EOI Monforte

EOI Monforte

Compartir

Podes aprender ou perfeccionar e certificar alemán, francés, inglés ou italiano. Animádevos!

Terás acceso á nosa biblioteca especializada e ás actividades culturais, gastronómicas... Na Sección de Chantada podedes estudar inglés.

04/06/2026

Hoxe despedimos a Marjane Satrapi, autora de Persépolis e unha das voces máis importantes da novela gráfica contemporánea. A autora de Persépolis déixanos un legado de historias inesquecibles sobre a liberdade, a memoria e a resistencia.

Dende a biblioteca queremos renderlle unha pequena homenaxe compartindo algúns dos seus libros en diferentes idiomas.

03/06/2026

Xa sabes algo dun idioma pero non tes un título oficial?

Na nosa EOI tes a oportunidade de demostrar o teu nivel a través das probas de clasificación.

• Se estudaches pola túa conta
• Se viviches ou traballaches no estranxeiro
• Se aprendiches o idioma en academias, viaxando ou por experiencia persoal
• Se tes coñecementos pero non unha certificación oficial

As probas de clasificación permiten acceder ao curso que mellor se adapta ao teu nivel, sen necesidade de comezar desde cero.

Consulta a información completa na secretaría da escola ou na nosa páxina web.

01/06/2026

Un idioma pode cambiar moitas cousas. E unha matrícula na EOI tamén.

Xa están publicados os prazos de preinscrición e matrícula para o curso 2026/2027.

Ao matricularte na nosa escola non só accedes a un ensino público de calidade e a certificacións oficiais. Formarás parte dun centro acreditado Erasmus+, con oportunidades de mobilidade e proxectos internacionais que levan a aprendizaxe máis alá da aula.

E se aínda non coñeces a nosa biblioteca... xa estás tardando! Un espazo cheo de novelas, lecturas graduadas, películas, revistas e recursos en diferentes idiomas que, por si só, xa merece unha visita.

Ademais, estamos presentes en Monforte e na nosa sección de Chantada, para achegar a aprendizaxe de idiomas a máis persoas.

Consulta os prazos, escolle o teu idioma e prepárate para abrir unha nova porta ao mundo.

.xunta

29/05/2026

En nuestra llevamos mucho más que objetos: llevamos experiencias, ideas y aprendizajes que nos transforman (aunque nuestra bolsa viajera de la biblioteca nos acompaña siempre 😉)

Nuestra mochila está llena de:
Europa
Cooperación
Redes de contactos
Intercambio de ideas
Alfabetización digital
Seguridad y privacidad digital
Descubrimiento de paraísos naturales

Cada proyecto Erasmus+ añade nuevas herramientas, inspira nuevas formas de enseñar y aprender, y nos conecta con personas y culturas que dejan huella.

La TCA “Digital Readiness Lab: enhancing digital transformation in Erasmus+ projects” nos recordó que la innovación, la colaboración y la formación continua son claves para construir una educación más abierta, inclusiva y preparada para el futuro.

28/05/2026

O equipo Erasmus+ do centro está a formarse en Vodice (Croacia) no seminario internacional “Digital Readiness Lab: Enhancing Digital Transformation in Erasmus+ Projects”

Durante estes días, docentes de distintos países europeos comparten experiencias e estratexias para impulsar a transformación dixital nos proxectos Erasmus+, con especial atención á alfabetización dixital, o uso ético da IA e a cooperación virtual.

Unha oportunidade para seguir mellorando as nosas competencias e fortalecer proxectos educativos máis innovadores, inclusivos e sostibles.

27/05/2026

Xa temos gañadoras e gañadores do noso concurso de Black Poetry polo Día das Letras Galegas!

As persoas premiadas xa foron avisadas. Moitísimas grazas a todas e todos por participar e por compartir tanta creatividade en galego.

15/05/2026

Día das Letras Galegas 2026

Na nosa escola unímonos á homenaxe a Begoña Caamaño, unha voz imprescindible da literatura galega.

Convidámosvos a descubrir Circe ou o pracer do azul a través de tres extractos dispoñibles en diferentes linguas.

Sentimos non poder estar hoxe en cos nosos compañeiros de .

14/05/2026

Ultimo Club di Lettura B2

Chiudiamo il corso con I buoni propositi di Sabrina Gabriele.
Un ultimo incontro per condividere idee, emozioni e il piacere di leggere insieme in italiano.

Vi aspettiamo!

11/05/2026

XA ESTÁ AQUÍ A P***A EUROVISIVA DA EOI!

Cres que sabes quen gañará Eurovisión este ano? É o momento de demostralo!

Participa na nosa p***a eurovisiva, tes ata o 15 de maio para entregar as túas predicións. Haberá un pequeno agasallo para quen máis acertos consiga. (Aberto soamente ao noso alumnado)

Porque aprender idiomas tamén é vivir a cultura, compartir emocións… e discutir apaixonadamente sobre quen merecía os 12 points 😜

Douze points vont à… / Twelve points go to...


11/05/2026

Xa están publicadas as datas de exame na EOI

Revisádeas canto antes e comprobade ben o voso horario, porque a proba oral pode ser anterior á escrita.

Consultade a vosa convocatoria con calma para evitar confusións de última hora.

Traede o DNI/NIE e, se pode ser, deixade os nervios na casa (ou polo menos intentádeo 😉)

Moito ánimo e moita sorte!

https://www.edu.xunta.gal/centros/eoimonforte/

¿Quieres que tu escuela/facultad sea el Escuela/facultad mas cotizado en Monforte de Lemos?

Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Localización

Categoría

Teléfono

Dirección


Calvo Sotelo 65
Monforte De Lemos
27400

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 21:30
Martes 09:00 - 21:30
Miércoles 09:00 - 21:30
Jueves 09:00 - 21:30
Viernes 09:00 - 14:30