27/08/2026
𝐈𝐍𝐅𝐎𝐑𝐌𝐀𝐂𝐈𝐎́𝐍 𝐒𝐎𝐁𝐑𝐄 𝐎 𝐀𝐏𝐀𝐆𝐎́𝐍 𝐀𝐂𝐎𝐍𝐓𝐄𝐂𝐈𝐃𝐎 𝐎 𝟐𝟓, 𝟐𝟔 𝐃𝐄 𝐀𝐆𝐎𝐒𝐓𝐎
O Concello de Mesía informa de que logo do apagón sufrido o día 25 de agosto do actual, solicitouse unha reunión coa empresa prestadora do servizo para poder achegar información á veciñanza. A dita reunión tivo lugar hoxe día 27 ás 9:00 horas.
A liña que non funcionaba daba servizo a UDESA pero non era desta compañia senón de FENOSA (UFD distribuidora de electricidade do Grupo Naturgy), habendo outra alternativa non se puido usar porque leva varios meses inoperativa, motivo polo cal pode volver a pasar.
👉Dende o concello reclamaremos a quen corresponda a garantía dun subministro eficiente e en debidas condicións como corresponde ao tempo en que vivimos, sea empresas ou Administración Autonómica competente na materia.
𝐐𝐮𝐞 𝐩𝐨𝐝𝐞𝐧 𝐟𝐚𝐜𝐞𝐫 𝐨𝐬/𝐚𝐬 𝐯𝐞𝐜𝐢𝐧̃𝐨𝐬/𝐚𝐬 𝐜𝐨𝐦𝐨 𝐮𝐬𝐮𝐚𝐫𝐢𝐨𝐬❓
UDESA pón a disposición dos usuarios/as un enlace específico na súa páxina web para a presentación de reclamacións pola incidencia dos días 25 e 26 de agosto.
Todos/as aqueles que queiran presentar unha reclamación polos danos poden acceder á este enlace https://udesa.es/peticiones e cubrir os datos no formulario de "Reclamaciones incidencias 25 y 26 de agosto de 2026". Non é obrigatorio cubrir o campo de referencia catastral e poden adxuntar os documentos que consideren oportunos (fotos, facturas, etc). É importante que adxunten a última factura ou que sinalen o CUPs correspondente (está na factura pola parte de atrás).
Lembren que todos aqueles que teñan un seguro deben darlle o código que lles chegará o email despois de presentar a reclamación a UDESA.
Para aqueles que non teñan un seguro, deben presentar igual a reclamación e un perito da empresa valorará os danos.
Dende o concello axudaremos con este trámite a aquelas persoas que o necesiten.
As reclamacións tamén poden presentarse presencialmente nas oficinas de UDESA de Santiago de Compostela.
👉Adxuntamos o comunicado que nos remitiu a empresa a petición do Alcalde para coñecemento dos/as veciños/as.
https://www.concellodemesia.gal/sites/default/files/custom/servizos/noticias/comun/docs/Comunicado_Udesa_a_Concello_7.pdf