Escola da Música Tradicional de Moaña

Escola  da Música Tradicional de Moaña A Escola da Música tradicional é un servizo público do Concello de Moaña onde podes acudir a aprender a tocar instrumentos da música galega tradicional

🎶 Este venres 28 de agosto vémonos na obriga de cancelar o concerto previsto da  .airinosdomorrazo xunto coa Escola  da ...
25/08/2026

🎶 Este venres 28 de agosto vémonos na obriga de cancelar o concerto previsto da .airinosdomorrazo xunto coa Escola da Música Tradicional de Moaña no Adro de San Martiño do Cruceiro, por causa de forza maior.

27/07/2026

Esta magnífica versión de LELA, interpretada por MÓNICA SANTIAGO e a Banda AIRIÑOS DO MORRAZO, neste gran espectáculo final da Escola da música tradicional de Moaña para pechar o Intercéltico 2026

✨️🎶 Onte puidemos asistir á última representación (polo de agora) de O CÍRCULO DAS AUSENCIAS,  a obra creada polo noso m...
01/06/2026

✨️🎶 Onte puidemos asistir á última representación (polo de agora) de O CÍRCULO DAS AUSENCIAS, a obra creada polo noso mestre, Manuel Carballo Pastoriza, para conmemorar ás mulleres nas

27/05/2026

✨️🎶 Aquí tedes un petisco musical de O CÍRCULO DAS AUSENCIAS, gravado no C.S. Rosalía Castro de Domaio. Recordade que podedes velo este domingo 31 de maio na Sala Celso Parada do C.S Daniel Castelao de Quintela.

🎶✨️ Moi boa nova para as persoas que ainda non puideron mirar O CÍRCULO DAS AUSENCIAS  das Escola da Música Tradicional ...
25/05/2026

🎶✨️ Moi boa nova para as persoas que ainda non puideron mirar O CÍRCULO DAS AUSENCIAS das Escola da Música Tradicional de Moaña, composta polo mestre MANUEL CARBALLO PASTORIZA. Haberá un novo pase o vindeiro domingo 31 de maio ás 20h na Sala Celso Parada do C.S Daniel Castelao de Quintela.

✅️✒️ Aquí vos presentamos o intenso e extenso programa das LETRAS GALEGAS 2026 en Moaña, adicado á gran Begoña Caamaño. ...
06/05/2026

✅️✒️ Aquí vos presentamos o intenso e extenso programa das LETRAS GALEGAS 2026 en Moaña, adicado á gran Begoña Caamaño. Participan todos os grupos folclóricos, coros, a Escola da Música Tradicional de Moaña e a popular UXÍA coas súas Cancións Begoñísimas.
Agardamos que vos guste e gocedes de todas as actividades programadas.

Este ano a Escola da música tradicional e a Banda Airiños Do Morrazo fan o peche oficial da A MOA e do FIM · Festival In...
08/04/2026

Este ano a Escola da música tradicional e a Banda Airiños Do Morrazo fan o peche oficial da A MOA e do FIM · Festival Intercéltico do Morrazo co espectáculo "Na Festa da Moa"

Paralelamente aos concertos do FIM, do 22 AO 26 DE XULLO CHEGA A 5ª EDICIÓN DE A MOA, a Mostra de Artesanía e Cultura Tradicional, que contará con presentacións, expositores, obradoiros, desfiles e actuacións de música e danza tradicional, organizada pola Asociación MOAÑA Antiqua e o Concello de Moaña coa colaboración de Gallaecia e a Deputación Pontevedra.

Mércores 22, 20.45 desfile e actuacións:
GAITEIROS DE MOAÑA, BREOGÁN, SOLAINA e CHARAVISCAS.

Xoves 23, 20.45 desfile e actuacións:
ARCO DA VELLA, MEIRAMAR AXÓUXERES, SALGHARITAS e SON DE NÓS.

Venres 24
18.30 OBRADOIRO DE PANDEIRETA E CUNCHAS, obradoiro con Guillerme Inácio Costa de Arredor da Tradición.*
19.30 TAPIZ 42 FIM de Alfombristas de San Martiño-Moaña, inauguración.
20.00 DANZAS DO MUNDO, obradoiro con Suso Cancelas e o grupo AS PÍAS.*

Sábado 25
12.30 OBRADOIRO DE WHISTLE, obradoiro con Anxo Lorenzo.*
20.00 OBRADOIRO BAILE GALEGO, obradoiro con Manolo Cobas e o grupo de gaitas Os Muiñeiros.*

Domingo 26
10.00 MOAÑA, PAISAXE E SON: ruta Río da Fraga, o río grande coa Fundación Legar, inscrición: WhatsApp 622 832 237.
11.30 OBRADOIRO DE ZANFONA, obradoiro con Iván Costa.*
13.00 UNTO VELLO, Actuación en sesión vermú.
17.30 OBRADOIRO DE TRÉCOLAS, obradoiro con Xavier Blanco, Fundación Legar.*
19.00 OBRADOIRO DE GAITA, obradoiro con Iván Costa.*
20.00 NA FESTA DA MOA, Escola da Música Tradicional de Moaña e a Banda Airiños do Morrazo.

*Todos os obradoiros son de balde: Os obradoiros de pandeireta, whistle, zanfona e gaita teñen cabida máxima para 25 persoas e o de trécolas para 18 persoas; celebraranse na sala de exposicións do Concello Vello e precisan inscrición previa no correo: [email protected].
Os obradoiros de Danzas do Mundo e Baile Galego celebraranse no contorno do Palco da Música.

Dirección

Centro Cultural Daniel Castelao
Moaña
36950

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Escola da Música Tradicional de Moaña publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Escuela/facultad

Enviar un mensaje a Escola da Música Tradicional de Moaña:

Atajos

Compartir

Categoría