30/07/2026
Como actividade de despedida dos nenos e nenas da aula 2-3, disfrutamos dunha maña de visita na Gandería O Palomar I Granja escuela I Lugo , na que os nenxs puideron ver de preto as vacas, dandolles de comer e dando biberon aos becerros e ata aprender a muxilas!
Despois puidemos disfrutar dunha merenda mentres aprendimos a facer queixos! Moitas gracias a Quiara Pardiñas, Odón, Antón e a todos os compañeiros que nos acompañaron na visita e fixeron dela unha actividade na que compartir momentos tanto cos nenos e nenas como coas familias.
Gracias as familias por participar e aos nenos e nenas moita sorte nesta nova etapa que estades a punto de comezar!! 💚