Favalmi

Favalmi Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de Favalmi, Educación, Nigrán.

30/07/2026
📢 A túa voz é importante!Desde FAVALMI queremos convidar a toda a comunidade educativa do Val Miñor a participar na Esco...
29/07/2026

📢 A túa voz é importante!

Desde FAVALMI queremos convidar a toda a comunidade educativa do Val Miñor a participar na Escoita comunitaria sobre a alimentación saudable e o benestar da infancia e da adolescencia nos centros educativos.

👨‍👩‍👧‍👦 Se es nai, pai, alumna/o, docente, persoal dun centro educativo, formas parte dunha ANPA ou colaboras coa comunidade educativa... necesitamos coñecer a túa opinión.

💬 Queremos saber:
🥗 Que preocupa ás familias sobre a alimentación da infancia.
🏃 Como podemos promover hábitos de vida máis saudables.
🏫 Que iniciativas xa funcionan nos nosos centros.
💡 Que propostas poden axudarnos a mellorar entre todas e todos.

⏱️ Completar a enquisa leva apenas 10 minutos, pero as túas respostas poden contribuír a impulsar accións e propostas que melloren a realidade dos nosos centros educativos.

👉 Participa aquí:
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfgHxcTGClvVW44CGmS8OdsGekmn8QSsZ5r1aGWiXmtGkUmeA/viewform?hl=es&pli=1

📲 Agradecemos tamén que compartas esta publicación para que chegue ao maior número posible de familias e persoas da comunidade educativa.

Entre todas e todos construímos un Val Miñor máis saudable. 💚

ANPAS EnsinoPúblico Participación ComunidadeEducativa

Concello de Nigrán
Concello de Baiona
Concello de Gondomar - Oficial
Anpa Ceip Fontes Baiña
Anpa Humberto Juanes | Nigrán
ANPA CEP Sabaris
ANPA "LEMBRANZA" CEIP MALLÓN

Anpa Vilariño Carlos Casares
ANPA Pousa de Fontán
Anpa CPI Arquitecto Palacios y EEI As Dunas
Anpa I.E.S Val Miñor
Anpa Miñor

📢 DENDE FAVALMI INFORMAMOS: AXUDAS ESCOLARES EN NIGRÁN 📢​Queridas familias, dende Favalmi queremos axudarvos a que non s...
13/07/2026

📢 DENDE FAVALMI INFORMAMOS: AXUDAS ESCOLARES EN NIGRÁN 📢
​Queridas familias, dende Favalmi queremos axudarvos a que non se vos pase este trámite tan importante para o vindeiro curso 2026-2027.
​O Concello de Nigrán xa publicou a convocatoria de axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar destinada a alumnado de Educación Infantil (2ª etapa) en centros públicos.
​Resumímosvos os puntos clave que tedes que ter en conta:
​💰 Importe: 65 € por cada neno ou nena matriculado/a.
​👥 Requisitos: Estar empadroados e residir efectivamente en Nigrán, cumprir cos baremos económicos establecidos e non recibir outra axuda para o mesmo fin.
​📅 Prazo límite: A documentación xustificativa debe presentarse antes do 30 de novembro de 2026.
​🏢 Onde?: No Rexistro Xeral do Concello de Nigrán ou polos medios oficiais habituais.
​Na imaxe tedes todo ben esquematizado. Para consultar as bases completas e facer a solicitude, podedes entrar na Sede Electrónica do Concello:
​🔗 nigran.sedelectronica.gal (Identificador BDNS: 918047)
​Dende Favalmi seguimos traballando para mantervos ao día! Compartide a información con outras familias para que ninguén quede sen axuda. 📑✨


Concello de Baiona
Concello de Gondomar - Oficial
Anpa Humberto Juanes | Nigrán
ANPA "LEMBRANZA" CEIP MALLÓN
ANPA CEP Sabaris
Anpa CPI Arquitecto Palacios y EEI As Dunas
Anpa Vilariño Carlos Casares


Anpa I.E.S Val Miñor
Anpa Miñor

🚌📢 O transporte público tamén é unha cuestión educativa e de igualdade de oportunidades.A pasada semana, FAVALMI partici...
15/06/2026

🚌📢 O transporte público tamén é unha cuestión educativa e de igualdade de oportunidades.

A pasada semana, FAVALMI participou xunto con outros colectivos do Val de Miñor nunha reunión coa Dirección Xeral de Mobilidade para trasladar as preocupacións das familias e das persoas usuarias sobre a situación do transporte público e escolar na nosa comarca.

Desde FAVALMI puxemos sobre a mesa unha demanda clara: garantir a seguridade do alumnado no transporte escolar, velando polo correcto funcionamento dos sistemas de suxeición e reclamando melloras nun servizo esencial para centos de nenas e nenos do Val de Miñor.

A Xunta recoñeceu as importantes deficiencias do servizo actual e presentou as primeiras liñas dos futuros contratos de transporte, que aínda están en fase de elaboración. Agora é o momento de facer escoitar a voz da cidadanía.

👉 Por iso, convocamos unha asemblea aberta e informativa para compartir toda a información recollida na reunión, analizar a situación actual e continuar traballando por un transporte público e escolar digno, seguro e adaptado ás necesidades reais da veciñanza.

📍 Venres 19 de xuño
🕣 20:30 h
🏫 CDL Gondomar (antigo colexio público)

Porque falar de transporte é falar de acceso á educación, á sanidade, ao traballo, á conciliación das familias e á igualdade de oportunidades para vivir e medrar no noso territorio.

Agardámoste. A túa participación é importante para construír un Val de Miñor mellor conectado e con servizos públicos de calidade.

👉 Se non participamos, outros decidirán por nós. É o momento de defender entre todas e todos o transporte que merece o Val de Miñor.

Baiona Nigrán ServizosPúblicos

Concello de Nigrán
Concello de Baiona
Concello de Gondomar - Oficial
ANPA "LEMBRANZA" CEIP MALLÓN
anpasgalegas
Anpa Humberto Juanes | Nigrán

Anpa CPI Arquitecto Palacios y EEI As Dunas
Anpa Ceip Fontes Baiña
ANPA CEP Sabaris

Anpa Miñor
Anpa Vilariño Carlos Casares
Anpa I.E.S Val Miñor

💙 A educación tamén se constrúe escoitando, compartindo e traballando xuntas e xuntos.Dende a Comisión NEAE de FAVALMI s...
21/05/2026

💙 A educación tamén se constrúe escoitando, compartindo e traballando xuntas e xuntos.

Dende a Comisión NEAE de FAVALMI seguimos creando espazos de encontro para as familias, ANPAS, profesorado e toda a comunidade educativa do Val Miñor.

📅 Venres 29 de maio
🕕 18:00 horas
📍 Centro Antena – Nigrán

Un encontro aberto para reflexionar, propoñer ideas, compartir experiencias e seguir avanzando na atención ao alumnado e nas necesidades reais das nosas crianzas.

Porque queda moito por facer, pero tamén moito que podemos conseguir se traballamos unidas e unidos 💪

🗣️ A túa voz conta.
🤝 A túa participación suma.

ComunidadeEducativa Nigrán Baiona Gondomar








panxon



💚 FAVALMI pon en marcha a súa Comisión de Convivencia 💚Un novo espazo de diálogo, participación e colaboración para segu...
21/05/2026

💚 FAVALMI pon en marcha a súa Comisión de Convivencia 💚

Un novo espazo de diálogo, participación e colaboración para seguir construíndo entre todas e todos unha comunidade educativa máis unida, inclusiva e baseada na cultura de paz.

📚 Familias, ANPAS, profesorado, orientación, equipos directivos e comunidade educativa estades convidadas e convidados a participar nesta primeira sesión aberta.

🗓 Venres 29 de maio
🕔 17:00 horas
📍 Centro Antena – Nigrán

A convivencia escolar é responsabilidade de todas e todos.
Queremos crear un espazo onde compartir ideas, preocupacións, propostas e boas prácticas para mellorar o clima nos nosos centros educativos.

Porque educar tamén é convivir ❤️

📩 Máis información:
[email protected]
📞 665 01 24 19

CulturaDePaz Educación Participación Escola








panxon



⚪ HOXE NON SE MIRA. HOXE PARTICÍPASE.EU VOU. E TI?Non é un día calquera.É o día de dicir alto e claro que o ensino públi...
06/05/2026

⚪ HOXE NON SE MIRA. HOXE PARTICÍPASE.

EU VOU. E TI?

Non é un día calquera.
É o día de dicir alto e claro que o ensino público importa.

Se queremos cambios,
👉 hai que estar
👉 hai que sumar
👉 hai que facerse ver

📍 Capela de San Campio (Ramallosa)
🕖 19:00 h

Familias, profesorado, alumnado, persoal non docente…
ou imos xuntos, ou non hai cambio.

Non o deixes para outro día.
Non esperes a que o fagan outros.

🔥 HOXE É O DÍA.










panxon






chano

📢 FALTAN 2 DÍAS 🖤 Hoxe o Val Miñor é Negro. Xa non hai escusas.O negro non é ausencia…é forza, unión e determinación.Se ...
04/05/2026

📢 FALTAN 2 DÍAS

🖤 Hoxe o Val Miñor é Negro. Xa non hai escusas.

O negro non é ausencia…
é forza, unión e determinación.

Se queremos un ensino público de calidade,
hai que saír á rúa e defendelo.

Non vale quedar mirando.
Non vale pensar que xa irá outra persoa.
👉 Facemos falta todas e todos.

📅 6 de maio
🕖 19:00 h
📍 Capela de San Campio (Parque da Ramallosa)

Familias, profesorado, alumnado, persoal non docente…
a comunidade educativa do Val Miñor en pé.

Difunde. Comparte. Acude.
Porque o futuro non se espera… deféndese.










panxon






chano

belesar

📢 FALTAN 3 DÍASA educación pública necesita que se vexa, que se escoite… e que se defenda 💙Hoxe tinguímonos de celeste,...
03/05/2026

📢 FALTAN 3 DÍAS

A educación pública necesita que se vexa, que se escoite… e que se defenda 💙

Hoxe tinguímonos de celeste, como o ceo e o mar do noso Val Miñor, para lembrar que o ensino público é de todas e todos.

Familias, alumnado, profesorado, persoal non docente…
somos comunidade educativa e imos xuntas.

📅 6 de maio
🕖 19:00 h
📍 Capela de San Campio (Parque da Ramallosa)

Saímos para defender o que é de todos:
👉 un ensino público digno
👉 máis recursos
👉 mellores condicións para o alumnado

Cada persoa conta. Cada paso suma.

Difunde, comparte e participa.
O 6M facémonos ver 💪










panxon



📢 FALTAN 4 DÍAS💛 Hoxe o Val Miñor énchese de amarelo: luz, forza e futuro para o ensino público.O 6 de maio ás 19:00h te...
02/05/2026

📢 FALTAN 4 DÍAS

💛 Hoxe o Val Miñor énchese de amarelo: luz, forza e futuro para o ensino público.

O 6 de maio ás 19:00h temos unha cita:
📍 Capela de San Campio (Parque da Ramallosa)

Non é só unha mobilización, é o que vivimos cada día nos centros:

falta de persoal de apoio

máis carga e burocracia

necesidades do alumnado sen cubrir

instalacións que precisan melloras

👉 Todo isto tamén vai connosco á rúa.

Dende FAVALMI seguimos chamando a toda a comunidade educativa:

👩‍🏫 Profesorado
👨‍👩‍👧 Familias
🧒 Alumnado
🧹 Persoal non docente

Se cada quen dá un paso, o Val Miñor responde.

📣 Que podes facer hoxe:

Comparte este cartel

Colócao no teu centro ou barrio

Fala con outras familias

Organízate para vir

🔥 O 6M temos que facernos ver.

✊ O ensino público deféndese entre todas e todos.










panxon



Dirección

Nigrán
36370

Teléfono

+34665012419

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Favalmi publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Escuela/facultad

Enviar un mensaje a Favalmi:

Atajos

Compartir

Categoría