24/07/2025
🌟Hai encontros que marcan un antes e un despois, e o curso de Máscara Neutra impartido estés días por Mar Navarro dentro da foi un deles.
Foron días de investigación, de abrir portas a novas maneiras de estar en escena, de descubrir o silencio e a presenza dende outro lugar.
Mar compartiu connosco a súa enorme experiencia e un xeito de ensinar cheo de humanidade e precisión, inspirándonos en cada exercicio. Brindounos a súa xenerosidade, entrega e sensibilidade, permitíndonos descubrir novas ferramentas, emocións e linguaxes escénicas que lembraremos sempre.
E é por iso, que, dende a Escola Galega de Clowns, queremos expresar o noso máis grande e sincero agradecemento á marabillosa Mar Navarro e, como non,
un agradecemento inmenso tamén á MIT por facelo posible e por suposto a cada alumna e alumno que puxeron o corazón e o corpo neste proceso.Sen vos, isto non sería posible.
‼️ Grazas Mar, grazas MIT, e grazas a todo o alumnado por facer desta unha experiencia inesquecible para todos nós. ❤️🎭
Seguiremos creando, xogando e aprendendo. 🎭💙🤡‼️