Fundación Juana de Vega

Fundación Juana de Vega Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de Fundación Juana de Vega, Avenida Salvador Allende, 92, Oleiros.

Promover o coñecemento, conservación e desenvolvemento do medio rural de Galicia, con especial dedicación á formación da poboación activa, á preservación do ámbito natural e humano e á mellora da base económica e das actividades con ela relacionadas.

📲📣 Xa podes consultar o último boletín do proxecto europeo 𝗗𝗢𝗪𝗡 𝗧𝗢 𝗘𝗔𝗥𝗧𝗛, do que é socia a Fundación Juana de Vega ⤵️htt...
31/08/2026

📲📣 Xa podes consultar o último boletín do proxecto europeo 𝗗𝗢𝗪𝗡 𝗧𝗢 𝗘𝗔𝗥𝗧𝗛, do que é socia a Fundación Juana de Vega ⤵️
https://mailchi.mp/institute-urbanex/down-to-earth-semester7-es

Neste sétimo número recóllese o evento de difusión celebrado a principios de xullo para compartir as principais leccións aprendidas durante os tres anos de implementación de DOWN TO EARTH en . A xornada marcou tamén o lanzamento de 𝗘𝗜𝗥𝗔 (𝗘𝘀𝗽𝗮𝘇𝗼 𝗱𝗲 𝗜𝗻𝗻𝗼𝘃𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝗥𝘂𝗿𝗮𝗹 𝗔𝗽𝗹𝗶𝗰𝗮𝗱𝗮), unha iniciativa colaborativa baseada nos intercambios e nos resultados de investigación do proxecto.

Entre as boas prácticas das rexións socias destacan dúas iniciativas galegas: a Plataforma Territorio Intelixente de Galicia e o proxecto Caprifcc: Comunidades activas e paisaxes resilientes aos incendios forestais, liderado pola Fundación Juana de Vega.

No apartado de eventos tamén se recolle o encontro cos stakeholders galegos celebrado o pasado 20 de maio. Estas reunións periódicas con persoas expertas locais, autoridades e profesionais do sector ofrecen valiosas perspectivas baseadas no coñecemento local sobre como cada rexión aborda a mitigación do cambio climático, afronta os retos do despoboamento e converte os obxectivos xerais das políticas públicas en accións concretas.

📲 Nesta ligazón podes acceder ao boletín completo e consultar tamén o terceiro «Informe temático conxunto: Boas prácticas para fomentar o papel dos agricultores e xestores de terras na loita contra o cambio climático» ⤵️
https://mailchi.mp/institute-urbanex/down-to-earth-semester7-es

🔜🫒 O 𝐩𝐫𝐨́𝐱𝐢𝐦𝐨 𝐱𝐨𝐯𝐞𝐬, 𝟏𝟎 𝐝𝐞 𝐬𝐞𝐭𝐞𝐦𝐛𝐫𝐨, a Fundación Juana de Vega  acollerá na súa sede en   a xornada final do Grupo Opera...
27/08/2026

🔜🫒 O 𝐩𝐫𝐨́𝐱𝐢𝐦𝐨 𝐱𝐨𝐯𝐞𝐬, 𝟏𝟎 𝐝𝐞 𝐬𝐞𝐭𝐞𝐦𝐛𝐫𝐨, a Fundación Juana de Vega acollerá na súa sede en a xornada final do Grupo Operativo . Neste encontro co sector presentaranse os principais resultados do traballo desenvolvido entre 2023 e 2026 para avanzar na multiplicación a grande escala de once variedades autóctonas de oliveira recuperadas en distintos puntos de Galicia: Brava Gallega, Brétema, Carapucho, Carmeliña, Folgueira, Hedreira, Mansa Gallega, Maruxiña, Susiña, Xoana e Santiagueira.

📲 A asistencia é libren previa inscrición no formulario habilitado na web www.juanadevega.org (sección Xornadas e cursos) e ata completar o aforo das 50 prazas dispoñibles ⤵️
https://juanadevega.org/xornadas_e_cursos/go-oliveiras-de-galicia-xornada-final-de-transferencia-ao-sector/

Durante a xornada daranse a coñecer os avances obtidos mediante dúas vías complementarias, a reprodución por estaca clásica e a micropropagación in vitro. Tamén se fará balance do camiño percorrido desde a recuperación e identificación das primeiras variedades e abordaranse os próximos pasos para o desenvolvemento da olivicultura galega.

O programa completarase coa plantación dun exemplar da variedade Xoana, denominada así en homenaxe a Juana de Vega, e unha cata comentada de aceites galegos dirixida polo IES O Ribeiro (Ourense).

·
·
·
ℹ️ O consorcio do está integrado pola Fundación Juana de Vega (líder) e participado pola Misión Biolóxica de Galicia - CSIC Galicia, o laboratorio de biotecnoloxía Cultigar, as empresas aceiteiras Ouro de Quiroga (Quiroga, Lugo) e Olivar de la Concordia (Valga, Pontevedra), a Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL) en calidade de socio cooperante. (socio cooperante).

🏆 𝗡𝗼𝗿𝗮𝗯𝗼𝗮 𝗮 𝘁𝗿𝗲𝘀 𝗽𝗿𝗼𝘅𝗲𝗰𝘁𝗼𝘀 𝗰𝗼𝘀 𝗾𝘂𝗲 𝗰𝗼𝗺𝗽𝗮𝗿𝘁𝗶𝗺𝗼𝘀 𝗰𝗮𝗺𝗶ñ𝗼Na XII edición dos Premios Galicia Alimentación, tres iniciativas c...
19/08/2026

🏆 𝗡𝗼𝗿𝗮𝗯𝗼𝗮 𝗮 𝘁𝗿𝗲𝘀 𝗽𝗿𝗼𝘅𝗲𝗰𝘁𝗼𝘀 𝗰𝗼𝘀 𝗾𝘂𝗲 𝗰𝗼𝗺𝗽𝗮𝗿𝘁𝗶𝗺𝗼𝘀 𝗰𝗮𝗺𝗶ñ𝗼

Na XII edición dos Premios Galicia Alimentación, tres iniciativas coas que traballamos nos últimos meses recibiron o recoñecemento ao Produto Excelente: Sacrapastas, beneficiaria do Programa de Apoio a Empresas Agroalimentarias 2025, e Ouro de Quiroga e PACO & LOLA, cos que compartimos consorcio nos proxectos e Soil&WineResidues, respectivamente.

Estes galardóns poñen en valor a innovación, a competitividade, a sostibilidade e a excelencia das empresas alimentarias galegas. Desde a Fundación Juana de Vega, como membro de Clusaga, participamos tamén no xurado dos premios e na Comisión de Sostibilidade e Economía Circular.

Parabéns a todas as entidades distinguidas! 👏

☀️ O verán marca o ecuador do 𝗣𝗿𝗼𝗴𝗿𝗮𝗺𝗮 𝗱𝗲 𝗔𝗽𝗼𝗶𝗼 𝗮 𝗘𝗺𝗽𝗿𝗲𝘀𝗮𝘀 𝗔𝗴𝗿𝗼𝗮𝗹𝗶𝗺𝗲𝗻𝘁𝗮𝗿𝗶𝗮𝘀 da Fundación Juana de Vega. Unha pequena pau...
12/08/2026

☀️ O verán marca o ecuador do 𝗣𝗿𝗼𝗴𝗿𝗮𝗺𝗮 𝗱𝗲 𝗔𝗽𝗼𝗶𝗼 𝗮 𝗘𝗺𝗽𝗿𝗲𝘀𝗮𝘀 𝗔𝗴𝗿𝗼𝗮𝗹𝗶𝗺𝗲𝗻𝘁𝗮𝗿𝗶𝗮𝘀 da Fundación Juana de Vega.

Unha pequena pausa para facer balance e revisar o camiño percorrido e, sobre todo, para poñer o foco nos próximos fitos de cara á segunda metade do programa. Entre eles, a preparación do Demoday 2026, que poñerá o broche a esta edición.

Bo descanso e ata setembro!

ℹ️ Aquí podes ver máis información sobre os 12 beneficiarios do XIV Programa de Apoio ⤵️
https://juanadevega.org/conece-aos-beneficiarios-do-xiv-programa-de-apoio-a-empresas-agroalimentarias/

𝐄𝐌𝐏𝐑𝐄𝐍𝐃𝐄𝐌𝐄𝐍𝐓𝐎
▪️ Marmeladas A Morena (Sargadelos, Cervo, Lugo) | Cristina Rodríguez Eijo
▪️ Produtos naturais funcionais Ruda (Nigrán, Pontevedra) | Marta Celada Cividanes
▪️ Lácteos Ameixenda (Ames, A Coruña) | Alejandro Moure Abelenda
▪️ Solucións biotecnolóxicas Ruralbiosystems (Tomiño, Pontevedra) | Sandra Victoria Rojas Nossa
▪️ Transformación de castaña (A Veiga, Ourense) | Javier García Blanco
▪️ Transformación de lácteos con valor engadido (Arzúa, A Coruña) | Sandra Mella Ríos

𝗖𝗥𝗘𝗖𝗘𝗠𝗘𝗡𝗧𝗢 𝗘 𝗖𝗢𝗡𝗦𝗢𝗟𝗜𝗗𝗔𝗖𝗜𝗢́𝗡
▪️ Mixtura Parajes SL (A Coruña, A Coruña) | Gutier Seijo Otero
▪️ Borboriño Xeados (Sobrado dos Monxes, A Coruña) | Casa Castro SC
▪️ Granxa rexenerativa O Bico do Río | (Vilalba, Lugo) | Cian Francis Brazil
▪️ Oliva Souto Capón de Vilalba (Vilalba, Lugo) | Laura Cortiñas
▪️ Palmira Licor Café (Ourense, Ourense) | Berta Fontán Freijeiro
▪️ Ocoval Chocolate (Pontedeume, A Coruña) | Tomás Rodríguez Díaz

🌰 𝗣𝗿𝗲𝘁𝗼 𝗱𝗲 𝟲𝟬 𝗽𝗲𝗿𝘀𝗼𝗮𝘀 𝗽𝗮𝗿𝘁𝗶𝗰𝗶𝗽𝗮𝗻 𝗻𝗼 𝗰𝗶𝗰𝗹𝗼 𝗱𝗲 𝘅𝗼𝗿𝗻𝗮𝗱𝗮𝘀 𝗱𝗼 𝗽𝗿𝗼𝘅𝗲𝗰𝘁𝗼 𝗦𝗼𝘂𝘁𝗼𝗟𝗔𝗕Durante o mes de xullo, SoutoLAB reuniu no Bar...
07/08/2026

🌰 𝗣𝗿𝗲𝘁𝗼 𝗱𝗲 𝟲𝟬 𝗽𝗲𝗿𝘀𝗼𝗮𝘀 𝗽𝗮𝗿𝘁𝗶𝗰𝗶𝗽𝗮𝗻 𝗻𝗼 𝗰𝗶𝗰𝗹𝗼 𝗱𝗲 𝘅𝗼𝗿𝗻𝗮𝗱𝗮𝘀 𝗱𝗼 𝗽𝗿𝗼𝘅𝗲𝗰𝘁𝗼 𝗦𝗼𝘂𝘁𝗼𝗟𝗔𝗕

Durante o mes de xullo, SoutoLAB reuniu no Barco de Valdeorras e na Pobra de Trives a propietarios e xestores de soutos, persoal técnico, administracións, asociacións e especialistas para compartir coñecementos e experiencias arredor da cultura da castaña.

Ao longo de tres sesións abordáronse a xestión sostible dos soutos, a súa multifuncionalidade, o patrimonio cultural e as oportunidades que ofrecen para impulsar o desenvolvemento rural, ofrecendo unha visión integral dos soutos desde as súas dimensións produtiva, ambiental e cultural.

Con estas actividades pechamos o primeiro ano de SoutoLAB, no que se consolidou unha rede de colaboración territorial para poñer en valor os soutos tradicionais.

Grazas a todas as persoas asistentes e entidades colaboradoras pola vosa implicación e compromiso!

📲 Le a nova completa na nosa web ⤵️
https://juanadevega.org/soutolab-reune-preto-de-60-participantes-para-impulsar-a-xestion-sostible-e-a-valorizacion-dos-soutos-tradicionais-en-valdeorras-e-terra-de-trives/
ℹ️ é un laboratorio rural para revitalizar a cultura da castaña nas comarcas de Valdeorras e Terra de Trives. O proxecto está impulsado pola Fundación Juana de Vega xunto co Concello do Barco de Valdeorras / Ayuntamiento de O Barco de Valdeorras, Concello da Pobra de Trives, Concello de Manzaneda e Concello de San Xoán de Río, co apoio da Fundación "la Caixa" e a Deputación de Ourense.

🐑 𝗥𝗲𝗯𝗮ñ𝗼𝘀 𝗱𝗲 𝗖𝘂𝘀𝘁𝗼𝗱𝗶𝗮 𝗶𝗻𝗶𝗰𝗶𝗮 𝗮 𝘀ú𝗮 𝗮𝗰𝘁𝗶𝘃𝗶𝗱𝗮𝗱𝗲 𝗻𝗼 𝗖𝗼𝘂𝗿𝗲𝗹O proxecto Rebaños de Custodia deu comezo á súa actividade cunha ...
29/07/2026

🐑 𝗥𝗲𝗯𝗮ñ𝗼𝘀 𝗱𝗲 𝗖𝘂𝘀𝘁𝗼𝗱𝗶𝗮 𝗶𝗻𝗶𝗰𝗶𝗮 𝗮 𝘀ú𝗮 𝗮𝗰𝘁𝗶𝘃𝗶𝗱𝗮𝗱𝗲 𝗻𝗼 𝗖𝗼𝘂𝗿𝗲𝗹

O proxecto Rebaños de Custodia deu comezo á súa actividade cunha primeira visita de campo no Courel, unha das tres zonas piloto nas que se desenvolverá esta iniciativa durante os próximos tres anos, xunto co Macizo do Garraf (Barcelona) e a Serra do Montsec (Lleida).

O obxectivo deste Grupo Operativo Supraautonómico é contribuír a facer máis viable a gandería extensiva e poñer en valor o seu papel na prevención dos incendios, na conservación da biodiversidade e no desenvolvemento rural. Para iso, traballaremos da man de gandeiros, comunidades de montes e axentes locais para impulsar un pastoreo adaptado ás necesidades de cada zona e recoñecer os servizos ecosistémicos que a gandería extensiva achega ao conxunto da sociedade.

📲 Le a nova completa na nosa web ⤵️
https://juanadevega.org/o-proxecto-rebanos-de-custodia-impulsa-no-courel-un-pastoreo-estratexico-para-previr-incendios-e-conservar-a-biodiversidade/
ℹ️ O Grupo Operativo está liderado pola Fundación Juana de Vega, xunto coa Pau Costa Foundation e Ovica Criadores De Ovino E Caprino. Está financiado mediante as axudas para proxectos de innovación de interese xeral por grupos operativos da AEI-Agri, no marco do Plan Estratéxico da Política Agraria Común (PEPAC) 2023-2027, cofinanciadas nun 80% polo e nun 20% polo Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación de España.

💙 𝗕𝗼 𝗗𝗶́𝗮 𝗱𝗲 𝗚𝗮𝗹𝗶𝗰𝗶𝗮! Desde hai 154 anos, na Fundación Juana de Vega traballamos polo futuro de   e por un rural vivo, d...
25/07/2026

💙 𝗕𝗼 𝗗𝗶́𝗮 𝗱𝗲 𝗚𝗮𝗹𝗶𝗰𝗶𝗮! Desde hai 154 anos, na Fundación Juana de Vega traballamos polo futuro de e por un rural vivo, dinámico e resiliente.

Este compromiso reforzámolo este ano coa organización do Foro Territorio Rural Resiliente e co impulso da 𝗔𝗹𝗶𝗮𝗻𝘇𝗮 𝗽𝗮𝗿𝗮 𝘂𝗻 𝗧𝗲𝗿𝗿𝗶𝘁𝗼𝗿𝗶𝗼 𝗥𝘂𝗿𝗮𝗹 𝗥𝗲𝘀𝗶𝗹𝗶𝗲𝗻𝘁𝗲, nacida dun proceso de reflexión e acción colectiva no que participaron máis de 200 persoas e entidades da 𝘀𝗼𝗰𝗶𝗲𝗱𝗮𝗱𝗲 𝗰𝗶𝘃𝗶𝗹 𝗴𝗮𝗹𝗲𝗴𝗮.

A Alianza conta xa con máis de 🤝 160 adhesións e segue aberta a todas aquelas persoas e entidades que queiran sumar esforzos para aplicar respostas reais e compartidas aos retos do territorio rural.

ℹ️ Nesta web tes máis información sobre a Alianza e o formulario de adhesión ⤵️ https://foroterritoriorural.gal/alianza

🌿 Onte presentamos o proxecto Saberes do Monte na sede da Vicepresidencia. Deputación de Lugo, unha xornada na que parti...
23/07/2026

🌿 Onte presentamos o proxecto Saberes do Monte na sede da Vicepresidencia. Deputación de Lugo, unha xornada na que participaron cerca de 70 persoas para compartir coñecemento, experiencias e unha visión común sobre a importancia de conservar a biodiversidade e apoiar as persoas que contribúen a manter o monte.

Grazas ao equipo de traballo, ás institucións colaboradoras e, moi especialmente, ás persoas do territorio que compartistes con nós esta primeira xornada. O voso compromiso e implicación son a mellor base para seguir construíndo un monte vivo.

🌰 Xornadas formativas do proxecto 𝗦𝗼𝘂𝘁𝗼𝗟𝗔𝗕Esta tarde, O Barco de Valdeorras acolle a xornada técnica "Xestión produtiva ...
23/07/2026

🌰 Xornadas formativas do proxecto 𝗦𝗼𝘂𝘁𝗼𝗟𝗔𝗕

Esta tarde, O Barco de Valdeorras acolle a xornada técnica "Xestión produtiva dos soutos: multifuncionalidade, resiliencia e oportunidades", na que se achegarán experiencias de xestión conxunta e se abordarán os aproveitamentos complementarios dos soutos.

E mañá, A Pobra de Trives será o escenario da xornada "Patrimonio cultural da castaña: memoria e paisaxe", que combinará relatorios e unha visita interpretativa aos sequeiros de Pena Folenche.

Dúas citas para descubrir, compartir e poñer en valor a cultura da castaña e dos soutos.

✔️ A asistencia é libre ata completar aforo.

𝗙𝗼𝗿𝗺𝘂𝗹𝗮𝗿𝗶𝗼 𝗱𝗲 𝗶𝗻𝘀𝗰𝗿𝗶𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝗻𝗮 𝗻𝗼𝘀𝗮 𝘄𝗲𝗯 ⤵ ️
https://juanadevega.org/xornadas_e_cursos
ℹ é un laboratorio rural para revitalizar a cultura da castaña nas comarcas de Valdeorras e Terra de Trives. O proxecto está impulsado pola Fundación Juana de Vega xunto co Concello do Barco de Valdeorras / Ayuntamiento de O Barco de Valdeorras, Concello da Pobra de Trives, Concello de Manzaneda e Concello de San Xoán de Río, co apoio da Fundación "la Caixa" e a Deputación de Ourense.

🙋‍♀️ Esta mañá imos presentar oficialmente o proxecto Saberes do Monte, que coordinamos desde a Fundación Juana de Vega,...
22/07/2026

🙋‍♀️ Esta mañá imos presentar oficialmente o proxecto Saberes do Monte, que coordinamos desde a Fundación Juana de Vega, e co que damos continuidade ao traballo noutros proxectos moi importantes para nós como Caprifcc ou RURALtXA.

Moita ilusión e ganas polos dous anos e medio que temos por diante para volver colaborar man a man coas comunidades de montes, empresas e propietarios porque a xestión comunitaria do monte é clave para crear paisaxes e territorios resilientes e vivos.

📲 Seguide a actualidade do proxecto nas súas propias redes sociais: Facebook, Instagram e LinkedIn ‼️

📢 𝗠𝗮ñá 𝗽𝗿𝗲𝘀𝗲𝗻𝘁𝗮𝗺𝗼𝘀 𝗦𝗮𝗯𝗲𝗿𝗲𝘀 𝗱𝗼 𝗠𝗼𝗻𝘁𝗲

Este mércores daremos o pistoletazo de saída a Saberes do Monte cunha xornada que reunirá en Lugo a representantes do equipo de traballo, das entidades que apoian a iniciativa, comunidades de montes e empresas dos territorios participantes.

Ao longo da mañá coñeceremos as claves do proxecto e escoitaremos as voces do territorio nunha mesa redonda con representantes das áreas piloto.

📍 Pazo de San Marcos (Vicepresidencia. Deputación de Lugo)
🗓️ 22 de xullo
🕥 10:30 – 13:30h

✔️ A participación é gratuíta, con inscrición previa ⤵ ️
https://juanadevega.org/xornadas_e_cursos/xornada-de-lanzamento-do-proxecto-saberes-do-monte/
ℹ️ é un proxecto liderado pola Fundación Juana de Vega xunto coa Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade da Coruña e a Asociación Galega de Custodia do Territorio. Financia Fundación Biodiversidad . Tamén colaboran a área de Rural da Vicepresidencia. Deputación de Lugo, Caixa Rural Galega e a Fundación Naiterra.

Dirección

Avenida Salvador Allende, 92
Oleiros
15176

Teléfono

+34981654637

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Fundación Juana de Vega publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir