02/10/2026
Menuda aventura vivimos hoxe! Os nenos e nenas de 1º e 2º de primaria fomos de excursión á Horta de Sancoveiga e pasámolo en grande aprendendo fóra da aula.
Durante a visita, puideron descubrir de primeira man como se traballa nun horta ecosostible, respectando a terra e os seus tempos. Foi marabilloso ver as súas caras de sorpresa ao coñecer variedades de verduras totalmente novas para eles, como a berenxena branca ou as xudías vermellas, que chamaron moito a súa atención pola súa cor e forma.
Tamén aprenderon un dos segredos mellor gardados da horta: como se fabrica o abono natural para alimentar a terra de xeito saudable e sen químicos. E, sen dúbida, un dos momentos máis especiais da xornada foi cando fomos saudar ás galiñas de Mos, que nos recibiron con moita curiosidade e fixéronnos pasar un rato hiperdivertido.
Volvemos ao colexio coas mochilas cargadas de aprendizaxes, aire puro e moita ilusión por coidar do noso planeta.