31/08/2026
SETEMBRO TEN ALGO DE VOLVER E DE MARCHAR
Hai quen recibe setembro con ganas de recuperar as rutinas
Hai quen o mira con alivio
E hai quen sente un pouco de todo
Porque durante o verán quizais estivemos máis rodeadas: familia, amizades, visitas, xente entrando e saíndo da casa, plans improvisados, días diferentes...
E de súpeto chega setembro
Volven os horarios
As présas
As rutinas
O día a día
E pode aparecer o desexo de recuperar certa orde e, ao mesmo tempo, botar de menos esa rede que durante un tempo parecía estar máis preto
Porque a maternidade tamén é iso:
Querer e necesitar descanso
Disfrutar e estar esgotada
Querer volver á rutina e non querer que remate o verán
Sentirse acompañada e, ás veces, sentirse moi soa
As dúas cousas poden ser verdade ao mesmo tempo
Non temos que escoller unha
Etamén por iso en setembro volvemos.
Non para dicirche como deberías sentirte.
Non para resolver a ambivalencia.
Senón para que, sexa como sexa o teu setembro, non teñas que vivilo soa.
O mércores 9 de setembro retomamos as reunións de apoio á lactación de BBTTA.
Un espazo para chegar tal e como esteas.
Para preguntar.
Para compartir.
Para escoitar.
Para recibir información veraz e actual.
Para coñecer outras nais.
Para atopar unha rede.
📍 CENTRO COMUNITARIO MANUELA PÉREZ SEQUEIROS
🕔 Os mércores a partir das 17:00 h
E este setembro temos, ademais, unha cita moi especial:
📝 Sábado 19 de SETEMBRO
De 11:00 a 13:00
ALBA PADRÓ
Un encontro ONLINE con Alba para falar e obter información e ferramentas para a etapa do destete, cuestionando falsos mitos e recibindo desde o coñecemento e o respecto ás decisións de cada familia.
📣 Este mesmo mércores abriremos as inscricións.
Así que si:
Setembro trae rutinas.
Trae cambios.
Trae sentimentos encontrados.
E tamén pode traer un lugar ao que volver.
BBTTA volve a tecer rede de apoio
E ti, sexa cal sexa o teu setembro, tes un sitio aquí.