25/07/2026
25 de xullo, Día de Galicia
Porque Galicia non é só hoxe. Galicia é cada ensaio, cada fouliada, cada pandeireta que soa e cada paso de baile.
É a nosa lingua, a nosa música, a nosa cultura e a memoria de quen nos precedeu. É tamén a responsabilidade de mantela viva e transmitila, porque un pobo que esquece as súas raíces perde parte da súa identidade.
Hoxe celebramos Galicia. Pero nós escollemos facelo os 365 días do ano, defendendo e compartindo o noso patrimonio con orgullo.