07/07/2026
Aprendendo Prehistoria con STOP MOTION.
As imaxes pertencen ao traballo previo antes da realizacion das fotografias que acompañaron o proxecto. O alumnado construiu todo o que aparece nas imaxes, agás os bonecos empregados de Play Mobil; as cabanas, os lugares onde vivían na Prehistoria, dependendo do período e, así tiñan que ir mudando o escenario do Paleolítico, ao Neolítico ou a Idade dos Metais; colocaron lagos ou ríos para a pesca, crearon utensilios propios daquel período, crearon covas e as pintaron con debuxos propios dese período de tempo; trouxeron animais e cultivaron campos co inicio da agricultura e a gandería; crearon armas e utensilios de diferentes metais e, incluso apareceu a roda e a vela.Finalmente, crearon instrumentos musicais que, segundo investigaron, se empregaban nesa época e fixeron algunha danza ritual para conmemorar algún acontecemento importante.
Foi un traballo arduo, laborioso, de moita investigación e grendes doses de paciencia para montar todo ese escenario e, todo para unha pequena película de poucos minutos. Pero, a experiencia foi fantástica e quedará na retina do alumnado de sexto que, agora, coñecen moito máis dun período tan longo como foi a Prehistoria.