11/12/2024
O vindeiro sábado 14 de decembro ao redor de 250 persoas xuntarémonos no ximnasio do CPI Ramón Piñeiro para g***r dunha xornada de recordos no centro educativo que nalgún momento formou parte da nosa vida. Será o punto e final dos actos do 50 aniversario que foron inaugurados alá polo mes de maio polo Conselleiro de Educación D. Román Rodríguez.
Na devandita xornada, as portas do centro educativo abriranse ás 13:00 horas. O acceso será pola porta do aparcadoiro de coches cara o edificio administrativo. Neste edificio poderase visitar un exposición con máis de mil fotos que compoñen un percorrido pola memoria histórica do centro e polo recordo dos que nalgún momento formastes parte desta comunidade educativa (haberá un libro de sinaturas na entrada); no propio salón de actos ademais das fotos tamén teremos documentos históricos do centro, materiais educativos doutras épocas, libros antigos etc.
Posteriormente visitarase a planta baixa do edificio principal, a biblioteca, os patios e por suposto o propio ximnasio, lugar ao que se accederá a partir das 14:15 horas para celebrar a comida.
Bo ambiente, música en directo, recordos, cordialidade, anécdotas, abrazos, moitas risas e algunha que outra sorpresa, espéranos nun día que desexamos perdure na memoria dos que nos sentimos unidos a un centro educativo familiar, con moita historia e con moita memoria.
Vémonos este sábado !!
02/12/2024
COMIDA INTERXERACIONAL 50 ANIVERSARIO CPI RAMÓN PIÑEIRO:
As tarxetas para asistir ao evento do vindeiro SÁBADO 14 de decembro estarán dispoñibles ata o LUNS 9 de decembro no CONVERO, LIBRERÍA BANDE e no propio CPI RAMÓN PIÑEIRO.
Exposición con máis de 1000 fotografías, paseo polas instalacións do centro, música en directo, centos de reencontros, milleiros de recordos e moitas sorpresas...
NON PERDAS ESTA OCASIÓN DE RECORDAR, REENCONTRAR, E REVIVIR. CUMPRIMOS 50 ANOS, E ISO PASA CADA MOITO TEMPO...
21/11/2024
El CPI Ramón Piñeiro de A Pobra organiza el 14 de diciembre una comida por sus 50 años
La celebración del centro de enseñanza lancarés será en un principio en el centro polifuncional del campo de la feria
06/11/2024
Por motivos de organización vémonos obrigados a pospoñer a comida interxeneracional do 50 ANIVERSARIO do CPI RAMÓN PIÑEIRO para o SÁBADO 14 de DECEMBRO de este ano 2024. As tarxetas para asistir ao evento estarán dispoñibles dende o luns 18 de novembro ata o luns 9 de decembro no edificio administrativo do centro educativo.
Serán benvidos todo o alumnado, exalumnos/as, profesores/as, exprofesores, familias así como outros membros da Comunidade Educativa que se queiran sumar á devandita celebración.
Nos próximos días iremos completando a información do custe por persoa, lugar de celebración, etc.
Saúdos para tod@s !
08/10/2024
Co gallo do cincuenta aniversario do noso centro educativo que celebramos neste ano 2024, o vindeiro sábado 14 de DECEMBRO o CPI Ramón Piñeiro celebrará unha comida interxeracional á que serán benvidos todos os alumnos, exalumnos, profesores, exprofesores, familias así como outros membros da Comunidade Educativa que se queiran sumar á devandita celebración.
En próximas datas anunciaremos o lugar e custo por persoa, así como onde e cando se poderán adquirir as tarxetas para asistir a este evento.
Saúdos !
15/05/2024
El colegio Ramón Piñeiro dedica su biblioteca al exdirector Jaime Lago
El centro lancarés celebró una mesa redonda con antiguos profesores por su 50 aniversario
12/05/2024
Despois de moitos meses de traballo o pasado día 30 de abril inauguráronse no CPI Ramón Piñeiro os actos conmemorativos do 50 aniversario do centro. A xornada contou coa presenza do Conselleiro de Educación D. Román Rodríguez xunto con outras autoridades así como directivos e ex directivos do centro, profesores, representantes de pais e de alumnos e outros membros da comunidade educativa.
A xornada tamén serviu para inaugurar a exposición "Un paseo polo tempo" que conta con máis de 700 fotos que constitúen un percorrido polas diferentes xeracións de alumnos e profesores durante estes 50 anos de vida. Tamén conta con outros materiais antigos relacionados coa historia do centro, así como documentos históricos.
A exposición, situada no salón de actos do centro, estará aberta ao público en xeral durante todas as xornadas lectivas ata final deste ano 2024 en horario de 9:30 a 15:00 horas. Convidámosvos a visitala, merece moito a pena.
12/05/2024
https://www.elprogreso.es/articulo/sarria/medio-siglo-educando-convivencia/202405011734471752227.html
El CPI Ramón Piñeiro: medio siglo educando "en convivencia"
El colegio de A Pobra de San Xiao festeja su 50 aniversario con varios actos a lo largo de todo el año. Las celebraciones arrancan con una exposición que, con más de 700 fotografías, repasa la historia del centro lancarés