Anpa Val De Barcala O Coto

Anpa Val De Barcala O Coto Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de Anpa Val De Barcala O Coto, Educación, Calle Fonte Do Carmen, 0, Negreira.

18/05/2026
🔧 Melloras impulsadas pola ANPA Val de Barcala no CEIP O CotoO pasado 19 de novembro, e a petición da dirección do centr...
14/05/2026

🔧 Melloras impulsadas pola ANPA Val de Barcala no CEIP O Coto

O pasado 19 de novembro, e a petición da dirección do centro, a ANPA Val de Barcala fixo entrega dun primeiro secamáns eléctrico para o seu uso no aseo da planta baixa do colexio.

Tras varios meses de funcionamento e comprobado o seu resultado satisfactorio no día a día do centro escolar, o pasado 10 de abril fíxose entrega dun segundo secamáns eléctrico, instalado nesta ocasión no aseo da 1ª planta.

Seguimos colaborando co centro escolar na mellora progresiva das instalacións e do confort do alumnado, apoiando pequenas actuacións que contribúan a facilitar o funcionamento diario do cole.

Grazas ás familias socias por facelo posible coa vosa colaboración e apoio continuo 💙

🧠💛 AUTOXESTIÓN EMOCIONAL EN EDUCACIÓN INFANTIL 💛🧠Durante os meses de marzo e abril desenvolveuse no CEIP O Coto o obrado...
11/05/2026

🧠💛 AUTOXESTIÓN EMOCIONAL EN EDUCACIÓN INFANTIL 💛🧠

Durante os meses de marzo e abril desenvolveuse no CEIP O Coto o obradoiro de autoxestión emocional promovido e financiado pola ANPA Val de Barcala, impartido por Ana Prema.

A actividade estivo dirixida ao alumnado de educación infantil e contou cun total de 14 sesións, realizando dúas sesións de 50 minutos en cada unha das 7 aulas. Ao longo do obradoiro traballáronse aspectos fundamentais como o recoñecemento das emocións, a súa expresión, a autoestima, a empatía, a atención, a respiración e diferentes ferramentas para aprender a xestionar situacións do día a día dun xeito saudable e positivo.

As sesións incluíron dinámicas de movemento e atención corporal, técnicas de relaxación, respiración, sons da natureza, contos, ritmo e diferentes propostas participativas adaptadas ás idades do alumnado, buscando favorecer a calma, o autocoñecemento e a convivencia na aula.

Ana Prema (Ana María García Liñares) é pedagoga pola USC, educadora social colexiada, terapeuta Gestalt e profesora de ioga, contando cunha ampla experiencia en educación non formal, dinamización de grupos, intervención familiar e traballo con infancia e diversidade funcional.

Dende a ANPA queremos agradecer a Ana a súa profesionalidade, sensibilidade e excelente traballo co alumnado ao longo destas semanas 👏👏

O pasado 29 de abril desenvolveuse no CEIP O Coto unha actividade promovida pola ANPA Val de Barcala en colaboración coa...
07/05/2026

O pasado 29 de abril desenvolveuse no CEIP O Coto unha actividade promovida pola ANPA Val de Barcala en colaboración coa asociación ANEDIA, dirixida ao alumnado de 3º e 5º de educación primaria.
ANEDIA é unha entidade que traballa no apoio ás familias, así como na información e sensibilización sobre a diabetes infantil, contribuíndo a unha mellor comprensión desta realidade no ámbito educativo e social.
A actividade permitiu achegar ao alumnado, dun xeito didáctico e próximo, o que supón convivir coa diabetes, fomentando valores como a empatía, o respecto e a normalización.
Dende a ANPA queremos agradecer especialmente a Estíbaliz e Montse pola súa implicación, proximidade e excelente labor durante a sesión, así como a ANEDIA polo traballo fundamental que desenvolve. 👏💙
Ogallá poidamos repetir colaboración!!!

20/04/2026

🫶🫶🫶

TALLERES DE XABÓN E CESTARÍA. Actividade promovida e financiada pola ANPA Val de Barcala. Hai un par de semanas daban co...
20/04/2026

TALLERES DE XABÓN E CESTARÍA. Actividade promovida e financiada pola ANPA Val de Barcala.

Hai un par de semanas daban comezo os obradoiros de elaboración de xabón e cestaría no CEIP Plurilingüe O Coto impartidos por este equipazo da asociación ASPAS de Santiago, sendo o último dos talleres o pasado venres.
Todo un éxito segundo nos comentaron dende o centro!! Os cativos pasárono xenial facendo xabóns e cestiños, pero máis marabilloso foi a naturalidade e a curiosidade coa que viviron esa experiencia de aprendizaxe da man de persoas con diversidade funcional. Que importante é visibilizar e valorar as capacidades de todas as persoas👏🏻👏🏻👏🏻 Moitas grazas á xente de Asociación ASPAS e parabéns polo voso gran labor!!!🙌🏼🙌🏼🙌🏼

01/04/2026

Agradecemos á artista pola marabillosa pintura no mural do Colexio Ceipp O Coto.
A súa arte transforma o noso espazo e enche de orgullo a todos nós.

01/03/2026

🏫 Desde hoxe e ata o 2⃣0⃣ de marzo, podes solicitar praza escolar para o curso 2026/2027

➡️ Novo alumnado que se incorpora ao sistema

🔄 Cambios de centro en prazas dispoñibles

Infórmate e accede aquí 👇🏻

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/49200

27/02/2026

Isto é dunha charla impartida hoxe aos alumnos de 1º e 2º de primaria. É un programa épico, financiado pola ONCE (Organización Nacional de Cegos de España), dirixido aos centros educativos para normalizar e educar sobre a epilepsia. Foi presentado pola psicóloga Mercedes Luaces.

Dirección

Calle Fonte Do Carmen, 0
Negreira
15830

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Anpa Val De Barcala O Coto publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Escuela/facultad

Enviar un mensaje a Anpa Val De Barcala O Coto:

Atajos

Compartir

Categoría