30/08/2026
O vindeiro día 9 comeza o novo curso escolar 2026/2027 e como vimos anunciando tódolos anos, para as familias que o necesiten temos un servizo de garda e custodia dos menores en idade lectiva dirixido ao alumnado matriculado no CPI Mondariz, de idades comprendidas entre os 3 e os 16 anos. Este servizo foi pensado para favorecer a conciliación familiar e laboral das nais e pais, o plan madruga ou aula matinal que temos no CPI Mondariz, púxose en marcha grazas a colaboración entre a ANPA Río Tea e o Concello de Mondariz. Anotádevos ou no telefono do Anpa 624065232, na ferretería Otero.