06/10/2026
☀️🌑 Construír un relato fotográfico colectivo sobre como viviu Lugo a eclipse do 12 de agosto.
Esta é a meta principal de UMBRA, un proxecto do Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga) que busca conservar a memoria visual daquela xornada reunindo imaxes que recollan as diferentes formas en que a eclipse foi vivida e percibida.
A iniciativa, nacida ao abeiro do proxecto ‘Eclipse 2026.8.12 en Lugo’, mantén aberto ata o 30 de outubro o prazo para o envío de fotografías, que se deberá facer a través do enderezo [email protected]. As imaxes seleccionadas formarán parte dun fotolibro colectivo editado por Dispara e dunha exposición na Deputación de Lugo.
👉 https://www.usc.gal/gl/xornal/novas/eclipse-2026812-lugo-manten-aberta-ata-30-outubro-sua-convocatoria-participar-proxecto-fotografico-umbra