EASD Ramón Falcón Lugo

EASD Ramón Falcón Lugo ESCOLA DE ARTE E SUPERIOR DE DESEÑO RAMÓN FALCÓN DE LUGO

Escola luguesa onde podes cursar estudos de Deseño Gráfico, Deseño de Interiores, Fotografía Artística, Cerámica Artística, Serigrafía e Gravado.

Relatorio con Siro López Siro🗓️ Martes 13 de Outubro🕒 17:00h📍Salón de actos da EASDRF👥Dirixido a o alumnado de ilustraci...
08/10/2026

Relatorio con Siro López Siro
🗓️ Martes 13 de Outubro
🕒 17:00h
📍Salón de actos da EASDRF
👥Dirixido a o alumnado de ilustración e ata completar aforo.

Non perdas a oportunidade!! 😊

Hoxe queremos recordarvos dous certames fotográficos que está a piques de pechar inscripcións:- Por unha banda, o certam...
06/10/2026

Hoxe queremos recordarvos dous certames fotográficos que está a piques de pechar inscripcións:
- Por unha banda, o certame fotográfico Kósima Lamas que pecha o 15 de outubro
- ⁠O Concurso de fotografía Xuvenil Ruando Lugo pecha inscripcións este domingo 11 de outubro.

O concurso Ruando, ademais dos premios, conleva unha exposición que se inaugurará en novembro na Escola Ramón Falcón e que estará durante dous meses na súa Sala de Exposicións.

Esta actividade forma parte, ademais, do RuandoPhotoFest26, do que acabamos de coñecer gran parte do programa.

RuandoPhotoFest26 se celebrará en Lugo durante novembro e decembro de 2026 e estará centrado na fotografía de rúa e documental.

O programa combinará exposicións en diferentes espazos de Lugo, con fotógrafos e proxectos de fotografía de rúa e documental, así como masterclasses, charlas e obradoiros con fotógrafos e profesionais como Jota Barros, Orietta Gelardin, Iñaki Izquierdo ou Susana Álvarez de Neira Kappler. Tamén haberá photowalks para percorrer Lugo e traballar a fotografía de rúa directamente no espazo urbano, actividades arredor do fotolibro, o fanzine e a autoedición, incluído un obradoiro de fotozine e unha feira de fotolibros e fanzines, e outras propostas máis experimentais, como unha filmersión, na que as persoas participantes viven unha experiencia de ficción en espazos reais.

En resumo, é un festival que combina exposicións, formación, participación e creación fotográfica, con especial atención á fotografía de rúa e á relación entre fotografía e espazo urbano.

Tedes toda a info dispoñible en colectivoruando.org

O deseño non só se aprende nas aulas, tamén se vive e se aprende desde dentro.O alumnado de cuarto curso de Deseño de In...
02/10/2026

O deseño non só se aprende nas aulas, tamén se vive e se aprende desde dentro.

O alumnado de cuarto curso de Deseño de Interiores realizou unha visita moi especial ao estudo Wabisabi Studio | Interiorismo y diseño.

Durante a xornada, Alba, Antía e Emilse abríronnos as portas do estudo para achegar aos nosos estudantes á realidade da profesión dunha maneira próxima e moi sincera. Este tipo de experiencias son fundamentais para a súa formación e o seu futuro profesional.

Queremos dar as grazas enormemente a todo o equipo de Wabisabi Studio | Interiorismo y diseño por colaborar sempre coa escola, pola súa total proximidade e por regalar aos nosos alumnos unha visión tan auténtica que, sen a súa axuda, sería imposible transmitir na aula.

Grazas por sumar sempre!

Estamos ledos de compartir esta imaxe, a nosa alumna de fotografía 🦝 disfrutando da súa bolsa impulsada pola Fundación M...
01/10/2026

Estamos ledos de compartir esta imaxe, a nosa alumna de fotografía 🦝 disfrutando da súa bolsa impulsada pola Fundación MOP, no Royal College of Art en Londres.

MMoitosparabéns!

María Vitoria Carballo-Calero, profesora, historiadora, catedrática emérita e académica da Real Academia Galega de Belas...
17/09/2026

María Vitoria Carballo-Calero, profesora, historiadora, catedrática emérita e académica da Real Academia Galega de Belas Artes, volveu á Escola Ramón Falcón, da que foi primeira directora, para explicarnos a colección de arte do Parlamento de Galicia e convidarnos a visitala a coñecela de primera mán na súa sede.

Este encontro, promovido pola RAGBA e o Parlamento, foi a clase inaugural deste curso 2026-27, pero tamén unha oportunidade para compartir con María Vitoria lembranzas e anécdotas da súa vida en Lugo e da Operación Muralla, da que foi unha das artífices.

📸 de Xoan M Garcia

🗓️Na tarde de mañá mércores día 16 de setembro, ás 17:00 horas no salón de actos do centro, contaremos coa presenza da h...
15/09/2026

🗓️Na tarde de mañá mércores día 16 de setembro, ás 17:00 horas no salón de actos do centro, contaremos coa presenza da historiadora, catedrática emérita e académica da Real Academia Galega de Belas Artes María Vitoria Carballo-Calero.

Dáse a notoria circunstancia de que María Vitoria Carballo-Calero foi a primeira directora deste centro, que comezou a súa actividade coa década dos anos setenta do século XX.

Este evento, promovido pola Real Academia Galega de Belas Artes e financiado polo Parlamento de Galicia, constituirá a clase inaugural deste de curso 2026-27.

Confiamos en que resulte do voso interese e poidades acompañarnos.

Hoxe vimos a recomendar unha simbiose de proxectos de alumnado egresado: 𝐓𝐑𝐀𝐃𝐈, de Esther López Esther López 🦝, é a prim...
15/09/2026

Hoxe vimos a recomendar unha simbiose de proxectos de alumnado egresado: 𝐓𝐑𝐀𝐃𝐈, de Esther López Esther López 🦝, é a primeira exposición do proxecto de 𝐀𝐑𝐓𝐄 𝐏𝐀𝐑𝐀 𝐋𝐄𝐕𝐀𝐑, de ESPACIO LUPA ARTE impulsado por Iago Eireos Iago Eireos.

A exposición móbil está a recorrer diferentes vilas do Camiño en cinco fins de semana:

🗓️5 de setembro – Abadín
🗓️12 de setembro – Vilalba
🗓️19 de setembro – Baamonde
🗓️26 de setembro – Lugo | Inauguración
🗓️3 de outubro – Portomarín

Non perdades a oportunidade de visitala exposición se tedes a oportunidade!!

Nova edición do Certame galego de Creadores Novos 𝐗𝐔𝐕𝐄𝐍𝐓𝐔𝐃𝐄 𝐂𝐑𝐄𝐀!!👉🏼Se estás interesadx podes consultar toda a info na w...
14/09/2026

Nova edición do Certame galego de Creadores Novos 𝐗𝐔𝐕𝐄𝐍𝐓𝐔𝐃𝐄 𝐂𝐑𝐄𝐀!!

👉🏼Se estás interesadx podes consultar toda a info na web 🔗xuventude.xunta.gal/gl/programas-c/juventud-crea-c

‼️Non o deixes pasar, data límite de candidaturas, 🗓️ o 30 de setembro!!

💙

11/09/2026

Un ano máis recibimos na escola ao para facer a sesión de fotos de inicio de tempada nun dos nosos platós!! 🦁🏀📸

Deixámosvos neste reels un pouquiño da sesión!! 😊

💙

Eva Piay, alumna de segundo de cerámica da nosa escola, é a autora das ilustracións de Galicia Natura, un libro de Savan...
08/09/2026

Eva Piay, alumna de segundo de cerámica da nosa escola, é a autora das ilustracións de Galicia Natura, un libro de Savana Books especializado en temática ambiental, con textos de Marcos Reinoso.

Moitos parabéns! 👏🏼👏🏼

📸: La Voz de Galicia

Dirección

Paseo Dos Estudantes 31
Lugo
27002

Horario de apertura

Lunes 09:00 - 21:00
Martes 09:00 - 21:00
Miércoles 09:00 - 21:00
Jueves 09:00 - 21:00
Viernes 09:00 - 14:00

Teléfono

+34982220790

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando EASD Ramón Falcón Lugo publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Escuela/facultad

Enviar un mensaje a EASD Ramón Falcón Lugo:

Atajos

Compartir