Gazapo

Gazapo STEM , reforzo educativo e apoio individual

Do 31 de agosto ao 8 de setembro despediremos o verán con obradoiros cheos de aprendizaxe, creatividade e diversión, nos...
04/08/2026

Do 31 de agosto ao 8 de setembro despediremos o verán con obradoiros cheos de aprendizaxe, creatividade e diversión, nos que seguiremos experimentando e desenvolvendo novas habilidades a través de actividades STEAM.
📅 Lembrámosvos que do 17 ao 30 de agosto estaremos pechados por vacacións, polo que vos recomendamos reservar a vosa praza antes dese período. Volveremos o 31 de agosto con moitas ganas de compartir estes últimos días de verán convosco.
🕙 Obradoiros de 10:00 a 13:00 h.
🕣 Horario ampliado de 8:30 a 14:30 h sen custo adicional.
📞 698 858 038 | 604 033 912 | 881 954 598

Sentímolo 😌😪
25/06/2026

Sentímolo 😌😪

Reserva xa a túa plaza para o próximo curso. E recomendámosvos... que nos esperedes moito 😅Como novidade, o curso que ve...
28/05/2026

Reserva xa a túa plaza para o próximo curso. E recomendámosvos... que nos esperedes moito 😅

Como novidade, o curso que ven teremos grupos de reforzo desde as 15:30. 🧐

Todos o alumnado que continúa ata xuño está exento de matrícula para o curso que ven. 😊

A matrícula será de 30 euros para todas as actividades. 🙂

Todas as clases de STEM pasan a ser 30 minutos máis tarde. ⚡️👷👩‍🏭

A FLL Challenge non aparece como opción porque XA ESTÁ COMPLETA!! 😮

Algunhas clases de STEM e Reforzo grupal xa están completas. Subiremos horarios actualizados.

Grazas, está sendo unha locura 😳😳💛💛

Nova actividade! ⚡️🐰 Para o ano que vén queremos propoñervos unha nova forma de traballar.Ás veces hai proxectos que req...
25/05/2026

Nova actividade! ⚡️🐰 Para o ano que vén queremos propoñervos unha nova forma de traballar.

Ás veces hai proxectos que requiren unha maior dedicación de tempo ou a necesidade de dividir procesos en varias sesións (Secado, impresión 3d de longa duración, imprimación...) ✂️🖍⚡️🤖

E para dar resposta a isto e poder levar a cabo proxectos máis ambiciosos, propoñémosvos esta nova actividade. 👩‍🏭👷

Tamén nace de ver cómo algúns/as alumnos/as mostraban máis interese por este tipo de proxectos.🦾

Non é unha forma mellor nin peor de traballar. A metodoloxía é a mesma. Actividades orientadas ao reto que poñan a súa creatividade a traballar!! Simplemente variará a duración de cada proxecto. 🧐😌

Aberto prazo de inscrición 🖤

Este verán... xa tes proposta!🐰⚡️Para nenos e nenas entre os 3 e os 12 anos.👩‍🏭👷Experiencia con desafíos STEM e temática...
20/05/2026

Este verán... xa tes proposta!🐰⚡️

Para nenos e nenas entre os 3 e os 12 anos.👩‍🏭👷

Experiencia con desafíos STEM e temática semanal.🤖

Por suposto, aínda que o deseño sexa de obradoiros de competencias STEM teremos: xogo ao aire libre, diferentes recantos e actividades de expresión plástica 🖍✂️

Recordamos que o día 24 de xuño é festivo e non haberá servizo.

Nas próximas semanas iremos engadindo máis información

🐰⚡️

Resumo das actividades de Xuño a finais de Xullo.⚡️Cada semana elaboraremos proxectos STEM que levarán para casa. Robots...
15/05/2026

Resumo das actividades de Xuño a finais de Xullo.⚡️

Cada semana elaboraremos proxectos STEM que levarán para casa. Robots de lego con diferentes sistemas e desafíos que porán á súa creatividade a proba.👩‍🏭👷

Isto estará combinado con recuncho de uso libre e actividades de activación física e xogos cooperativo no exterior.🦾

Para calquera dúbida, aquí estamos 🐰

Estádesnos a pedir moita info! 🥹😊🐰Comezamos explicando cómo foi deseñado o VERÁN STEM e qué podedes esperar del.🧐O máis ...
11/05/2026

Estádesnos a pedir moita info! 🥹😊🐰

Comezamos explicando cómo foi deseñado o VERÁN STEM e qué podedes esperar del.🧐

O máis importante para nós é que quede claro que aínda que estamos ante unha proposta de enriquecemento, desenvolvemento do talento e competencias STEM tamén teremos momentos de xogo e activación no día a día.Así coma momento de traballo libre en recunchos. Sairemos ao exterior sempre que o tempo o permita. A xogar, merendar e facer fora algunha das actividades. A ciencia non é sedentaria 👷👩‍🏭⚡️

Estamos traballando nunha publicación detallando as actividades de cada semana temática.🥷🏽

Grazas a todas/os polo voso interese.💛

Este 4 de maio non quedes na casa. Vive o día de StarWars con nós!🐰Construiremos e programaremos diferentes robots de Le...
30/04/2026

Este 4 de maio non quedes na casa. Vive o día de StarWars con nós!🐰

Construiremos e programaremos diferentes robots de Lego de temática Star Wars. Non é preciso ter experiencia.⚡️

O horario do obradoiro é de 10 a 13 horas pero, sen custe adicional de 8:30 a 14:30 horas. Perfecto para conciliar!!! 😊

Imos tarde, esperemos que a forza nos acompañe 😌

Pd: Aquí somos un pouco do lado oscuro 😅

R4PZ4POS 🦊 A combinación perfecta de curiosidade, constancia e traballo en equipo. Este equipo no  se achanta. Este ano ...
24/04/2026

R4PZ4POS 🦊 A combinación perfecta de curiosidade, constancia e traballo en equipo.

Este equipo no se achanta. Este ano o robot xogounos unha mala pasada e tivemos que facer axustes. Todo o equipo animou e axudou aos nosos técnicos. 🤖⚡️🦊

E despois dunha presentación moi esixente... chegaron os resultados. Premio ao emprendemento 🙂

É unha pasada traballar con eles/as. Non hai ano que non o fagan incrible.

Solo hay que ter coidado cunha cousa... se vos empezan a vender algo correde noutra dirección!!! Porque aínda que non o necesitedes, ídelo mercar 🤣🤣🤣🤣

A polo 2027

3L3CTRIK ⚡️ Cando estabamos escollendo o nome tiñamos dúbidas. Ao principio iamos a ser "algozapos" pero despois de vari...
23/04/2026

3L3CTRIK ⚡️ Cando estabamos escollendo o nome tiñamos dúbidas. Ao principio iamos a ser "algozapos" pero despois de varios días xuntos/as e mostrar unha intensidade propia dunha explosión nuclear... quedou 3LECTRIK "con K que nos representa máis" 🤣⚡️

Primeiro ano para moitos deles/as e unha participación brutal. Destacando no xogo do robot e cun proxecto de innovación 🖤🖤🖤... maravilloso e real!!

Exemplo de bo rollo e compañeirismo. Eso sí... daba medo cruzarse con eles/as, parecían sacados dunha peli de gangsters 🤣😮

Este ano, máis!

Dirección

Calle Tui , Nº 17 Bajo I
Narón
15570

Horario de Apertura

Lunes 10:00 - 13:00
16:00 - 20:30
Martes 10:00 - 13:00
16:00 - 20:30
Miércoles 10:00 - 13:00
16:00 - 20:30
Jueves 10:00 - 13:00
16:00 - 20:30
Viernes 10:00 - 13:00
16:00 - 20:30

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Gazapo publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Escuela/facultad

Enviar un mensaje a Gazapo:

Atajos

Compartir

Categoría