CEIP As Covas-Meaño

CEIP As Covas-Meaño CEIP As Covas-Meaño. Colexio público do Concello de Meaño (Pontevedra, Galicia).

Este curso 2025/2026 foi o noso primeiro ano como Centro Planea, e non podemos estar máis satisfeitos/as coa experiencia...
27/06/2026

Este curso 2025/2026 foi o noso primeiro ano como Centro Planea, e non podemos estar máis satisfeitos/as coa experiencia. Para o CEIP As Covas‑Meaño, formar parte desta rede supuxo abrir unha oportunidade de ouro para afondar no vínculo entre arte e escola, superando os enfoques estritamente plásticos.
Ao longo do curso, alumnado, profesorado e familias puidemos ensanchar a nosa mirada artística, descubrir novas formas de atención e experimentar outras maneiras de aprender.

O gran motor deste proceso foi o proxecto INTERRUPTOR, deseñado por La Querencia e La Cuarta Piel. Partindo dunha escoita atenta ao centro e ás súas necesidades, propuxeron empregar a interrupción como ferramenta pedagóxica: suspender por un tempo a práctica habitual, abrir un espazo para imaxinar o imposible, practicar o absurdo, insistir no aparentemente inútil.
INTERRUPTOR converteuse así nunha primeira toma de contacto co mundo da arte contemporánea de xeito estruturado e con presencia en toda a escola.

Este primeiro ano tamén nos permitiu iniciar residencias artísticas que nos axudaron e axudarán a avanzar nun ámbito no que levabamos tempo desexando profundar: a arte como motor de pensamento e emoción.

Grazas a , Rexenerando, La Querencia, La Cuarta Piel, Fundación Daniel y Nina Carasso e a todas as persoas que fixeron posible esta aventura.

Continuamos o vindeiro curso!

Hai máis de quince anos botou a andar unha iniciativa musical sinxela chamada “Cantigas de Peto”. A idea non podía ser m...
18/06/2026

Hai máis de quince anos botou a andar unha iniciativa musical sinxela chamada “Cantigas de Peto”. A idea non podía ser máis humilde: escoller unha cantiga popular galega e cantala xuntos/as —alumnado, profesorado e familias— o último venres de cada mes, quince minutos antes de rematar a xornada.
Ao principio eran só unhas fotocopias que pasaban de man en man. Co tempo, aquelas follas convertéronse nun cantigueiro propio, pensado para acompañarnos en calquera momento e lugar.
Este curso, coincidindo coa temática do noso PDI “Raíces”, decidimos dar un pasiño máis e embarcarnos nun soño compartido: gravar un disco coas nosas cantigas.
Esta semana pechamos a fase de gravación, un proceso no que participaron alumnado, familias e profesorado, e que nos encheu de emoción e alegría ante tal novidade.
Agora tócanos agardar. Se todo vai ben, poderemos compartir o resultado final arredor do mes de setembro/outubro.
Moitos anos de vida para as "Cantigas de Peto"! Un proxecto que medra connosco e que, mes a mes, nos lembra que cantar en comunidade tamén é facer escola.
Uxía
Migallas Teatro
Asesoría de Bibliotecas escolares de Galicia

Hoxe queremos compartir con toda a nosa comunidade unha celebración moi especial. Cumprimos 10 anos de Proxectos Documen...
06/06/2026

Hoxe queremos compartir con toda a nosa comunidade unha celebración moi especial. Cumprimos 10 anos de Proxectos Documentais Integrados (PDI), un plantexamento metodolóxico que, ao longo de toda esta década, marcou unha parte importante do rumbo do noso colexio e contribuíu a conformar a nosa mirada educativa.

Para nós, os PDI non son só proxectos; son unha forma de entender a escola. Un xeito de traballar que nos compromete a todos e a todas, que arroupa o proceso de aprendizaxe e que, por enriba de todo, fomenta a participación de toda a comunidade educativa: alumnado, profesorado, familias e veciñanza.

Neste curso tan simbólico, decidimos viaxar á esencia. Baixo o fío condutor de “Raíces”, todo o colexio traballou para realizar unha homenaxe á nosa cultura, á nosa lingua e á posta en valor das nosas orixes. Para saber cara onde imos, tamén precisamos lembrar e honrar de onde vimos.

Grazas a todas as familias, veciños/as, alumnado, exalumnado e colaboradores que formastes parte desta viaxe ao longo destes 10 anos.
Seguimos, construíndo unha escola viva, conectada coa contorna e orgullosa da súa identidade. Avante!

Asesoría de Bibliotecas escolares de Galicia
Concello de Meaño

O xornal El País publica esta semana un extenso artigo sobre a nosa biblioteca escolar e como esta se articula dentro do...
12/05/2026

O xornal El País publica esta semana un extenso artigo sobre a nosa biblioteca escolar e como esta se articula dentro do proxecto de escola.
Grazas a Rodrigo Juan García polo interese nunha escola pequeniña do rural de Galicia, polo esmero e coidado á hora de trasladar a nosa realidade. Moi agradecidos!
Asesoría de Bibliotecas escolares de Galicia

En el Colegio As Covas-Meaño, en Pontevedra, la biblioteca articula el currículo, ordena la jornada y conecta lectura, oralidad, proyectos y vida en común. El resultado es una experiencia educativa en la que la pregunta, la colaboración y la autonomía son parte cotidiana del aprendizaje.

14/03/2026
O vindeiro xoves, 5 de marzo, ás 16:30 h, realizaremos na escola unha Xornada de Portas Abertas dirixida a todas as fami...
19/02/2026

O vindeiro xoves, 5 de marzo, ás 16:30 h, realizaremos na escola unha Xornada de Portas Abertas dirixida a todas as familias que estean interesadas en coñecer de preto o noso proxecto educativo, visitar as instalacións e resolver calquera dúbida sobre o proceso de admisión para o vindeiro curso.

Durante esta visita, teredes a oportunidade de coñecer os espazos da escola, descubrir a nosa metodoloxía de traballo e charlar directamente con nós. O noso obxectivo é mostrarvos de primeira man como traballamos e facilitarvos toda a información que precisedes neste proceso.

Agardámosvos!

Rematado xa o Entroido, queda en nós o eco dunha celebración que, un ano máis, serve de limiar para a chegada da primave...
18/02/2026

Rematado xa o Entroido, queda en nós o eco dunha celebración que, un ano máis, serve de limiar para a chegada da primavera. Malia que a meteoroloxía non foi a máis favorable nestas datas, a comunidade educativa soubo sobrepoñerse con entusiasmo.
Esta edición foi especialmente significativa pola nosa firme aposta por un Entroido vencellado á tradición galega, unha forma de entender a festa que este ano se viu enriquecida coa estrea de dúas figuras emblemáticas: o Galo da Mezquita e a Mázcara de Manzaneda, que veu acompañada polo son e a forza do seu folión.
Nada disto tería sido posible sen a implicación desinteresada de moitas persoas; por iso, queremos facer chegar o noso agradecemento a todas as nais, pais, mestres e veciños/as que botaron unha man e achegaron o seu esforzo para que esta celebración fose un éxito.
Grazas a toda a colaboración recibida, seguimos mantendo viva a nosa identidade.
Avante!

"Imos cantar as xaneiras 2025".Un ano máis cumprimos coa tradición e saímos da escola para cantar e desexar unhas boas f...
21/12/2025

"Imos cantar as xaneiras 2025".
Un ano máis cumprimos coa tradición e saímos da escola para cantar e desexar unhas boas festas aos veciños e veciñas de Meaño e as súas parroquias. Grazas a todas e todos as/os que nos acompañastes durante o recorrido. Grazas á veciñanza de Meaño por deixarnos cantar nas súas casas.
Saúde e cante o melro!

O noso centro vén de ser seleccionado como Centro Planea, unha iniciativa estatal que impulsa a educación artística como...
29/11/2025

O noso centro vén de ser seleccionado como Centro Planea, unha iniciativa estatal que impulsa a educación artística como motor de participación, pensamento crítico e transformación social.
Durante os próximos tres cursos desenvolveremos un proxecto artístico de longo percorrido no que contaremos con artistas residentes que traballarán directamente co alumnado, profesorado e familias. Unha experiencia única para explorar e experimentar con novas linguaxes.
Xunto co CEIP de Barouta-Ames, somos as dúas únicas escolas galegas incorporadas este ano á rede como "Centros Planea".
Será sen dúbida unha maneira poderosa de mirar, pensar e interpretar o mundo.

Dirección

Rúa Herminia Fariña S/N
Meaño
36968

Horario de Apertura

Lunes 09:10 - 14:10
Martes 09:10 - 14:10
16:00 - 18:30
Miércoles 09:10 - 14:10
Jueves 09:10 - 14:10
Viernes 09:10 - 14:10

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando CEIP As Covas-Meaño publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría