Colexio Jesuitinas Noia - Maria Assumpta

Colexio Jesuitinas Noia - Maria Assumpta 📍 Noia Centro Plurilingüe
👧🏻 Infantil, primaria, ESO e Ciclos
🖥️ Innovación
💜 Valores

01/09/2026

Comeza o curso 26/27!

Onte o equipo docente do noso colexio reencontrámonos para o primeiro claustro do curso, nunha xornada de formación e ilusión compartida.

Este ano o noso lema é "Máis irmáns" , e quixemos vivilo dende o primeiro día. A través de dinámicas grupais traballamos o seu significado, e repasamos e afianzamos as normas de convivencia que nos definen e nos identifican como centro.

Un día para reencontrarnos, coller forzas e comezar con enerxía este novo curso, coa ilusión de seguir a construír, entre todos e todas, unha comunidade educativa cada vez máis irmá.

¡Xa case estamos listos para recibirvos!

, #

09/07/2026

A mellor forma de rematar un curso é xa pensando en como mellorar o seguinte.

Este ano na nosa formación de final de curso apostamos por afondar na identificación e acompañamento do alumnado con altas capacidades, unha disciplina fundamental para seguir medrando como docentes e para dar resposta á diversidade que atopamos cada día nas nosas aulas.

Porque educar é tamén formarse continuamente: coñecer mellor a cada neno e nena, detectar as súas potencialidades e acompañalos co apoio que precisan para desenvolver todo o seu talento.

Rematamos este curso máis preparados, con novas ferramentas e coa ilusión de poñelas en práctica o vindeiro ano.

Grazas a todo o equipo docente polo compromiso e as ganas de seguir aprendendo!

A nosa biblioteca recibiu novos xogos grazas a subvención do PLAMBE. Con eles o noso alumnado aprenderá xogando 📚✨      ...
07/07/2026

A nosa biblioteca recibiu novos xogos grazas a subvención do PLAMBE. Con eles o noso alumnado aprenderá xogando 📚✨



05/07/2026

Neste terceiro trimestre, os nenos e nenas de 3 anos adentraronse no fascinante mundo das abellas. A través do xogo, a experimentación e moitas actividades, descubrimos a súa importancia para a natureza e aprendemos a coidar e respetar a estes pequenos grandes aliados do planeta.

Foi un proxecto cheo de curiosidade, apredizaxe e momentos moi especiais!  🐝🌸

03/07/2026

Varios alumnos de 4° da ESO fixeron este vídeo para despedir os seus anos do cole.
Moita emoción concentrada en tan poucos segundos!
Boa sorte rapaces, o futuro é voso!
Botarémosvos de menos. 😍🥰

O último día de cole merece un peche á altura, e así foi! O alumnado despediu o curso cunha xornada inesquecible en Cerc...
02/07/2026

O último día de cole merece un peche á altura, e así foi!

O alumnado despediu o curso cunha xornada inesquecible en Cerceda, compartindo risas, xogos, momentos de convivencia e moita diversión. Un día para celebrar todo o vivido ao longo deste curso, fortalecer amizades e gardar recordos que, sen dúbida, permanecerán na memoria.

Agora toca g***r dun merecido descanso. Feliz verán!

01/07/2026

Todos os profes do María Assumpta queremos desexar a toda a comunidade educativa, que teñades un bo verán!

Hoxe queremos felicitar con enorme orgullo ao noso alumnado de ESO que acadou a Matrícula de Honra, un recoñecemento ao ...
30/06/2026

Hoxe queremos felicitar con enorme orgullo ao noso alumnado de ESO que acadou a Matrícula de Honra, un recoñecemento ao seu traballo, compromiso e dedicación ao longo desta etapa. Este logro é o reflexo de moitas horas de esforzo, superación e ganas de aprender.
Parabéns a Carmen e Lucía por este magnífico resultado.
Toda a comunidade educativa acompáñavos nesta celebración e deséxavos que sigades perseguindo os vosos soños coa mesma ilusión e determinación.
Estamos moi orgullosos de vós!

Dirección

Avenida Vizconde De San Alberto 32
Noya
15200

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 17:00
Martes 08:30 - 17:00
Miércoles 09:00 - 17:00
Jueves 09:00 - 17:00
Viernes 09:00 - 17:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Colexio Jesuitinas Noia - Maria Assumpta publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Escuela/facultad

Enviar un mensaje a Colexio Jesuitinas Noia - Maria Assumpta:

Atajos

Compartir

Categoría