CREATIVO RIALDARCA

CREATIVO RIALDARCA LUGAR experimental donde SER UNO MISMO, este es el objetivo. Apoyándonos en nuestra CREATIVIDAD, creciendo desde ella, para VIVIR compartiendo en LIBERTAD.

CREATIVO RIALDARCA es la semilla de una RED de PROYECTOS interconectados entre sí. Surge como lugar experimental para poner en marcha el acercamiento de distintas disciplinas CREATIVAS-TERAPEUTICAS y la invitación a participar de las mismas.

21/07/2026
17/07/2026

ESCOITA , TEMOS ALGO IMPORTANTE E TRANSCENDENTE QUE DECIR: A HORA DA VERDADE CHEGOU!!! Cada UN/UNHA que saque as suas propias conclusións... estaremos espectantes e observadores. IMOS VALORAR REACCIÓNS POLÍTICAS , VECIÑAIS E INCLUSO ...CÓMO A PRENSA LOCAL VAI A XESTIONAR ESTA INFORMACIÓN QUE ACABAMOS DE POÑER SOBRE A MESA CON ABSOLUTA TRANSPARENCIA, XENEROSIDADE E MOITO VALOR, DESPOIS DE INTENSOS MESES DE TRABALLO E INVESTIGACIÓN .
AQUÍ QUEDA ESTE COMUNICADO:

A PLATAFORMA RIAL D´ARCA PROTEXE O CORAZÓN ENCARGOU
DOUS INFORMES XURÍDICOS, BUSCANDO CÓMO PROTEXER O
ENTORNO NATURAL AMEAZADO.

Ambos son coincidentes en que mentres non se aprobe definitivamente o
instrumento de planeamento do proxecto urbanístico de residencia, o Concello de
Moaña sí pode legalmente iniciar de oficio unha modificación puntual do PXOM,
para modificar o cambio de uso de solo, de rústico a zona verde do sistema xeral.

Dende a Plataforma Rial D’arca Protexe o Corazón, manifestamos o noso estupor cara a actitude que
segue mantendo desde a alcaldía do goberno municipal de Moaña a Sra Alcaldesa Leticia Santos Paz, no
referente ao PEID “Plan Especial de Infraestructuras e Dotacións” de residencia privada na carballeira do
Monte Carrachal, o cal implicaría un impacto irreversible ao anchear e desviar o vial existente enriba do
actual sendeiro fluvial e pulmón verde de Rialdarca, tan desfrutado e querido pola veciñanza.

Despois das varias incoherencias e opacidades por parte da alcaldía nesta cuestión nos últimos meses e
que expoñeremos a continuación, da a impresión de que a Sra Alcaldesa Leticia Santos Paz está
empeñada en querer seguir favorecendo intereses privados en base a un urbanismo especulativo e
dañino para o medio ambiente.

A súa última manobra foi sacar a luz a existencia dun informe xurídico “ad hoc”/”feito a medida”
mencionado en prensa o 28 de xuño de 2026, para intentar xustificar a omisión de acción por parte do
Concello. Pero resulta que a Sra Alcaldesa Leticia Santos Paz é sabedora de primeira man, que: xa
dende fai meses na Plataforma Riald’arca Protexe o Corazón, temos dous informes xurídicos realizados
por avogados especialistas en normativa urbanística. Ambos informes son coincidentes con claridade, en
que:” O Concello de Moaña sí ten cobertura legal para iniciar de oficio unha tramitación dunha
modificación puntual do PXOM, mentres non exista unha aprobación definitiva do proxecto urbanístico
especulativo citado, o cal vai tardar anos en recorrer a tramitación pertinente”.

Os Concellos teñen competencias propias en materia de planificación urbanística, entre estas atópase a
tramitación das modificación puntuais do PXOM, as cales teñen que xustificarse en razóns de interese
xeral baixo memoria técnica. Cómpre lembrar que o ano pasado, a data de 17 de xuño de 2025, o
Concello de Moaña aprobou unha modificación puntual do PXOM para cambiar o uso do solo na finca dos
Mexicanos, para salvagardar un gran proxecto comercial en Vilela, Tirán.

Acaso quere a Sra alcaldesa Leticia Santos Paz, establecer unha política, onde ela si lle atribúe un
interese xeral para a veciñanza de Moaña o feito de salvagardar un gran proxecto comercial de grandes
franquicias en Vilela, e sen embargo, non mova un dedo para salvagardar unha carballeira, pulmón verde
e Sendeiro Fluvial de Rial D´arca de uso social por veciñanza e colectivos, nunha zona de terreos
catalogados como Zonas Verdes, incluíndo unha parcela e miradoiro do Carrachal de titularidade
pública, onde a sua defensa, conservación e posta en valor foi sempre prometida pola Sra Alcaldesa
Leticia Santos Paz nos seus discursos e programas electorais. Urxe coherencia por favor.

Se a Sra Alcaldesa Leticia Santos Paz fai bandeira tanto da defensa da sanidade pública, como dun
urbanismo responsable e ordenado, por qué non axiliza a tramitación dos terreos cedidos pola SAREB
nas Raíñas, onde o propio Concello ten unha parcela de 7.000 metros cadrados e sí podería construírse a
tan necesaria residencia pública de atención a terceira idade en Moaña, en lugar de promover por
inacción unha residencia privada e especulativa, enriba dunha carballeira e pegada a un río.
Os colectivos sociais enterámonos pola prensa deste proxecto no mes de agosto de 2025, e
empezamos a pedir explicacións. Resulta que o informe para a avaliación ambiental xa fora
entregada polo promotor no Concello de Moaña en novembro de 2024, e supostamente revisado
polos técnicos do concello en decembro de 2024 e xaneiro de 2025, e despois enviado a Xunta. Ante
a pregunta de por qué a alcaldía non avisou aos colectivos desta tramitación, a resposta foi: “ que
non se deu conta de avisar aos colectivos”.

A revisión feita polos técnicos do Concello tampouco foi mui profesional, pois o informe re-enviouse
á Xunta con varias falsidades respecto ao estudo dos valores ambientais da parcela do ámbito do
proxecto. Este informe recolle falsamente que apenas hai unhas poucas especies vexetais e
animais de escaso valor na zona e tampouco patrimonio cultural. Cando o propio Concello financiou
un estudo de catalogación de flora, onde se establece que como mínimo no Monte Carrachal e no
Sendeiro Fluvial de Rialdarca conviven 190 especies autóctonas de plantas distintas, con 23
especies de árbores autóctonas.

O propio Concello tamén financiou un estudo de patrimonio no 2023, onde se cataloga unha enorme
riqueza de patrimonio cultural, na mesma parcela do ámbito temos un muíño coas súas canles, e
nas súas proximidade 1 lavadoiro e outros 3 muíños. Ademais, por pesquisas de biólogos
colexiados e de xeito coincidente cos datos de fauna do ministerios, nesta zona conviven máis de
160 especies de animais distintas, incluíndo 5 especies de anfibios ameazados, 2 réptiles
protexidos, a anguía europea que está en perigo de extinción, e nidifican varias especies de aves
rapaces e morcegos.

Tamén nos enteramos de no mes de xuño de 2025 a Xunta abriu o período de alegacións á
avaliación ambiental deste proxecto, e nese momento o Concello non só volveu a non avisar a
ningún colectivo, senón que tampouco presentou nin unha soa alegación a este proxecto na defensa
ambiental da carballeira do Carrachal e o sendeiro fluvial de Rialdarca.

Cando nos reunimos coa Sra Alcaldesa Leticia Santos Paz en setembro de 2025, ela argumentou
que o Concello non tiña competencias nesta materia, e que non podía facer nada ao respecto. Entón
a plataforma Rialdarca protexe o Corazón consultamos a dous despachos de avogados e nestas
consultas indicoúsenos que o Concello sí tiña varias competencias propias para traballar en defensa
do espazo natural, como inciar unha tramitación de modificación puntual do PXOM.

Cando nos volvimos a reunir coa alcaldesa en novembro de 2025, explicándolle que o Concello sí
tiña claras competencias propias nesta materia, ela volveu a cambiar por enésima vez a súa versión,
aludindo que: “ supostamente non podía iniciar a tramitación da modificación puntual do PXOM, pois
xa se inicara o tramite inicial de avaliación ambiental do proxecto especulativo de residencia
privada”. Desde ese último encontro decidimos desde a plataforma, formalizar o encargo de
informes xurídicos, ambos son coincidentes en que mentres non se aprobe definitivamente o
instrumento de planeamento (proxecto urbanístico de residencia), o Concello sí pode legalmente
iniciar de oficio unha modificación puntual do PXOM, para materializar o cambio de uso de solo, de
rústico a zona verde do sistema xeral.

E urxente que se revise con moita atención as transcendentais consecuencias que unha DECISIÓN
RESPONSABLE traería consigo ao PROTEXER O CORAZÓN de este ESPAZO NATURAL do
SENDEIRO de RIAL D´ARCA. Ainda estamos a tempo de sentarnos todas as partes involucradas e
IMPLEMENTAR AS ACTUACIÓNS ADECUADAS para que este acontecemento sexa materializado
como un PUNTO DE INFLEXIÓN, dando lugar a unha CONVIVENCIA ARMÓNICA SOCIAL,
POLÍTICA, HISTÓRICA, ANTROPOLÓXICA , PATRIMONIAL E OBVIAMENTE EDUCATIVO -
MEDIOAMBIENTAL. IMPORTANTE QUE SE INICIE PARALELAMENTE A ESTA PROTECCIÓN
PROPOSTAS DE POTENCIAIS UBICACIÓNS para unha RESIDENCIA en MOAÑA , nun espacio
emblemático e óptimo.

20 ANOS POÑENDO EN VALOR.
ROTEIRO de CONFRATERNIDADE ATA MOAÑA ORIXEN polo Sendeiro Fluvial de RIAL D´ARCA.
VERÁN 2025
Foto By Adha/CREATIVA

17/07/2026

La Asociación de Veciños de Tirán emitió un comunicado en el que se posiciona «en contra del proyecto de residencia privada en el monte de O Carrachal», en Rialdarca, sumándose así a los colectivos que desde hace varias semanas piden un cambio en el PXOM que impida la ejecución de esta infr...

17/07/2026
17/07/2026

E ASÍ ACONTECE: FACER O QUE CORRESPONDE, CONFIAR E FLUIR ...COMO A AUGA DO RÍO, CARA O A - MAR!!!.

17/07/2026

Este domingo a las 10.30 horas, se realizará una jornada de limpieza en el sendero del Rialdarca, en Moaña, en conmemoración del centenario de la fuente. El punto de salida será en la desembocadura de los ríos Pontillón y Rialdarca; piden llevar sacos, botas, palas, cubos, etc. Organizan la As...

17/07/2026

🌿 𝗜𝗩 𝗘𝗡𝗖𝗢𝗡𝗧𝗥𝗢 𝗕𝗨𝗥𝗟𝗔 𝗩𝗘𝗥𝗗𝗘 | Santiago de Arcos - 𝗠𝗔𝗭𝗔𝗥𝗜𝗖𝗢𝗦 | 𝟱 𝗲 𝟲 𝗱𝗲 𝘀𝗲𝘁𝗲𝗺𝗯𝗿𝗼

Mazaricos é moito máis ca un lugar no mapa. É un símbolo.

Fronte ás minas, ás macroplantas de biogás, á eólica mariña, aos encoros e ás centrais reversibles que ameazan a terra e a auga, volvemos xuntarnos para lembrar que o territorio non é unha mercancía.

Nun tempo no que os proxectos especulativos avanzan sobre o país, a defensa da terra segue a ser unha necesidade e tamén unha responsabilidade colectiva. A provincia da Coruña coñece ben esa realidade: o intento de reapertura da mina de Touro, as macroplantas de biogás como a da Laracha, a ameaza da eólica mariña sobre os ecosistemas e os modos de vida do mar, ou a presión constante sobre montes, augas e paisaxes convertidas en mero negocio.

Porque o que está en xogo non son só espazos naturais.

✅️ Está en xogo a auga.
✅️ Está en xogo a biodiversidade.
✅️ Está en xogo o patrimonio.
✅️ Está en xogo o futuro do rural e do mar.
✅️ Está en xogo o dereito dos pobos a decidir sobre o seu territorio.

Fronte á cobiza, comunidade 💪

Fronte ao espolio, organización 💪

Fronte á resignación, esperanza 💪

Por cuarto ano consecutivo, o Burla Verde volverá ser un espazo para encontrarnos, compartir experiencias, aprender, celebrar e seguir tecendo redes entre persoas e colectivos que saben que a defensa da terra é tamén a defensa da vida.

📢 Porque non hai transición que xustifique novos sacrificios.
📢 Porque o país non se vende.
📢 Porque a terra non se rende.

📍 Santiago de Arcos - Mazaricos
📅 5 e 6 de setembro

IV Encontro Burla Verde
Seguimos. Pola defensa da terra.

🌿

Dirección

Avda Porta Do SOL 26/Meira. , PONTEVEDRA/GALICIA
Moaña
36959

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando CREATIVO RIALDARCA publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Escuela/facultad

Enviar un mensaje a CREATIVO RIALDARCA:

Atajos

Compartir

Categoría