Ludoteca Municipal de Narón

Ludoteca Municipal de Narón Espazo municipal prestador de servizos socioeducativos e lúdicos onde a través do xogo se traballan valores de igualdade, liberdade, cooperación..

Espazo aberto e gratuíto dirixido á población infantil de 2 a 12 anos.

O próximo luns, día 7 de setembro, abrirase o prazo de inscrición para o curso 2026-2027. Deixamos aquí os horarios, que...
04/09/2026

O próximo luns, día 7 de setembro, abrirase o prazo de inscrición para o curso 2026-2027. Deixamos aquí os horarios, quendas e toda a información referente ao proceso de matrícula.
O horario de atención ao público ata o día 8 será de 13:00h a 14:00h, a partir do día 9 pasará a ser de 19:00h a 20:00h.
Para solicitar información e realizar a inscrición atenderase exclusivamente nesta franxa horaria.

📍Rúa Cardenal Cisneros,2. 15570 Narón

☎️981 38 92 84

📧[email protected]

31/07/2026

VACACIÓNS!
Cando chega agosto sempre facemos unha pausa para descansar e pasar tempo coa familia. Despedimos aquí esta viaxe que tanto desfrutamos durante o mes de xullo, pero deixamos alguhas sorpresas para os primeiros días de setembro, que estaremos aquí de volta co mesmo horario , de 10:00h a 13:00h ata que comence o cole.
Felices vacaións !!!

Hoxe nos trasladamos ao veciño Concello de San Sadurniño para desfrutar da natureza e da arte na Fraga Máxica da Cortiña...
24/07/2026

Hoxe nos trasladamos ao veciño Concello de San Sadurniño para desfrutar da natureza e da arte na Fraga Máxica da Cortiña. Un fermoso espazo para explorar e aprender, compartindo xogos e historias nun entorno que nos namorou a todos e a todas.

17/07/2026

BATUKADA NA LUDOTECA!
A ludoteca ten moitos amigos e amigas que chegaron a Narón dende Brasil. Hoxe quixemos compartir con todos e todas a súa música , baile, e a alegría que sempre nos transmiten. Gran abrazo dende Narón a todo o pobo brasileiro.
Temos que dicir, que coa muñeira nos defendemos, pero a samba...parece que hai que levala no sangue, qué opinades vós?

O plan para hoxe non podía ser máis tentador, tomar un refrescante zume ou un  batido de froitas nunha paradisíaca praia...
15/07/2026

O plan para hoxe non podía ser máis tentador, tomar un refrescante zume ou un batido de froitas nunha paradisíaca praia caribeña. O servizo do "chiringuito" foi excelente, grandes profesionais ao frente do negocio. Un lugar moi recomendable ao que seguro que volveremos.

Viaxar en avión é o que ten, que podes almorzar en París e degustar unha deliciosa pizza en Italia á hora de cear.  A fi...
10/07/2026

Viaxar en avión é o que ten, que podes almorzar en París e degustar unha deliciosa pizza en Italia á hora de cear. A fin de semana toca descanso e o luns agardaranos un novo destino. A onde iremos esta vez? 🤔🫡🍹🏝️

Viaxar durante as vacacións sempre é un pracer. Coñecer novas culturas e costumes, outras linguas, diferentes paisaxes, ...
08/07/2026

Viaxar durante as vacacións sempre é un pracer. Coñecer novas culturas e costumes, outras linguas, diferentes paisaxes, gastronomía... Temos as maletas feitas, os pasaportes a punto e moitas ganas de aprender moito e pasalo moi ben. Aquí comenza a nosa viaxe por todo o mundo!!

Hoxe recordamos que todas as persoas temos dereito a ser libres para sentir e para amar, dereito a vivir felices e sen m...
26/06/2026

Hoxe recordamos que todas as persoas temos dereito a ser libres para sentir e para amar, dereito a vivir felices e sen medo nin discriminación. As nenas e nenos elixen medrar nun mundo libre, xusto e igualitario. Sigamos construindo unha sociedade na que todas as persoas poidan sentirse orgullosas de ser elas mesmas, orgullosas de elexir, de sentir e de amar.

Cando chega San Xoan sentimos que, agora sí, o verán está aquí e queremos desfrutalo a tope!! Hoxe toca sair á rúa, salt...
23/06/2026

Cando chega San Xoan sentimos que, agora sí, o verán está aquí e queremos desfrutalo a tope!! Hoxe toca sair á rúa, saltar as fogueiras e encher o bandulliño con algún delicioso manxar á luz da lúa.
Feliz noite de San Xoan!!

Hoxe rematamos o curso escolar polo que esta semana non faltaron bailes e moita festa. O  próximo luns, 22 de xuño, come...
19/06/2026

Hoxe rematamos o curso escolar polo que esta semana non faltaron bailes e moita festa. O próximo luns, 22 de xuño, comenzamos co hoario de verán. Recordamos que o horario de actividades será de 10:00ha 13:00h. Aídnda quedan algunhas prazas libres!!. Lembrade que para realizar a inscrición ou solicitar información o tempo de atención ao público será de 13:00 a 14:00h.

Dirección

Cardenal Cisneros, 2. A Solaina
Narón
15406

Horario de Apertura

Lunes 16:00 - 20:00
Martes 16:00 - 20:00
Miércoles 16:00 - 20:00
Jueves 16:00 - 20:00
Viernes 16:00 - 20:00

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Ludoteca Municipal de Narón publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría