23/09/2026
A saúde dos solos constitúe un dos grandes retos ambientais aos que se enfronta Europa. O proxecto SUS SOIL (Sustainable Soil and Subsoil health promotion by implementing agroecological land use and management to enhance ecosystem services delivery for society) pretende mellorar o coñecemento e a xestión sustentable do solo e o subsolo, fundamentais para a produción de alimentos, o mantemento da biodiversidade e o equilibrio dos ecosistemas. Está financiado polo programa Horizonte Europa cun orzamento de seis millóns de euros.
Universidade de Santiago de Compostela exerce a coordinación de SUS-SOIL a través do o Grupo de Investigación en Sistemas Agroforestais e Agroecolóxicos da de Enxeñaría doCampus Terra USC, liderado pola catedrática María Rosa Mosquera Losada, que dirixe un consorcio integrado por 22 socios de 15 países.
Unha das principais apostas de SUS-SOIL é a posta en marcha dunha rede 15 Laboratorios Vivos. Estes espazos de innovación permitirán probar e avaliar prácticas agroecolóxicas e modelos de manexo sustentable adaptados ás particularidades de diferentes rexións europeas.
O laboratorio vivo galego será o protagonista da actividade que SUS-SOIL presentará na G-Night de Lugo. A través dunha proposta práctica e participativa, as persoas asistentes poderán explorar o funcionamento do solo, coñecer os efectos dos incendios e achegarse aos organismos microscópicos que contribúen á súa fertilidade.
XuvenCiencia e Asociación de Investigadores AgroMar organizan a G-Night en Lugo.