Tradescola

Tradescola A Tradescola é un centro de formación especializado na música e no baile tradicional que está xe

A Tradescola, naceu no ano 2008 na cidade de Lugo grazas as xestións realizadas pola Asociación de Gaiteiros Galegos, converténdose nun centro de formación especializado que conta cunha proposta educativa destinada a que
o alumnado adquira unha formación integral na música e no baile tradicional. Na actualidade conta con mais de 220 alumnos matriculados nas aulas de:
zanfona, acordeón, baile tradicional, gaita, requinta, canto e pandeireta, técnica vocal, percusión e linguaxe musical. A maiores das aulas impartidas no centro, coa intención de complementar a formación do alumnado, e no seu afán de incrementar a presenza da música e do baile tradicional galego na sociedade actual, a Tradescola imparte cursiños monográficos, concertos didácticos, charlas e realiza outras actividades relacionadas coa difusión da cultura tradicional como conferencias, exposicións...

Boas, envíovos unha interesantísima proposta para esta fin de semana aquí en Lugo🎵🎶🩵. Animádevos a achegarvos ao curso e...
18/09/2026

Boas, envíovos unha interesantísima proposta para esta fin de semana aquí en Lugo🎵🎶🩵. Animádevos a achegarvos ao curso e ao concerto, é para todos os públicos e o obradoiro está tamén aberto a cantantes que queiran aprender algo de medieval. Non fai falta coñecementos previos así que animádevos!!! 😉

🎵👉O Xoves iniciamos o prazo de matricula na Tradescola para alumnado novo!!!!!👏👏💥O xoves día 3 de setembro, abrimos o pr...
01/09/2026

🎵👉O Xoves iniciamos o prazo de matricula na Tradescola para alumnado novo!!!!!👏👏
💥O xoves día 3 de setembro, abrimos o prazo de matrícula para este vindeiro curso nas aulas de gaita, zanfona, acordeón, acordeón diatónico, baile tradicional, canto e pandeireta, pandeira, pandeiro, percusión, requinta, clarinete e linguaxe musical ademais de aulas específicas para os máis pequenos e as nosas aulas de conxunto!!!

As aulas impartiranse nos locais do Centro Lug 2 e nos locais do Centrad de Lugo.
A matrícula permanecerá aberta en horario de 11.30 a 13.30 e de 16.30 a 18.30 horas ata o 11 de setembro nos seus locais na Rúa Pintor Corredoira nº 4 de Lugo.(Centro Lug2) ou no teléfono 982229966.

Aqui vos deixamos algúns momentos do Concerto de fin de curso da Tradescola que tivo lugar onte no Auditorio Municipal G...
17/06/2026

Aqui vos deixamos algúns momentos do Concerto de fin de curso da Tradescola que tivo lugar onte no Auditorio Municipal Gustavo Freire😃👏🎵🥰✨🎶.Moitas grazas a tod@s por facelo posible!! Agora a desfrutar do verán, pero que non falte a nosa música e o noso baile tradicional!!! Vémonos en setembro!!✨🎶🎵💙🎶🎵✨🥰👏👏👏👏👏👏👏

Xa estamos a piques de rematar este intenso curso, e para poñer a guinda final, realizaremos a audición de final de curs...
12/06/2026

Xa estamos a piques de rematar este intenso curso, e para poñer a guinda final, realizaremos a audición de final de curso da Tradescola o vindeiro martes 16 de xuño!!! Un concerto de música e baile tradicional que terá lugar no Auditorio Municipal Gustavo Freire de Lugo ás 19.00 horas (entrada libre).🎵🎶🎶🎵👏👏👏
Esperámosvos a tod@s alí para disfrutar da nosa música, o noso canto e o noso baile tradicional!!! Non faltedes!!!!🥳🥳
́sicaebailetradicional

Que ben o pasamos hoxe co alumnado do CEE Santa María!!🥰🥰 Sempre é un pracer tocar, cantar e bailar con vos!!!! Moitas g...
12/06/2026

Que ben o pasamos hoxe co alumnado do CEE Santa María!!🥰🥰 Sempre é un pracer tocar, cantar e bailar con vos!!!! Moitas grazas a todos!!!!! E grazas a Germán Díaz, Blanca Villares e tamén a Emilio e Maria que nos acompañaron hoxe!!! 👏👏👏😉🎉😍🩵🩵🎶🎵

Hoxe imos a levar a nosa música tradicional ao CEE Santa María de Lugo!! Nun ratiño compartiremos as nosas músicas co al...
12/06/2026

Hoxe imos a levar a nosa música tradicional ao CEE Santa María de Lugo!! Nun ratiño compartiremos as nosas músicas co alumnado e co profesorado do cole!!!🎵🎶🥰✨😃👏👏👏
See less

Aqui vos deixamos algúns momentos da nosa festa de fin de curso da Tradescola 😃👏🎵🥰✨🎶.Hoxe foron os mais peques os encarg...
09/06/2026

Aqui vos deixamos algúns momentos da nosa festa de fin de curso da Tradescola 😃👏🎵🥰✨🎶.
Hoxe foron os mais peques os encargados de ofrecernos as mellores musicas, cantos e bailes tradicionais !!!!💙😃👏
Parabéns a tod@s e moitas grazas por facernos pasar unha tarde maravillosa!!!! ✨🎶🎵💙🎶🎵✨🥰 👏👏👏👏👏👏👏

Domingo, 24 de maio 2026 10:30 a 13:30, e 16:00 a 19:00 horas, no Centro de Artesanía e Deseño, CENTRAD, rúa Chantada s/...
22/05/2026

Domingo, 24 de maio 2026 10:30 a 13:30, e 16:00 a 19:00 horas, no Centro de Artesanía e Deseño, CENTRAD, rúa Chantada s/n, Lugo.

A mañá do obradoiro estará aberta a todo o público e consistirá nunha introdución á historia e ás características da zanfona no período Barroco.
Será un espazo pensado non só para zanfonistas, senón tamén para músicos doutros instrumentos, estudantes, docentes e persoas curiosas con ganas de descubrir como este instrumento formou parte da música europea ao longo dos séculos.
A través de explicacións, exemplos musicais e demostracións en directo, os asistentes poderán achegarse ao contexto histórico, ás funcións sociais da zanfona e ás diferentes formas de tocar e entender o instrumento no Barroco.
Non será preciso ter coñecementos previos, polo que estas sesións están pensadas como unha oportunidade única para aprender, escoitar e descubrir.
Pola tarde, os seminarios pasarán a un formato máis práctico e especializado, dirixido principalmente a intérpretes e estudantes de zanfona, cun traballo centrado na técnica, o repertorio e a interpretación específica de cada estilo.

O obxectivo destes encontros é converter Lugo nun espazo vivo de transmisión, aprendizaxe e intercambio arredor da zanfona, abrindo o instrumento tanto á comunidade musical como ao público xeral.

Este obradoiro explorará o repertorio francés do século XVIII para vielle, o seu contexto histórico e os aspectos estilísticos e técnicos necesarios para abordar esta música. Estes elementos conducirán a unha comprensión básica de como interpretar a música de mediados do século XVIII en Francia dun xeito historicamente informado, e de como isto se diferencia dos estilos de interpretación tradicionais actuais. Traballarase a articulación de ambas mans, a dixitación correcta, a ornamentación, as notes inégales, o fraseo e a dinámica, así como unha visión xeral do repertorio e dos métodos da época.

Os estudantes deberán ter polo menos unha corda melódica en G4 e a trompeta en C; para este obradoiro deberán afinar o instrumento (ou polo menos estas dúas cordas) medio ton máis grave (A=415 Hz).

✨️✨️✨️53 Semana de Música do Corpus – Festival Cidade de LugoSábado, 23 de maio de 2026  – Círculo das Artes, 19:00 hEnt...
22/05/2026

✨️✨️✨️53 Semana de Música do Corpus – Festival Cidade de Lugo
Sábado, 23 de maio de 2026 – Círculo das Artes, 19:00 h
Entrada gratuita ata esgotar as localidades
Ensemble Danguy
Tobie Miller, vielle à roue (zanfona) e dirección


Tobie Miller, zanfona barroca e dirección
Ellie Nimeroski, violón barroco
Caroline Ritchie, viola da gamba
Nadja Lesaulnier, cravo
https://filarmonicadelugo.com/23-26/

53 Semana de Música do Corpus – Festival Cidade de Lugo
Sábado, 23 de maio de 2026 – Círculo das Artes, 19:00 h
Entrada gratuita ata esgotar as localidades
Ensemble Danguy
Tobie Miller, vielle à roue (zanfona) e dirección


Tobie Miller, zanfona barroca e dirección
Ellie Nimeroski, violón barroco
Caroline Ritchie, viola da gamba
Nadja Lesaulnier, cravo
https://filarmonicadelugo.com/23-26/

21/05/2026

🎶✨Aquí vos deixamos outro anaquiño do Sons de Maio para Begoña Caamaño tocando co alumnado de gaita, requinta e percusion da Tradescola!👏👏👏👏 Queremos adicar esta peza que aprendemos de Marcelino do Muiñeiro e que tristemente nos deixou a pasada semana💙!!!

Dirección

Rúa Pintor Corredoira Nº 4
Lugo
27002

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Tradescola publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Escuela/facultad

Enviar un mensaje a Tradescola:

Atajos

Compartir

Categoría