IES San Mamede

IES San Mamede Institulo de Educación Secuntaria de Maceda. Páxina oficial de Facebook do IES San Mamede (Maceda) -Ourense-

Publicados os calendarios dos exames finais de FP e Bacharelato correspondentes ás convocatoria finais de xuño de 2025.
25/05/2026

Publicados os calendarios dos exames finais de FP e Bacharelato correspondentes ás convocatoria finais de xuño de 2025.

Publicados os calendarios dos exames finais de FP e Bacharelato correspondentes ás convocatoria finais de xuño de 2025.

Hoxe o alumnado de 3⁰ESO percorreu os distintos locais da vila con motivo da Campaña para o fomento da lingua galega no ...
22/05/2026

Hoxe o alumnado de 3⁰ESO percorreu os distintos locais da vila con motivo da Campaña para o fomento da lingua galega no comercio local, acompañado polas profes Charo e Chus.

Nesta ocasión, entregáronse rolos de cinta adhesiva coa lenda "Apégate ao galego", elaborados polo departamento de normalización lingüística do IES.

Grazas unha vez máis pola iniciativa!

galego

Onte tivo lugar un obradoiro dirixido a 2⁰ESO para a sensibilización sobre a diversidade funcional e o acoso escolar, qu...
22/05/2026

Onte tivo lugar un obradoiro dirixido a 2⁰ESO para a sensibilización sobre a diversidade funcional e o acoso escolar, que facilitará que a xuventude desenvolva unha serie de actitudes co fin de promover a empatía, a asertividade, a protección da igualdade de dereitos, a non marxinación, o respecto á diferenza e a inclusión de tódalas persoas.
Foi unha actividade impartida pola Asociación LIMISI de Xinzo de Limia. Moitas grazas por todo, e unha vez máis, agradecer ao orientador Luis a organización!

"Co galego no corazón facemos revolución" ❤️✊ Este foi o lema elixido este ano para reivindicar a nosa lingua!O alumnado...
20/05/2026

"Co galego no corazón facemos revolución" ❤️✊ Este foi o lema elixido este ano para reivindicar a nosa lingua!

O alumnado de 1⁰ de ESO, acompañado polas profes de galego Chus e Charo, acudiu, unha vez máis, á cita co Correlingua en Ourense.

Desfrutamos dunha xornada chea de música, xogos e moita diversión co obxectivo de impulsar á nosa mocidade a vivir en galego. 🎶🎉

Moitas grazas por participar!

https://www.iessanmamede.com/axudas-libros-2026/A Consellería de Educación publicou a convocatoria de participación no f...
19/05/2026

https://www.iessanmamede.com/axudas-libros-2026/

A Consellería de Educación publicou a convocatoria de participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso 2026/2027.

A convocatoria inclúe tres modalidades de axuda:

- Fondo solidario de libros de texto para alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º da ESO.
- Axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado de Educación Especial.
- Axudas para adquirir material escolar para alumnado de ESO e Educación Especial en centros sostidos con fondos públicos.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 19 de xuño de 2026 (incluído).

Convocadas as axudas para libros de texto e material escolar do curso 2026/2027 en Galicia. O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 19 de xuño de 2026.

Por fin chegou o día tan esperado! 🎓O xoves pasado despedimos, un ano máis, ao alumnado de 2⁰ de Bacharelato cun acto qu...
18/05/2026

Por fin chegou o día tan esperado! 🎓

O xoves pasado despedimos, un ano máis, ao alumnado de 2⁰ de Bacharelato cun acto que non só premia o seu esforzo, senón tamén o apoio incondicional das familias e a dedicación de todo o profesorado do centro.

Grazas por camiñarmos xuntos! 👋💼

Moitos parabéns, graduados! Sodes o noso maior orgullo e estamos seguros de que ides lograr todo o que vos propoñades. Moitísima sorte na nova etapa que comeza!

Desfrutade o Día das Letras Galegas! Compartimos a produción textual que fixo o alumnado de  1° ESO onde se traballaron ...
17/05/2026

Desfrutade o Día das Letras Galegas!
Compartimos a produción textual que fixo o alumnado de 1° ESO onde se traballaron os mitos e lendas nas dúas obras de Begoña Caamaño: Morgana en Esmelle e Circe e o pracer do azul.
Ademais fixeron un podcast da obra de teatro Uuu_uuu, Begoña de An Alfaya, que pronto compartiremos.
Que as Letras Galegas enchan todos os nosos días!

📸 O cinema como ferramenta de cambio no noso instituto!Compartimos unha escolma das mellores imaxes da xornada do pasado...
10/05/2026

📸 O cinema como ferramenta de cambio no noso instituto!

Compartimos unha escolma das mellores imaxes da xornada do pasado martes. No marco do programa "Cinema con perspectiva", o noso alumnado mergullouse na creación dunha curtametraxe con un obxectivo claro: desmontar os estereotipos sexistas que persisten nas narrativas audiovisuais. 🎬💜

Máis alá da técnica cinematográfica, esta actividade de elaboración audiovisual serviu para fomentar a coeducación e o sentido crítico fronte ao que consumimos nas pantallas. Porque educar a mirada é o primeiro paso para construír unha sociedade máis igualitaria. 👁️✨

Grazas a todos e todas pola vosa implicación creativa e unha vez máis ao noso orientador Luis por organizalo e estar pendente para que todo saíse ben!

📚📖 Tarde de "Tertulias Literarias"Unha semana máis, o noso alumnado do club de lectura, acompañado polas profesoras de g...
30/04/2026

📚📖 Tarde de "Tertulias Literarias"

Unha semana máis, o noso alumnado do club de lectura, acompañado polas profesoras de galego Chus e Charo, achegouse ata o Liceo de Ourense para participar nos "Faladoiros".

Nesta ocasión, a sesión virou arredor do libro “1000 cosas” de Juan Tallón.

Grazas a todos e todas por compartir estes momentos e seguir desfrutando da lectura!

📷 Mentorías individualizadas no noso centro! No marco do Programa Edureferentes, 5 alumnos/as están a recibir orientació...
30/04/2026

📷 Mentorías individualizadas no noso centro! No marco do Programa Edureferentes, 5 alumnos/as están a recibir orientación personalizada para o seu futuro profesional.
Contamos coa mentoría de Susana Pérez Crespo, profesional de referencia que está a acompañalos na identificación das súas habilidades e intereses.
Unha aposta firme pola igualdade de oportunidades e o coñecemento de referentes femeninos.
Moitas grazas, Susana, e Luis orientador por organizalo!

Dirección

Rúa Do Castelo N 3
Maceda
32700

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 13:00
Martes 09:00 - 14:00
Miércoles 09:00 - 14:00
Jueves 09:00 - 14:00
Viernes 09:00 - 14:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando IES San Mamede publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Escuela/facultad

Enviar un mensaje a IES San Mamede:

Atajos

Compartir

Categoría