28/08/2026
A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, a través da Secretaría Xeral da Lingua, e coa colaboración do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Oleiros, vai realizar no mes de outubro un curso presencial de 20 horas de duración, dirixido a persoas adultas interesadas na aprendizaxe da lingua e a cultura galegas nun nivel inicial.
Non se requiren coñecementos previos de galego, xa que as clases estarán adaptadas a diferentes niveis.
As persoas interesadas en inscribirse poderán facelo a partir do 14 de setembro, na Fábrica, no Servizo de Normalización Lingüística.