13/02/2026
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipvistahermosa/node/1464
Pese que o mal tempo non cesa o CEIP Vistahermosa non podía quedar sen o seu pequeno desfile.
As nenas e nenos levan días traballando nos seus disfraces e actuacións, e hoxe, finalmente, puideron lucirse e desfrutar coas súas familias.
Moitas grazas a todos pola vosa colaboración
29/01/2026
Os martes do mes de febreiro, en horario de 16:00 a 17:00, as portas estarán abertas para as novas familias que queiran coñecer o noso centro.
Agradecemos a comunicación previa da visita a través do telf. 988783650 ou do correo [email protected]
Se o horario proposto non encaixa tamén podedes contactar para acordar unha cita.
Agardámosvos!!
29/11/2025
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipvistahermosa/node/1433
Hoxe celebrouse a final comarcal de cros no complexo deportivo de Monterrei. O noso cole participou co equipo benxamín feminino e cun individual tanto no infantil feminino como no masculino.
Todas e todos os nosos deportistas fixeron carreiras boísimas, mellorando os tempos da fase previa e mostrando, coma sempre, actitudes xeniais cara a práctica deportiva.
NORABOA EQUIPO!!!!
Visitade a web para ver máis.
24/11/2025
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipvistahermosa/node/1430
O pasado mércores e xoves parte do alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º participou na fase previa de cros escolar para as categorías benxamín, alevín e infantil (programa xogade, Xunta de Galicia)
800m. aprox percorreron os máis pequenos, 1.200 os medianos e 1.800 os maiores.
Moi orgullosos e orgullosas do traballo feito. Boas actitudes, esforzo o máximo e compañerismo. Todos e todas os corredores do cole sentiron os ánimos (berros e aplausos) dos seus compañeiros, dándolle unha dose de enerxía para facelo todavía mellor.
Xornada de dez.
Para ver máis visita a nosa web.
12/11/2025
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipvistahermosa/node/1427
O luns festexamos o magosto no cole. Unha xornada chea de xogos populares, castañas e boliños.
Como todos os anos realizouse un circuito de 9 xogos populares polo que foron pasando todos os equipos.
Cada equipo estaba formado por alumnado de tódolos cursos, os máis maiores tiveron que colaborar e responsabilizarse mentres que os máis pequenos coñeceron a novos compañeiros e compañeiras desfrutando dos xogos.
Ao rematar o circuito todos degustamos o menú típico desta festa: boliño preñado e castañas.
Para ver máis imaxes visitade a nosa web.
10/11/2025
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipvistahermosa/node/1426
Foron moitos alumnos e alumnas do cole os que onte participaron na XLVIII CARREIRA PEDESTRE POPULAR DO SAN MARTIÑO.
Hoxe procedemos a entrega de medallas.
NORABOA A TODAS E TODOS!!
Visita a nosa web para ver as imaxes.
03/11/2025
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipvistahermosa/node/1424
Samaín intenso no cole:
- Exposición de manualidades con material de refugallo e lema en galego.
- Elaboración de relatos e debuxos para o caderno da ANPA
- Obradoiro de pintauñas horripilantes, tatuaxes monstruosas, maquillaxe espeluznante e manualidades terroríficas.
- Desfile e baile para lucir os traxes e disfraces.
Moitas grazas a todas e todos pola colaboración
Para ver máis imaxes visitade a nosa web.
10/10/2025
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipvistahermosa/node/1421
O alumnado de 5º de Primaria estivo traballando a célula de maneira interdisciplinar en Ciencias da Natureza e Plástica. Os resultados foron sorprendentes.
09/10/2025
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipvistahermosa/node/1420
30/09/2025
Xornada de OUFF Escola
A Concellería de Cultura de Ourense invitounos á proxección de "A luz de Aisha", unha cinta dirixida ao alumnado de 3º e 4º.
A protagonista vive na Al Andalus do Século XI e soña con crear os fogos de artificio máis vistosos.
A ciencia é luz!
Despois da proxección escribimos un resumo, unha opinión persoal e fixemos un debuxo.
Para ver máis imaxes visita a web do centro.
02/10/2025
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipvistahermosa/node/1418
Collage de Colibrí coa Cortadora Láser
O PDI deste curso vainos permitir achegarnos ao reino animal.
Comezamos a investigar sobre animais que se desprazan polo aire. Unha das aves que nos resultou máis fascinantes foi o colibrí, pequeno e rápido, que pode voar en todas as direccións.
Cormezamos cortando as pezas coa cortadora láser.
A cativada de 2° elaborou cadanseu cadro coas pezas de fieltro, ás que engadiron flores de cores e follas verdes.
25/09/2025
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipvistahermosa/node/1415
O venres recibimos a visita dunha adestradora e un adestrador do Clube EDO Blanco Amor que nos presentaron a actividade extraescolar de baloncesto que ofertan no cole os xoves de 16:00 a 17:00.
O alumnado dende 6º de EI ata 6º de Primaria desfrutaron con divertidos xogos que os achegan cara esta disciplina deportiva.
Moitas grazas Lucía e Hugo!!
Visitade a nosa web para ver máis imaxes.