Escola de Música de Monterroso

Escola de Música de Monterroso Escola de Música e de Danza de Monterroso. Ofrecemos clases colectivas e de instrumento para todos os niveis.

Buscamos ofrecer á veciñanza do municipio clases colectivas e de instrumento adaptadas a todos os niveis.

Feliz día da Patria galega!Con esta foto do Festival de Fin de Curso, con parte do alumnado e profesorado da Escola de M...
25/07/2026

Feliz día da Patria galega!

Con esta foto do Festival de Fin de Curso, con parte do alumnado e profesorado da Escola de Música de Monterroso, desexámosvos Feliz Día de Galicia.

A música é unha das formas máis bonitas de manter viva a nosa identidade, xeración tras xeración.

As e os pianistas da Escola de Música do Concello de Monterroso 🎹😍
23/07/2026

As e os pianistas da Escola de Música do Concello de Monterroso 🎹😍

20/07/2026

O combo de fin de curso versionando No puedo vivir sin ti de Los Ronaldos, un cláslico do pop-rock español 🔥🎸

Concello de Monterroso

15/07/2026

Solo final, pratos a tope e público en pé; así pechou Vicente a súa actuación no Festival de Fin de curso, onde interpretou maxistralmente Back in Black de AC/DC 🥁🔥

Concello de Monterroso

15/07/2026

Solo final, pratos a tope e público en pé; así pechou Vicente a súa actuación no Festival de Fin de curso, onde interpretou maxistralmente Back in Black de AC/DC.

Concello de Monterroso

O movemento sutil que sostén a toda a banda 🥁Detrás de calquera ritmo que escoitamos hai un traballo de precisión que mo...
09/07/2026

O movemento sutil que sostén a toda a banda 🥁

Detrás de calquera ritmo que escoitamos hai un traballo de precisión que moitas veces pasa desapercibido, como o golpe do pedal no bombo da batería.

Nas nosas clases ensínamos a dominar a intensidade de cada pisada para aprender a encaixar o son co resto de instrumentos que formam parte dos combos.

Concello de Monterroso

No concerto celebrado o 6 de xuño no Espazo Cultural Lorenzo Varela, unha parte importante do alumnado asumiu o reto de ...
02/07/2026

No concerto celebrado o 6 de xuño no Espazo Cultural Lorenzo Varela, unha parte importante do alumnado asumiu o reto de interpretar as súas pezas de xeito estrito como solistas diante do público. Outros, interpretáronas acompañadas dos seus compañeiros de combo.

Compartimos esta escolma de fotografías que capturan a súa participación no Festival de Fin de Curso.

Se estades interesados/as en matricularvos/as na nosa escola, deixádenos unha mensaxe ou inscrivídevos/as directamente no seguinte enlace 👉 https://forms.gle/wDR9ebWbP7b564Cg7

29/06/2026

O futuro da música comeza cos máis pequenos. 🎼

​No pasado festival de Fin de Curso, unha das actuacións máis emotivas veu da man do alumnado de Música e Movemento. Cun instrumento tan integrador coma o xilófono e un clásico eterno coma "Hey Jude" de The Beatles, estes tres pequenos artistas demostraron que non hai idade para sentir o ritmo nin para encandilar ao público.

​A través desta metodoloxía, na Escola de Música de Monterroso traballamos a psicomotricidade, o oído, o respecto polo tempo do compañeiro e, sobre todo, a creatividade dende os 3 anos. Ver a súa evolución e os seus sorrisos enriba do escenario é o noso maior orgullo pedagóxico. 👏👶

​📝 Se queres que os teus fillos ou fillas formen parte da nosa escola, déixanos un comentario ou escríbenos unha mensaxe directa. 📩

Concello de Monterroso

22/06/2026

48 segundos para resumir os ensaios previos da mañá, a concetración do noso alumnado enriba do escenario e os aplausos do público que nos acompañou no Espazo Cultural Lorenzo Varela do Concello de Monterroso o pasado 6 de xuño.

¡Así de ben soou o noso festival de fin de curso! 🥹🎶

O pasado 6 de xuño celebramos o festival de fin de curso da Escola de Música de Concello de Monterroso. No escenario reu...
18/06/2026

O pasado 6 de xuño celebramos o festival de fin de curso da Escola de Música de Concello de Monterroso. No escenario reunímonos nenos/as, mozos/as, adultos/as e profesores para compartir co público o resultado de todo o traballado durante este curso.

Nestas imaxes recollemos algún deses momentos únicos que se viviron detrás e diante dos focos: as olladas de apoio entre compañeiros, os sorrisos ao rematar cada peza e a emoción de tocar en directo sen importar a idade.

¿Recoñeces alguna cara? Etiquétaa nos comentarios 👇

Dirección

Espazo Cultural Lorenzo Varela
Monterroso
27560

Horario de Apertura

16:00 - 20:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Escola de Música de Monterroso publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Escuela/facultad

Enviar un mensaje a Escola de Música de Monterroso:

Atajos

Compartir