.
Porque ás veces un xogo pode ser moito máis que un xogo.
Pode converterse nunha experiencia que fai pensar, rir, participar e aprender ao mesmo tempo.
📍 Actividade dispoñible para centros educativos, ANPAS e concellos de toda Galicia e provincia de Zamora.
👉 Se queredes máis información, escribídenos por DM ou a [email protected]
30/05/2026
🚀✨ Nova actividade educativa: Exploradoras do Espazo
E se para aprender sobre o Universo fixeranos falta algo máis que un telescopio?
Historias, xogos, música, retos e moita imaxinación acompañan esta nova proposta educativa na que viaxamos polo espazo da man de tres mulleres fascinantes que contribuíron a ampliar o noso coñecemento do cosmos.
🌟 Sara García
🌟 Hipatia de Alexandría
🌟 Henrietta Swan Leavitt
Pero Exploradoras do Espazo non é unha charla nin unha lección de ciencias.
É unha experiencia participativa na que o alumnado investiga, xoga, se sorprende, reflexiona e descobre referentes femininos que non aparecen nos libros de texto.
Porque aprender tamén pode ser unha aventura.
📍 Esta semana tivemos a sorte de compartila co alumnado do CEIP Xosé Manuel Folla Respino de Vilamartín de Valdeorras. Grazas por acompañarnos nesta viaxe intergaláctica 💜
🚀 Actividade dispoñible para centros educativos, concellos e outras entidades.
👉 Se queres máis información, escríbenos por DM ou a [email protected]
20/05/2026
🎭✨ Presentamos un anaquiño do noso universo de personaxes educativas
Non son xoguetes… son historias, contos e experiencias que cobran vida para aprender xogando 😏💜
🧙♀️ A Bruxa Ortiga
Unha bruxa con moita perspectiva, un pouco toxo e melena clorofila 🌿
Que sempre deixa preguntas interesantes no aire…
👑🎲 As Raíñas do xogo con
Unha proposta para xogar, cooperar e descubrir referentes femininos que cambiaron o mundo mentres nos divertimos
🧳📚 Ágatha e as caixas do saber
Viaxes no tempo, caixas misteriosas e mulleres referentes que nos axudan a reconstruír historias esquecidas
✨ Todas elas forman parte das nosas personaxes educativas dentro das actividades de Coeducontando: contacontos, xogos, dinámicas participativas e espectáculos educativos para traballar igualdade, referentes femininos e creatividade desde o humor e a experiencia.
⏳ E moi importante… o curso está chegando ao final e as datas voan!
Se queredes levar algunha destas actividades (ou outras propostas de Coeducontando) ao voso centro ou ANPA, este é o momento de reservar 💜
👉 Escríbenos por DM ou a [email protected]
15/05/2026
O final de curso está á volta da esquina… e as datas voan! 👀
Contacontos, música, teatro, maxia, xogos participativos, actividades creativas…
En Coeducontando temos propostas para diferentes idades, espazos e celebracións de fin de curso 💜
✨ Actividades para centros educativos e ANPAS
✨ Espectáculos participativos e dinámicos
✨ Propostas adaptadas a cada espazo
🎭 Sole Felloza · Caxoto · Inma Soto · Jane Liz · Uxía Morán
🎶 Carmen Penim · Pakolas · Paco Nogueiras
✨ Maxia na Manga
🎨 Puntos, cores e melodías
📚 E moitas actividades máis!
📍 Traballamos en Galicia e zonas próximas
⚠️ As últimas datas dispoñibles para xuño xa están en marcha.
👉 Se queredes reservar unha actividade para o voso centro, escribídenos por DM ou a [email protected]
10/05/2026
Un pequeno resumo dalgunhas das actividades que fomos compartindo nos centros nos últimos tempos 💜
Contacontos, música, teatro, participación, creatividade… e sempre sempre en igualdade.
Propostas diferentes para seguir enchendo os espazos educativos de historias e experiencias compartidas con perspectiva de xénero.
E agora que o final de curso xa está preto… 👀
👉 Aínda temos algunhas datas dispoñibles para actividades de fin de curso en centros e ANPAS.
Se queredes pechar algunha proposta antes de que se complete a axenda, escribídenos.
.de.paradela
Anpa de Paradela. Anpa Amaro Refojo. Anpa Castrelo do Val.
ActividadesEducativas Contacontos
Música Teatro
19/04/2026
🎲 Hai tempo que non pasaba por aquí a recomendar un xogo de mesa…
Esta fin de semana por fin estreamos un que levaba tempo na casa esperando o seu momento: Sagrada
E foi todo un acerto ✨
Un xogo visualmente precioso, tipo puzle, no que tes que ir colocando dados de cores para construír a túa vidreira… pero non é tan sinxelo como parece 😏
Hai que pensar, probar estratexias e… romper un pouco o coco!
Perfecto para xogar en familia, a partir de 10 anos, e deses que fan que o tempo pase voando sen pantallas polo medio 💜
Nós xa estamos desexando repetir!
E vós, sodes máis de xogos de mesa ou aínda estades por descubrir ese momento de parar e xogar xuntas?
25/03/2026
🎭 Obra de teatro participativa para público familiar
¿Estáis programando actividades culturales en vuestro ayuntamiento?
Os presentamos ¿Ser feminista?, una propuesta escénica dinámica que combina teatro, música y participación para público a partir de 6 años.
Dos amigas se reencuentran después del verano…
Y una conversación inesperada lo cambia todo.
A partir de ahí, la historia avanza entre humor, música y situaciones cotidianas que conectan fácilmente con el público joven y familiar.
✨ Espectáculo cercano, ágil y participativo
✨ Adaptado a diferentes espacios municipales
✨ Pensado para generar reflexión desde la experiencia
Y al final…
🎉 El Gran Prix de la Igualdad
Un gran juego participativo donde el público anima a su pueblo y forma parte activa del espectáculo.
Una propuesta cultural completa que combina escena y juego para crear una experiencia compartida y memorable.
📍 Disponible en Galicia y provincia de Zamora.
👉 Si queréis llevarla a vuestro municipio, escribidnos por DM o a [email protected]
y os contamos todos los detalles 💜