Colexio Fingoi

Colexio Fingoi COLEXIO FINGOI, UNHA PREPARACIÓN PARA A VIDA. UNHA EDUCACIÓN LAICA. A tradición en innovación.

O Colexio Fingoi fundado no ano 1950 por Antonio Fernández López, acolléndose á Lei de Centros Experimentais que permitía poñer en marcha unha serie de reformas de tipo pedagóxico. Nos Estatutos deixa deseñado un Modelo Pedagóxico centrado nos Ciclos da Natureza, científico, de coeducación, de ensino globalizado e personalizado, natural, experimental e experiencial que require dun profesorado implicado e comprometido coa reflexión sobre a práctica para ir dando resposta ás diferenzas individuais e ás novas necesidades e retos educativos de cada momento con afán innovador. O Colexio formaba parte dun proxecto cultural máis amplo, o denominado "Centro de Estudos Fingoi", onde se concedían bolsas para investigación e estudo da Cultura Galega. Para dignificar a Cultura Galega e introducila na Escola, desde os años corenta organizou Cursos de Formación para Mestres/as Rurais. Hoxe conta tamén cunha ampla oferta de Actividades para unha educación alternativa, que dentro dun ensino democrático respecta todas as culturas e manifestacións artísticas, coma a Granxa- Escola de Barreiros, coma un proxecto de educación ambiental cunha ampla experiencia e o Centro de Música Fingoi, cun proxecto alternativo, para todas as idades, que fai que os nosos alumnos aprendan, se desenvolvan a través de música, vivíndoa, disfrutándoa e participación continua en concertos, audicións, etc.

Mostrámosvos as actividades extraescolares para o curso 2026-27! 🎶⚽️🏀🇩🇪🎨🥋🏹🏸Lembrade que están abertas tamén para público...
25/09/2026

Mostrámosvos as actividades extraescolares para o curso 2026-27! 🎶⚽️🏀🇩🇪🎨🥋🏹🏸

Lembrade que están abertas tamén para público externo ao colexio.

As inscricións comezan en SETEMBRO e as actividades en OUTUBRO! ⏳✨

10/07/2026

💦 Hoxe rematou a terceira e derradeira semana desta nova edición do Verán Fingoi, un ano dedicado ao universo e o espazo co gallo do eclipse solar que viviremos este verán en Galicia !

💦 Foi unha semana chea de emocións e diversión, a pesar das altas temperaturas: experimentos no patio e no laboratorio de física e química; excursións e saídas pola contorna; piscina e xogos de auga; ioga e bosque; obradoiros temáticos sobre astronomía e astroloxía cos profes do cole; talleres propios de pulseiras; comida rica; xogos; risas...

💦 Un ano máis remata e un ano máis despedímonos con moito agradecemento ás familias que confiaron en nós para este inicio de verán.

💦 Felices vacacións e vémonos o ano que vén !!!

07/07/2026

Compartimos con vós o quinto testemuño da serie , un conxunto de vídeos moi especiais que fomos recabando grazas á colaboración dalgúns exalumnos e exalumnas que, tan amable e cariñosamente, quixeron enviar as súas lembranzas.

Grazas de corazón, Adela, por compartir as túas memorias no cole e as túas sabias palabras.

Estes vídeos forman parte da exposición “Fingoi: 75 anos educando para a vida”, mostra que protagonizou a celebración do noso 75º aniversario o pasado 30 de maio.

Mostrámosvos as actividades extraescolares para o curso 2026-27! 🎶⚽️🏀🇩🇪🎨🥋🏹🏸Lembrade que tamén están abertas para público...
06/07/2026

Mostrámosvos as actividades extraescolares para o curso 2026-27! 🎶⚽️🏀🇩🇪🎨🥋🏹🏸

Lembrade que tamén están abertas para público externo ao colexio.
As inscricións comezan en setembro e as actividades en outubro.

Hoxe rematou a segunda semana do Campamento Verán Fingoi, unha edición dedicada ao universo e o espazo que está a ser do...
03/07/2026

Hoxe rematou a segunda semana do Campamento Verán Fingoi, unha edición dedicada ao universo e o espazo que está a ser do máis divertida ✨

Estes días fixemos de todo:

✨Teatro de sombras con formas de astros e planetas.
💫 Xogamos coas mesas de luces e falamos dos cometas e os eclipses.
👩‍🍳 Construimos fornos solares e verificamos que funcionaban cociñando neles.
🧘‍♀️🌳 Practicamos ioga no noso fabuloso bosque.
🌊 Fumos desfrutar da Praia Fluvial de Begonte.
🎶 Tivemos obradoiros de música, baile e arte.
🖼️ Creamos reloxos solares e logo fumos ver exemplos reais ao Museo Provincial de Lugo.
🔫 Tivemos xincana e xogos de agua no patio…

…. e risas, e risas e risas! 💜🙌🏻

A semana que vén - xa a última - máis!

Deica o luns, astronautas 🧑‍🚀🚀

O pasado 19 de xuño tivo lugar en Santiago de Compostela a entrega dos Premios MEGAU, un recoñecemento aos mellores expe...
02/07/2026

O pasado 19 de xuño tivo lugar en Santiago de Compostela a entrega dos Premios MEGAU, un recoñecemento aos mellores expedientes da fase xeral da Proba de Acceso á Universidade, entre os que estaban os nosos alumnos: Carlota López, Sara Seral, Alicia Fernández, Xes Fernández, Candela Bande e Marta Lage.

Noraboa, chicxs, sempre orgullosxs do voso esforzo e constancia e os éxitos que conlevan ✨🎓


30/06/2026

Compartimos con vós o cuarto testemuño da serie , un conxunto de vídeos moi especiais que fomos recabando grazas á colaboración dalgúns exalumnos e exalumnas que, tan amable e cariñosamente, quixeron enviar as súas lembranzas.

Grazas de corazón, Emma, por compartir a túa experiencia e polo teu cariño ao cole.

Estes vídeos forman parte da exposición “Fingoi: 75 anos educando para a vida”, mostra que protagonizou a celebración do noso 75º aniversario o pasado 30 de maio.

Hoxe rematou a primeira semana do Verán Fingoi, dedicado este ano ao universo e o espazo.Días cheos de sol e calor que c...
26/06/2026

Hoxe rematou a primeira semana do Verán Fingoi, dedicado este ano ao universo e o espazo.

Días cheos de sol e calor que combatemos con auga, xogos, traballos manuais e ioga "espaciais"... ademais de saídas súper divertidas pola contorna da cidade.

Quedan aínda 2 semanas máis!!!

Vémonos o luns, astronautas.

23/06/2026

Compartimos con vós o terceiro testemuño da serie , un conxunto de vídeos moi especiais que fomos recabando grazas á colaboración dalgúns exalumnos e exalumnas que, tan amable e cariñosamente, quixeron enviar as súas lembranzas.

Grazas de corazón, Olalla, de por esta linda mensaxe e polas túas fermosas palabras.

Estes vídeos forman parte da exposición “Fingoi: 75 anos educando para a vida”, mostra que protagonizou a celebración do noso 75º aniversario o pasado 30 de maio.

Visita a Lugdunum Lucus 🏺✨Esta semana, as nenas e nenos de Infantil visitaron o campamento castrexo de Lugdunum .lucus n...
19/06/2026

Visita a Lugdunum Lucus 🏺✨

Esta semana, as nenas e nenos de Infantil visitaron o campamento castrexo de Lugdunum .lucus no Parque de Rosalía de Castro.

Ademais de coñecer o seu asentamento, aprenderon como eran as casas dos antigos habitantes de Lugo e descubriron un pouco máis sobre a nosa historia.

A castrexa Noa contounos un conto e o druida propúxonos unha misión moi especial: atopar unhas pedras máxicas. E cando as encontramos… coa súa variña transformounas en deliciosos caramelos máxicos! ✨

Unha experiencia chea de aprendizaxe, imaxinación e diversión. Viva o Arde Lucus!

Dirección

Aviación Española Nº 37
Lugo
27002

Horario de apertura

Lunes 09:00 - 19:00
Martes 09:00 - 19:00
Miércoles 09:00 - 19:00
Jueves 09:00 - 19:00
Viernes 09:00 - 19:00

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Colexio Fingoi publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría