Asemblea Estudantil do María Casares

Asemblea Estudantil do María Casares Organización do alumnado do IES María Casares que loita por un ensino público, laico e de calida

15/02/2017

Rematado o noso proceso de aliación só podemos dicir que estamos moi ledos de poder contar cos novos membros que ademais veñen con moitas ganas e ideas.

12/06/2016

Mañá pechamos ás 12:10 o curso coa última xuntanza e co debate, longo e fondo, sobre a restruturación interna da Asemblea.

Seguimos traballando na construción dun Movemento Estudantil de Ensino Medio organizado e forte. Adiante!

Mañá, ás doce da mañá, sae da Praza Constitución de Lugo unha marcha cargada de dignidade. O pobo volve á rúa para recla...
27/05/2016

Mañá, ás doce da mañá, sae da Praza Constitución de Lugo unha marcha cargada de dignidade.

O pobo volve á rúa para reclamar o que é seu, os seus dereitos e liberdades básicos, á vez que amosa unha vez máis que o camiño do neoliberalismo non é o que el quere, optando por un cambio constituído desde a Unidade Popular, por e para o pobo.

Coma estudantes, temos claro que as nosas reivindicacións tamén teñen cabida nos espazos de Unidade Popular, pois o movemento estudantil é un dos piares sobre os que se debe de sustentar esa Unidade, tendo que ser as estudantes suxeitos activos da contrución.

Por isto, a Asemblea do María Casares apoia a manifestación convocada polas Marchas da Dignidade para o día de mañá en Lugo, así como noutras moitas vilas do resto do Estado Español, pois somos conscientes de que os nosos dereitos acádanse mediante a loita.

Mañá, , o pobo volve á rúa para esixir pan, traballo e teito, pelexar polos seus dereitos e demostrar de novo que, por moito que nos ataquen, non poderán coa nosa dignidade!

18/05/2016

No día de hoxe, a comisión de alumnas encargada de negociar coa xerencia de bibliotecas puxo sobre a mesa a situación dos espazos de estudo da USC en horario extraordinario. Expuxeron que o tempo que a biblioteca Concepción Arenal permanece aberta é insuficiente tendo en conta as pésimas condicións da sala de estudo de Dereito, única que permanece aberta as 24 horas do día.

Ante a insistencia desta comisión, sumada ás accións reivindicativas levadas a cabo polo alumnado pechándose a meirande parte das noites na Biblioteca Concepción Arenal dende o día 3 de Maio, a reitoría cedeu.

A xerencia de bibliotecas aceptou algunhas das propostas do alumnado que se farán efectivas dende hoxe como abrir a Biblioteca Concepción Arenal até as 5 AM e, tamén, mellorar as condicións estruturais da Sala de lectura da Facultade de Dereito para o curso 2016-2017. Trátase, pois, dun comezo cara a solventar as problemáticas entorno a situación das bibliotecas.

Un novo éxito para o estudantado, un novo éxito para a loita estudantil!

Onte foi un bo día para o movemento estudantil! A CUE saíu das eleccións ao claustro da USC do 4 de maio como maior forz...
05/05/2016

Onte foi un bo día para o movemento estudantil!

A CUE saíu das eleccións ao claustro da USC do 4 de maio como maior forza das presentadas, e isto soamente pódenos alegrar, pois supón a vitoria da unidade do estudantado, máis aló dos intereses corporativistas e da segregación que estes supoñen.

Esta vitoria tamén é nosa, vosa e de todas, pois somos todas as que constituímos o movemento estudantil e, neste pasado 4 de maio, o gañador é el.

Viva o movemento estudantil!

Hoxe a unidade estudantil volveu facer historia na Universidad de Santiago de Compostela. Nas eleccións para escoller representantes estudantís no Claustro a Candidatura Unitaria Estudantil acadou 29 claustrais constiutíndose, con moita diferencia, como a forza estudantil organizada máis potente deste órgano da Universidade.

Nestas eleccións participaron 2192 estudantes o que supón un 11,5% das estudantes censadas. Dende a CUE, consideramos moi negativo este dato e non dubidamos en achacalo á política seguida dende a Reitoría e encamiñada en todo momento a invisibilizar esta cita electoral.

En calquera caso, hoxe queda claro que o camiño da unidade, do traballo común é o camiño a seguir. Isto non remata aquí nin moito menos. A loita por unha USC máis digna e polos dereitos do estudantado continúa e alí sabedes que sempre poderedes contar coas compañeiras e compañeiros que fixeron parte e apoiaron esta candidatura.

Viva o movemento estudantil!
Seguimos!

Para as que queredes comprobar os resultados da vosa facultade: http://aplicacions.usc.es/eleccions/verEscrutiniosPublicados.htm?tListaxe=CSV_E

25/04/2016

Mañá ás tres voltamos á Facultade de Ciencias da Comunicación e Socioloxía para facer unha análise do proceso da folga do 13A. Uni, FP, Bach e ESO, imos todas!

18/04/2016

O movemento estudantil non para tras o 13A. Queda moi pouco curso, e temos que dar o resto! Mañá, ás 12:10 (2° recreo) no salón de actos, reunímonos de novo. Vide e unídevos á loita!

14/04/2016
O coordinador da Asemblea discutindo co grupo de comunicación desta polas redes sociais. Disidentes na Asemblea? Fracció...
13/04/2016

O coordinador da Asemblea discutindo co grupo de comunicación desta polas redes sociais. Disidentes na Asemblea? Fraccións?

Foto dalgunhas das estudantes de Ensinanzas Medias que hoxe acudimos á manifestación da Coruña. En canto a EM, podemos a...
13/04/2016

Foto dalgunhas das estudantes de Ensinanzas Medias que hoxe acudimos á manifestación da Coruña.

En canto a EM, podemos afirmar que a folga foi un ABSOLUTO ÉXITO, pois nunca as Ensinzas Medias organizáranse desta forma e conseguiran tal nivel de asistencia. Xente das asembleas, amigas, coñecidas e independentes: todas xuntas contribuímos a que as nosas reclamas foran ben escoitadas polas rúas da Coruña e por aquelas que pretenden facer da nosa educación a mina idónea da que extraer fondos cos que financiar ao sector privado, en detrimento da nosa formación.

Queremos que a nosa educación dependa de nós, ter a chave do noso futuro e que este non dependa das nosas condicións económicas.

Por isto, hoxe saímos a deixar claro que seguimos esixindo o que é noso: unha educación pública digna, gratuita e de calidade.

Viva o movemento estudantil!

13/04/2016

Dirección

Oleiros

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Asemblea Estudantil do María Casares publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría