Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local Concello de Muxía

  • Casa
  • España
  • Mugia
  • Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local Concello de Muxía

Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local Concello de Muxía Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Muxía.

Información sobre temas relacionados co emprego, axudas á empresas e emprendedores, formación... en Muxía e na Costa da Morte

Oferta de emprego
17/01/2024

Oferta de emprego

Oferta de emprego para Camariñas

Selección de 30 persoas para limpeza de praias no concello de Camariñas

Persoas interesadas contactar entre as 10:00 e as 18:00 horas con Beni Díaz 691311718

OBRADOIRO DE EMPREGO CAMIÑO AO EMPREGO 2023O Concello de Muxía xunto co Concello de Camariñas e o Concello de Vimianzo p...
27/11/2023

OBRADOIRO DE EMPREGO CAMIÑO AO EMPREGO 2023

O Concello de Muxía xunto co Concello de Camariñas e o Concello de Vimianzo pon en marcha o Obradoiro de emprego CAMIÑO AO EMPREGO 2023 subvencionado pola Xunta de Galicia

A data prevista de inicio é o 11 de decembro.

ALUMNADO-TRABALLADOR: A selección do alumnado traballador será realizada a través da presentación dunha oferta de emprego na Oficina de Servizo Público de Emprego de Galicia.

REQUISITOS: Persoas desempregadas, entendéndose nesta situación as persoas demandantes de emprego inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia que carezan de ocupación remunerada e estean dispoñibles para o emprego, que resulten seleccióndas no sondaxe realizado polo Servizo Público de Emprego de Galicia

EQUIPO DIRECTIVO, DOCENTE E DE APOIO: prazo de presentación de instancias 2 días desde a publicación das bases no taboleiro electrónico do Concello de Muxía.

Enlace ao taboleiro electrónico: https://sede.muxia.es/sxc/gl/informacion/tablon/2023/ANUNCIO_PROG_20231127160000164.html

Concello de Muxía Concello de Camariñas Axencia Desenvolvemento Local Camariñas Concello de Vimianzo

2023

18/11/2023
17/10/2023

El Ayuntamiento de Muxía busca acercar la tecnología a todo el vecindario, especialmente al más envejecido, a través de un taller básico de iniciació

XUVENTUDE CON TALENTOAs persoas que participen percibirán unha bolsa de formación cun importe de 630 € mensuais, increme...
17/08/2023

XUVENTUDE CON TALENTO

As persoas que participen percibirán unha bolsa de formación cun importe de 630 € mensuais, incrementada en 100€ en caso de persoas con discapacidade, e outros 100€ para desprazamentos cando a estadía non sexa no concello de residencia do participante.

As horas formativas nos Concellos nas que se realice as estadías terán unha duración de 100 horas mensuais e de catro días laborais por semana.

Os requisitos para participar neste programa son:
☑Ter feitos os 18 anos e non superar a idade máxima que estableza a normativa vixente do SNGX, de conformidade co disposto no artigo 97.c) da Lei 18/2014, do 15 de outubro, de aprobación de medidas urxentes para o crecemento, a competitividade e a eficiencia.
☑Estar empadroadas na Comunidade Autónoma de Galicia cunha antigüidade mínima dun ano.
☑Estar inscritas no SNGX e figurar como beneficiarias no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

As persoas interesadas en participar poden PRE-INSCRIBIRSE no seguinte enlace https://forms.gle/2NqKp84rhGXehzA1A

Concello de Muxía Concello de Vimianzo Concello de Camariñas Xuventude Galicia

OFERTA DE EMPREGO Ampliación do prazo de selección de persoal PEL CONCELLOS subvencionado pola Deputación da CoruñaPRAZO...
10/08/2023

OFERTA DE EMPREGO

Ampliación do prazo de selección de persoal PEL CONCELLOS subvencionado pola Deputación da Coruña

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS: 10 DÍAS NATURAIS

POSTO A OCUPAR: Operario/a-servizos múltiples
TIPO DE XORNADA: Xornada parcial
DURACIÓN DO CONTRATO: 2 meses

REQUISITOS ESPECÍFICOS:
- Carnes profesionais: Carné de conducir clase B

- As persoas a contratar deberán estar en situación de desemprego na data de inicio do proceso selectivo e atoparse nalgunha das seguintes situacións de exclusión laboral :

• Mulleres, ao ter un diferencial de índice de paro rexistrado sensiblemente superior ao dos homes.
• Maiores de 45 anos.
• Parados de longa duración. Aos efectos deste programa terán esta consideración aquelas persoas que leven un mínimo de 1 ano como demandantes de emprego
• Persoas con discapacidade: aquelas persoas que teñan recoñecida, pola administración competente, unha discapacidade nun grao igual ou superior ao 33%.
• Persoas desfavorecidas que estean nalgunha das seguintes situacións:
◦ Persoas en situación de drogodependencia.
◦ Persoas que vivan nun fogar onde ninguén teña emprego
◦ Persoas con fogar monoparental.
◦ Persoas con problemas para atopar emprego polo idioma ou cuestións socioculturais.
◦ Persoas vítimas de violencia de xénero.
◦ Persoas sen fogar.

Para a acreditación dos requisitos empregaranse os criterios establecidos nas bases de convocatoria.

BASES DA CONVOVATORIA: https://sede.muxia.es/sxc/export/sites/muxia/recursos/downloads/Tablon/2023/ANUNCIO_PROG_20230802133...

Mais información: 981 74 20 01

Concello de Muxía Plan Emprego Local - PEL Deputación da Coruña

EMPREGO Selección dunha persona para posto operario/a de servizos múltiples(Subvencionada esta contratación pola Deputac...
02/08/2023

EMPREGO

Selección dunha persona para posto operario/a de servizos múltiples(Subvencionada esta contratación pola Deputación Provincial de A Coruña); durante 2 meses, T/P.

Prazo de presentación de instancias: Ata o 7 de agosto

Duración do contrato: 2 meses

Bases da convocatoria: https://sede.muxia.es/sxc/gl/informacion/tablon/2023/ANUNCIO_PROG_20230802133022362.html

Mais información: 981 74 20 01 ou nas oficinas do Concello

https://concellomuxia.com/2023/08/02/seleccion-persoal-pel/

Concello de Muxía

31/07/2023

🧑‍🍳 Tes máis de 16 anos? A cociña e a restauración son unha gran saída laboral.

📚 Aínda hai oco para entrar na FPBásica Dual no IES Ramón de Caamaño.

📞 Se che interesa, podes solicitar información no número de teléfono 881880775.

🏃 Pero corre, que están a piques de rematarse as prazas!

Dirección

Rúa Real, Nº 35
Mugia
15124

Horario de Apertura

Lunes 08:30 - 15:00
Martes 08:30 - 15:00
Miércoles 08:30 - 15:00
Jueves 08:30 - 15:00
Viernes 08:30 - 14:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local Concello de Muxía publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Escuela/facultad

Enviar un mensaje a Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local Concello de Muxía:

Atajos

Compartir

Categoría