29/09/2026
Mural en homenaxe a Dª. Manuela Barreiro Pico
O concello de Ribadeo celebrou un acto oficial de inauguración e presentación do mural urbano en homenaxe a Dona Manuela Barreiro Pico, primeira muller licenciada en farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela e unha das grandes pioneiras da ciencia en Galicia, que abriu a súa farmacia "La Moderna" na vila de Ribadeo.
Esta obra artística realizada polo artista de prestixio internacional Diego As, presentouse o pasado venres 25 de setembro, coincidindo co Día Mundial do Farmacéutico.
Dende o Colexio de Farmacéuticos de Lugo sumámonos a celebración desta homenaxe que consolida o recoñecemento público da nosa compañeira.