🗺️ Excursión Fin de Curso 🫶🏼
CEIP DA LAXE
CEIP DA LAXE (MARÍN) CENTRO DE EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA CENTRO EDUCATIVO 3-12 ANOS
18/06/2026
🎒✨ Excursión Fin de Curso ✨🎒
Hoxe puxemos o broche final ao noso PDI "Sentinelas do Legado" cunha fantástica visita ao Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro 🏞️
Ao longo da xornada participamos en diferentes actividades que nos permitiron viaxar no tempo:
🏺 Obradoiros de cerámica prehistórica.
🎨 Obradoiros de pintura inspirada na arte rupestre.
🧩 Ximcana chea de retos e descubrimentos.
👣 Visita guiada polos petróglifos e espazos do parque.
🔥 E ata aprendemos como se facía lume na Prehistoria!
Foi unha xornada de convivencia, aprendizaxe e diversión coa que pechamos as saídas deste curso, reforzando todo o traballado arredor do noso patrimonio e da nosa historia.
🙏 Grazas a nosa Anpa Do Ceipp Da Laxe por facelo posible
17/06/2026
✨ 𝔾𝕣𝕒𝕕𝕦𝕒𝕔𝕚ó𝕟 𝟞º 🎓
Esta semana no CEIPP da Laxe estamos a pechar etapas, celebrar logros e gardar na memoria momentos que permanecerán para sempre.
Onte foi a quenda dos nosos Sentinelas do Legado que rematan a súa etapa en Primaria despois de anos compartindo aprendizaxes, aventuras, esforzos e emocións.
Levades convosco todo o aprendido e os valores que vos acompañaron durante este camiño. Agora toca seguir explorando novos horizontes, con ilusión, confianza e a certeza de que estades preparados para o que está por vir.
Moita sorte no voso camiño e lembrade que o CEIPP da Laxe será sempre a vosa casa.
Parabéns! 🫶🏻✨
Hoxe puxemos o broche final aos nosos Laxeversos cunha sentinela moi especial: a mestra Yoli, que nos contou o álbum "Non é unha caixa, é unha cidade".
Por equipos creamos as nosas propostas e, compartindo ideas e materiais, fomos construíndo unha gran cidade en comunidade.
Grazas, profe Yoli, por acompañarnos nesta última aventura lectora e por lembrarnos que xuntos podemos construír moito máis 💛📚
11/06/2026
Hoxe, con motivo do Día Internacional do Xogo, celebraremos o noso último Laxeverso do curso. Para a ocasión, contaremos coa visita dunha sentinela moi querida, a mestra Yoli.
Agardámosvos!
📍Biblio do CEIP Plurilingüe da Laxe
⏰ De 16:00 a 17:00.
Onte celebramos a nosa IV Mostra Laxeira: Sentinelas do Legado, unha xornada para compartir coa nosa comunidade educativa unha pequena escolma de todo o traballo desenvolvido ao longo deste curso.
Baixo o título "E ti de quen vés sendo?" e o lema "Sentinelas do legado: coñecendo o pasado, construíndo o futuro", o alumnado converteuse en narrador e gardián do noso patrimonio, compartindo todo o traballo desenvolvido arredor da identidade persoal e colectiva, da memoria oral e do patrimonio cultural, material e inmaterial de Marín e Galicia.
Unha oportunidade para aprender a mirar o mundo con respecto, espírito crítico e compromiso coa diversidade, coa comunidade e coa conservación do noso patrimonio.
Hoxe compartimos con orgullo unha pequena mostra deste camiño. Grazas a todas as persoas que o fixestes posible. 🤍
04/06/2026
✨ A piques de celebrar a nosa IV Mostra Laxeira!
🗓️ 9 xuño 2025
📍 CEIP Plurilingüe da Laxe
Agardámoste!
29/05/2026
📚✨ Grazas por todo, Melanie! ✨📚
Chega o momento de despedirnos de Melanie, a nosa auxiliar de conversa procedente dos Estados Unidos 🇺🇸, que nos acompañou durante todo este curso en Infantil e Primaria.
Ao longo destes meses compartiu coñecementos, cultura, entusiasmo e moita enerxía positiva, axudando a que o noso alumnado mellorase a súa competencia oral en inglés e se achegase un pouquiño máis ao mundo anglosaxón.
Foi un pracer enorme contar contigo no día a día do centro.
Thank you for everything, Melanie. Good luck! ❤️
28/05/2026
Entre fíos, palillos e conversa compartida vivimos unha xornada especial.
O obradoiro de palilleiras a cargo da Asociación Bolymar deixounos momentos fermosos, aprendizaxes e, sobre todo, ganas de seguir mantendo viva unha tradición que pasa de man en man.
Grazas Conchi e Esther 🤍
Premio en igualdade para o noso 4º de EP! 🎉
O alumnado de cuarto acaba de conseguir un recoñecemento no certame “E ti, que pensas da igualdade?” da
Ata a Lanzada achegámonos a recoller o premio nunha fantástica xornada de convivencia e celebración con outros centros da contorna.
Noraboa a todos os coles premiados! 💜
Grazas a
E parabéns ao noso 4°! 🎉
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.
Localización
Categoría
Página web
Dirección
República Arxentina, 40
Marín
36900
Horario de Apertura
| Lunes | 09:00 - 14:00 |
| Martes | 09:00 - 14:00 |
| 16:00 - 18:30 | |
| Miércoles | 09:00 - 14:00 |
| Jueves | 09:00 - 14:00 |
| Viernes | 09:00 - 14:00 |