IES Val Miñor, Nigrán

IES Val Miñor, Nigrán Páxina oficial do Instituto Val Miñor de Nigrán. Aquí aparecerán a relación de actividades realizadas durante o curso.

PORQUE SER MAIOR NON SIGNIFICA DESFACERSE DO XOGO E DO NENO E NENA QUE LEVAMOS DENTRO. Dep.- Educación Física O luns 17 ...
20/06/2019

PORQUE SER MAIOR NON SIGNIFICA DESFACERSE DO XOGO E DO NENO E NENA QUE LEVAMOS DENTRO.
Dep.- Educación Física
O luns 17 o alumnado de 1º de Bacharelato A, disfrutou do seu merecido premio do concurso de Nadal. Foi unha xornada lúdica, divertida e chea de cariñas de ilusión que relembraban unha etapa de infancia que parece que xa lles queda lonxe, pero afortunadamente aparece de inmediato nesta activade. Facéndonos caer na conta da importancia do xogo e da risa nas nosas vidas. As cariñas de felicidade pagaron a pena.

O ALUMNADO DE 3ºC-ESO DESFRUTANDO DO PREMIO Á AULA CON "MELLOR AMBIENTE". Os alumnos e alumnas de 3ºC-ESO desfrutaron no...
17/06/2019

O ALUMNADO DE 3ºC-ESO DESFRUTANDO DO PREMIO Á AULA CON "MELLOR AMBIENTE".

Os alumnos e alumnas de 3ºC-ESO desfrutaron no Ecoparque de Marín do merecido premio recibido por ser a aula máis limpa e coidada.

POESÍA E CREATIVIDADE EN GALEGO POLO ALUMNADO DE 3º E 4º DA ESO. Dep.- Lingua e Literatura Galega O alumnado de 3º e 4º ...
17/06/2019

POESÍA E CREATIVIDADE EN GALEGO POLO ALUMNADO DE 3º E 4º DA ESO.
Dep.- Lingua e Literatura Galega

O alumnado de 3º e 4º da ESO traballou coa profesora de galego Carme Giráldez a poesía e a creatividade.

PARTICIPANDO NA CAMPAÑA SOLIDARIA DE RECOLLIDA DE TAPÓNS DE PLÁSTICO PARA OS CENTROS "Juan María". O instituto Val Miñor...
17/06/2019

PARTICIPANDO NA CAMPAÑA SOLIDARIA DE RECOLLIDA DE TAPÓNS DE PLÁSTICO PARA OS CENTROS "Juan María".

O instituto Val Miñor participa na campaña solidaria de recollida de tapóns co centro específico de Educación Especial Juan María.Grazas a esa doazón o centro de Educación Especial pode reciclalos creando unha actividade útil e entretida para persoas con diversidade funcional. Co recadado financian proxectos destinados aos seus usuarios.

CREACIÓN DE ESPAZOS INTERACTIVOS E SOCIALIZADORES NO PATIO. Un dos obxectivos da mellora da convivencia era a creación n...
17/06/2019

CREACIÓN DE ESPAZOS INTERACTIVOS E SOCIALIZADORES NO PATIO.

Un dos obxectivos da mellora da convivencia era a creación no patio escolar de espazos inclusivos e diferentes de socialización para o alumnado . Aquí temos unha mostra. Pedimos a todo o alumnado que se responsabilice destes lugares de lecer para desfrute de todos e todas.

OUTRO XEITO DE COÑECER O TEOREMA DE PITÁGORAS. Dep.- Matemáticas O alumnado de 2º de ESO chegou a coñecer o Teorema de P...
28/05/2019

OUTRO XEITO DE COÑECER O TEOREMA DE PITÁGORAS.

Dep.- Matemáticas
O alumnado de 2º de ESO chegou a coñecer o Teorema de Pitágoras coa súa profesora Patricia dun xeito máis práctico.

10 DÍAS DE FROITA. UN ANO MÁIS O IES SUPERVITAMINÍZASE. Dep.- Educación Física Durante 10 días voltaron a repartirse kil...
28/05/2019

10 DÍAS DE FROITA. UN ANO MÁIS O IES SUPERVITAMINÍZASE.

Dep.- Educación Física
Durante 10 días voltaron a repartirse kilos e kilos de froita, da que non quedou nin chío. Foron días saudables no patio. O ano que ven máis. Gustaríame dar as grazas ao alumnado e profesorado que participou no reparto da froita, pois sen este gran traballo en grupo, esta iniciativa non se podería levar a cabo.

VISITA AO IES VAL MIÑOR DOS FUTUROS ALUMNOS E ALUMNAS DE 1º DE ESO. Dep.- Orientación Hoxe, 22 de maio, recibimos ao fut...
28/05/2019

VISITA AO IES VAL MIÑOR DOS FUTUROS ALUMNOS E ALUMNAS DE 1º DE ESO.

Dep.- Orientación

Hoxe, 22 de maio, recibimos ao futuro alumnado de 1º ESO do curso 2019-2020 dos centros adscritos: CEIP da Cruz-Camos e CEIP Humberto Juanes.
Viñeron acompañados polo seu profesorado e pasaron un día "festivo" connosco. Aquí os temos nun momento do recreo.

TORNEO DE BALONCESTO NOS RECREOS. Dep.- Educación Física Deu comezo o torneo de baloncesto nos recreos, cunha grande ace...
18/05/2019

TORNEO DE BALONCESTO NOS RECREOS.

Dep.- Educación Física

Deu comezo o torneo de baloncesto nos recreos, cunha grande aceptación tanto por parte dos e das participantes coma dos siarieiros nas bancadas. O partido inaugural foi espectacular.
A participación é moi alta, fixéronse dous grupos de competición, pois se anotaron 10 equipos.
A arbitraxe é de alto nivel. O xogo é super intenso, hai triplas, fintas, auténtica profesionalidade. A continuar.

VISITA aos CIFP Manoel Antonio, Valentín Paz Andrade e ao Centro Residencial Docente de Vigo.Dep.- Orientación Os alumno...
18/05/2019

VISITA aos CIFP Manoel Antonio, Valentín Paz Andrade e ao Centro Residencial Docente de Vigo.

Dep.- Orientación

Os alumnos e alumnas de 4º de ESO, de xeito preferente os matriculados na materia de iniciativas emprendedoras, visitaron no día de hoxe os CIFP MANOEL ANTONIO, VALENTÍN PAZ ANDRADE e o CRD de Vigo. Alí visitamos os distintos obradoiros dos ciclos medios e superiores.

HISTORIA DUN MURAL. PASO A PASO.Dep.- Ed. Plástica e VisualBaixo a dirección de Begoña, profesora de Educación Plástica ...
18/05/2019

HISTORIA DUN MURAL. PASO A PASO.

Dep.- Ed. Plástica e Visual

Baixo a dirección de Begoña, profesora de Educación Plástica e Visual, o alumnado da ESO está facendo un mural no patio. Aquí podes seguir o seu proceso.

Dirección

Rúa Paradellas, 15
Nigrán
36350

Horario de Apertura

Lunes 08:30 - 14:15
Martes 08:30 - 14:15
Miércoles 08:30 - 14:15
Jueves 08:30 - 14:15
Viernes 08:30 - 14:15

Teléfono

986366050

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando IES Val Miñor, Nigrán publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Escuela/facultad

Enviar un mensaje a IES Val Miñor, Nigrán:

Atajos

Compartir