Ies Daviña Rey

Ies Daviña Rey

Compartir

Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de Ies Daviña Rey, Educación, Rúa Doctor Casares, 63, Monforte de Lemos.

Photos from Ies Daviña Rey's post 04/06/2026

O alumnado de 1° de bacharelato participou no Club de lectura centrado na figura de Begoña Caamaño. Nesta sesión, puxéronse na pel de Arturo, Xenebra, Morgana, Merlín ou Viviana, personaxes da obra, para analizar a visión feminina do mito artúrico que realiza a autora. Morgana é a gran protagonista desta novela, que enlaza directamente coa materia de Bretaña na literatura galega e con outros escritores galegos como Álvaro Cunqueiro.

Photos from Ies Daviña Rey's post 03/06/2026

Despedimos ao noso auxiliar de conversa, Arshad Aziz Malik, que estuvo co noso alumnado este curso. Moitas grazas por a túa implicación! Bye Bye, Arshad!

Photos from Ies Daviña Rey's post 03/06/2026

No marco do Proxecto Ríos, o alumnado de 1ESO realizou unha práctica de análise de auga doce. Estudaron as características organolépticas, o pH e a presenza de microorganismos en tres mostras diferentes de auga, entre elas unha do Río Cabe onde puideron observar a súa vida micróscopica

Photos from Ies Daviña Rey's post 01/06/2026

Marabillosa a xornada do pasado martes en Fedellos () onde descubrimos, da man de Sabela, unha formación chea de ideas, creatividade e inspiración para levar ao noso día a día. Porque xogar é aprender, experimentar e descubrir o mundo. 🧩🌱
Grazas por compartir tantos recursos e experiencias! 💛

Photos from Ies Daviña Rey's post 01/06/2026

🍂🌸☀️❄️
O alumnado de 1º CS de Educación Infantil deseñou e dinamizou unha xornada de actividades sobre as estacións cos nenos e nenas da Escola Infantil Municipal.
A través de propostas lúdico-educativas favoreceuse a experimentación, a interacción social e a aprendizaxe significativa, promovendo espazos de convivencia, comunicación e desenvolvemento socioafectivo 💛

Photos from Ies Daviña Rey's post 28/05/2026

Hoxe no clube de lectura de igualdade e diversidade tivemos unha visita moi especial. Exalumn@s do centro achegáronse a biblioteca para facer un coloquio sobre diversidade afectivo-sexual co alumnado de APSD. Traballamos terminoloxía relacionada co colectivo LGTBIQA+ e coñecemos un testemuño de transición en primeira persoa. Moitas grazas por contribuír xenerosamente á formación integral do noso alumnado 🏳️‍🌈

Photos from Ies Daviña Rey's post 28/05/2026

O martes tivemos a Manuel, xefe do distrito forestal de Monforte e arredores, falando no insti sobre a problemática dos lumes forestais 🌲🔥
Unha charla moi interesante para aprender a coidar o noso monte 💚

Photos from Ies Daviña Rey's post 28/05/2026

Unha delegación de alumnos que representaron a obra O velorio asistiu á clausura do # # Certame de teatro para Centros de ensino organizado polo Concello de Monforte. Parabéns pola magnífica representación que fixeron.

28/05/2026

Unha delegación de alumnos que representaron a obra O velorio asistiu á clausura do # # Certame de teatro para Centros de ensino organizado polo Concello de Monforte. Parabéns pola magnífica representación que fixeron.

Photos from Ies Daviña Rey's post 21/05/2026

Entre códigos, robots e grandes ideas, o talento do alumnado volveu brillar! ✨🤖💻
Así vivimos a competición de programación e robótica. Innovalab e Club de Ciencias moi presentes no Daviña!🚀

¿Quieres que tu escuela/facultad sea el Escuela/facultad mas cotizado en Monforte de Lemos?

Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Localización

Categoría

Teléfono

Dirección


Rúa Doctor Casares, 63
Monforte De Lemos
27400