Móllate coa Lingua

Móllate coa Lingua Cantas cousas podes facer coa túa lingua? Seguro que máis das que pensas.

Móllate coa lingua é o blog do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüísticas do CPI Terras de Maside (Maside, Ourense).

26/07/2017

Toma nota de todos os artesáns de instrumentos tradicionais que teremos este ano na Mostra, e non perdas a oportunidade de ver de preto o seu traballo!!

20/07/2017
20/07/2017
15/07/2017

O 15 de xullo de 1885, aos 48 anos de idade, morre na Casa da Matanza-Padrón, Rosalía de Castro. No certificado de defunción consta: “…a consecuencia de una degenaración cancerosa del útero”. É soterrada o día 16, en Iria Flavia, no cemiterio de Adina. O 25 de maio de 1891 foi exhumado o seu cadáver e levado solemnemente a Santiago, onde foi sepultado ao día seguiente no mausoleo feito polo escultor Jesús Landeira, sito na capela da Visitación do Convento de San Domingos de Bonaval, hoxe Panteón de Galegos Ilustres.
http://almanaquedasirmandades.gal/…/traslado-dos-resto…/all/
http://almanaquedasirmandades.gal/…/primeiro-te…/2016-11-24/
http://almanaquedasirmandades.gal/efemer…/dia-de-rosalia/…/…

09/07/2017

Quando estamos doentes, temos direito a ser atendidas em galego.
E quando casamos.
E quando divorciamos.
E quando estudamos.
E se formos a tribunal.
E á polícia.
E quando pagamos impostos.
E se um dia tivermos um filho.
Ou uma filha.
Ou se nom tivermos.

E quando morrermos.

Também.

Quando morrermos, também.

Temos direito.

07/07/2017

Cheikh Fayé (Gade Escale, Senegal, 1962) era mestre en Dakar antes de emigrar feitos os corenta. Entrou en Europa como turista, logo foi ilegal e desde hai un tempo espera a nacionalidade. É unha desas persoas as que o Estado define “en situación de exclusión social”. E desde aí escribe. Primeiro un...

Galiza.Como Costanza (Garabás, Maside)
07/07/2017

Galiza.
Como Costanza (Garabás, Maside)

Un recente artigo en Sermos Galiza do historiador Anselmo López Carreira sobre o “caos normativo” levantou polémica nas redes sociais. Hoxe, o noso colaborador Eduardo Maragoto achega a súa posición

05/07/2017

"Irmáns: Fuxide sempre dos parvos. Non vos arrimedes a eles, porque poden roubarvos algo da vosa razón e transmitirvos a súa parvada. Deixádeos falar, danzar e medrar no seu mundo. E se algún parvo chega a ser autoridade non mostredes asombro, porque son cousas do sistema que combatemos e dos tempos en que nos cadrou vivir." (Castelao. Sempre en Galiza)

Irmãs, igual igual. Só que máis vezes.

Descansem no verão.

29/06/2017

OZOCOgz entregou esta fin de semana en Pazos de Arenteiro (Boro...

29/06/2017

Gravado, mesturado e masterizado por Iago Pico en Pousada Son Studios. Letra por Garchu, Pirola e Petrowski. Instrumental por Petrowski e Underclock. Trompet...

29/06/2017

A Asociación Cultural Xermolos de Guitiriz vén de recoñecer ás mozas e mozos da Regueifesta co premio do Certame Terra Chá na categoría de música. É para nós unha honra transmitirvos este recoñecemento, conseguido grazas ao traballo do alumnado de toda Galiza que está a participar no Proxecto e, especialmente, ao esforzo dos alumnos e alumnas do IES Marco do Camballón das Cruces e do IES Maximino Romero de Lema de Baio. Viva o Festival de Pardiñas! Viva a xente nova da Regueifesta!....

Anexo: Comunicación do Premio:

Estimadas mozas e mozos da Regueifesta,

A asociación xuvenil Xermolos de Guitiriz decidiu premiar no ###VIII Certame Terra Chá o proxecto Regueifesta na categoría de música.

O vindeiro 6 de agosto ás 19:00 farase a entrega de premios no palco principal do Festival de Pardiñas, no Balneario de Pardiñas en Guitiriz. Nese mesmo palco tocará tamén o grupo Vintenbaio e por suposto poderedes botar algunha regueifa á hora da entrega de premios.

Parabéns polo voso traballo e polo premio.
Un saúdo, Asociación Xuvenil Xermolos,
www.xermolos.org

As fotografías premiadas no primeiro concurso de Fotopalabras 2017 son: Lembranza - Elena Sánchez - 1ºBAC - IES Carlos C...
29/06/2017

As fotografías premiadas no primeiro concurso de Fotopalabras 2017 son: Lembranza - Elena Sánchez - 1ºBAC - IES Carlos Casares - Viana do Bolo Regato - Anxo Pérez - 2ºESO - CPI Terras de Maside Floración - Meadow Bos - 2ºESO - CPI Terras de Maside Toxo - Lucía Bueno - 2ºESO - CPI Terras de Maside Luscofusco - Candela Pereira - 2ºESO - CPI Terras de Maside Parabéns!

https://mollatecoalingua.wordpress.com/2017/06/29/premiado-no-primeiro-concurso-de-fotopalabras-2017-cpi-terras-de-maside/

As fotografías premiadas no primeiro concurso de Fotopalabras 2017 son: Lembranza – Elena Sánchez – 1ºBAC – IES Carlos Casares – Viana do Bolo Regato – Anxo Pérez & #82…

Dirección

Maside
Maside

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Móllate coa Lingua publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Escuela/facultad

Enviar un mensaje a Móllate coa Lingua:

Atajos

Compartir

Categoría