22/02/2018
O IES A Pinguela na Radios Galega.
Os nosos alumnos de 3º ESO e 1º Bacharelato participaron onte cos do IES Daviña Rei na grabación na Casa da Cultura de Monforte do programa da Radio Galega "Convivir Deportivo" que se emitirá o próximo 2 de marzo, venres a partir das 9 da noite. Os profesores protagonistas foron os de Educación Física dos dous centros, Gema Gandón Bernárdez e Damián Ríos Calvar, que estiveron acompañados polos directores dos dous centros, Isaac González e Enrique Sampil. O programa estivo dirixido polo periodísta Alfonso Pardo que entrevistou ó profesorado sobre os programas deportivos e de prevención e mellora da saúde dos dous institutos e a aqueles alumnos que sobresaen nos seus correspondentes deportes, ós que tamén felicitamos desde aiquí.