EPS de Enxeñaría

EPS de Enxeñaría Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Lugo (Universidade de Santiago de Compostela) Todas elas permiten adquirir competencias profesionalizantes.

A Escola Politécnica Superior de Enxeñaría forma titulados dende 1993, ano da súa fundación. As nosas ensinanzas están fundamentalmente relacionadas coa xestión do territorio, e moi especialmente, co rural. Así poderás cursar con nós titulacións relacionadas coa agronomía, o forestal, a topografía, a enxeñaría civil e as industrias agroalimentarias e madeireiras. Somos un centro multidisciplinar con ampla experiencia formativa e investigadora onde poderás atopar cursos de especialización para posgraduados. A EPS é un centro internacionalizado que recibe habitualmente estudantes latinoamericanos e europeos. Coñécenos!!

🌊🌱 O vindeiro 22 de outubro celebrarase na Misión Biolóxica de Galicia o evento final do proxecto BIO_MARTERRA, no que p...
09/10/2026

🌊🌱 O vindeiro 22 de outubro celebrarase na Misión Biolóxica de Galicia o evento final do proxecto BIO_MARTERRA, no que participan investigadores da EPSE.

Durante a xornada presentaranse os principais resultados deste proxecto, centrado na elaboración de bioestimulantes a partir de algas mariñas e na súa avaliación en variedades autóctonas de horta, pataca e viña, tanto en laboratorio e invernadoiro coma en condicións de campo 🔬🌿

A programación inclúe tamén a intervención de Andrés Osoro, investigador predoutoral do Campus Terra EPSE-USC, que abordará a validación científica de diferentes bioestimulantes de algas mariñas en cultivos de horta sometidos a condicións de estrés abiótico.

📅 22 de outubro
🕚 11:00-13:30 h
📍 MBG-CSIC, Salcedo, Pontevedra

Campus Terra USC | Universidade de Santiago de Compostela

🥛🏭 O alumnado de 1º curso do Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria visitou as instalacións de LACTALIS en Nadela,...
08/10/2026

🥛🏭 O alumnado de 1º curso do Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria visitou as instalacións de LACTALIS en Nadela, nunha actividade pensada para achegarse desde o inicio da titulación á realidade do sector agroalimentario galego 🌱📚

Durante a visita, as e os estudantes puideron coñecer máis de preto o funcionamento dunha industria láctea de referencia e descubrir a importancia da enxeñaría agrícola e agroalimentaria nos procesos de produción, transformación e innovación alimentaria 👏✨

Campus Terra USC | Universidade de Santiago de Compostela

🐄🥛 O alumnado de 1.º curso do Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria participou nunha viaxe de benvida a Lactalis ...
06/10/2026

🐄🥛 O alumnado de 1.º curso do Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria participou nunha viaxe de benvida a Lactalis e á Granxa Gayoso Castro, dúas paradas moi vinculadas ao sector lácteo galego 🌱✨

A saída permitiu ao novo estudantado achegarse desde o inicio da súa etapa universitaria á realidade profesional do ámbito agroalimentario, coñecendo de preto instalacións, procesos e experiencias que forman parte dun sector estratéxico para Galicia 📚🚜

Un primeiro contacto co territorio e coa profesión para comezar o curso con aprendizaxe, compañeirismo e moita motivación 👏

Campus Terra USC | Universidade de Santiago de Compostela

🆕 𝕌́𝕃𝕋𝕀𝕄𝔸𝕊 ℕ𝕆𝕍𝔸𝕊 𝔻𝔸 𝔼ℙ𝕊! 🆕💠A EPSE aborda en Xapón como avanzar cara a unha relación máis equilibrada entre as sociedades...
02/10/2026

🆕 𝕌́𝕃𝕋𝕀𝕄𝔸𝕊 ℕ𝕆𝕍𝔸𝕊 𝔻𝔸 𝔼ℙ𝕊! 🆕

💠A EPSE aborda en Xapón como avanzar cara a unha relación máis equilibrada entre as sociedades humanas e a natureza. Participará nunha publicación sobre paisaxes diversas e multifuncionais, capaces de proporcionar alimentos e outros recursos, conservar biodiversidade e manter valores culturais e formas de coñecemento local.
➡️ https://www.usc.gal/gl/xornal/novas/epse-aborda-xapon-avanzar-cara-relacion-equilibrada-sociedades-humanas-natureza

💠O foro Agrovalor reivindicou a necesidade de avanzar desde a xestión de residuos cara á valorización de recursos. O encontro reuniu máis dun cento de participantes procedentes de universidades, empresas, administracións públicas, estudantado, cooperativas e outras entidades vinculadas ao medio rural.
➡️ https://www.usc.gal/gl/xornal/novas/foro-agrovalor-reivindicou-necesidade-avanzar-xestion-residuos-cara-valorizacion-recursos

Campus Terra USC | Universidade de Santiago de Compostela

🎓🤝 Hoxe celebrouse na Facultade de Administración e Dirección de Empresas a xornada Conecta Campus “A Ponte cara ao futu...
30/09/2026

🎓🤝 Hoxe celebrouse na Facultade de Administración e Dirección de Empresas a xornada Conecta Campus “A Ponte cara ao futuro en Lugo”, un encontro dirixido a orientadoras e orientadores dos institutos para presentar a oferta formativa dos centros da USC no Campus de Lugo 📚✨

En representación da EPSE participaron Carlos Amiama e Adriana Conde, que achegaron información sobre as titulacións da escola e as posibilidades que ofrece a nosa formación en ámbitos como a enxeñaría, o territorio, a tecnoloxía e a innovación 🌱🏗️🤖

Unha xuntanza para seguir creando pontes entre o ensino secundario e a universidade, acompañando ao futuro alumnado na elección do seu camiño académico e profesional 🚀

Campus Terra USC | Universidade de Santiago de Compostela

📰 El Progreso de Lugo publicou unha reportaxe sobre o Grao en Enxeñaría Civil da EPSE, unha titulación que combina forma...
21/09/2026

📰 El Progreso de Lugo publicou unha reportaxe sobre o Grao en Enxeñaría Civil da EPSE, unha titulación que combina formación técnica e traballo sobre problemas reais, desde estudos de mobilidade ata estradas máis sostibles ou investigacións sobre enerxía mariña.

A peza recolle a testemuña do profesor Alberte Castro e destaca o carácter práctico do grao, con proxectos vinculados á mobilidade en Lugo, á mellora de infraestruturas e ao desenvolvemento de novos materiais para pavimentos 🚧

Unha formación habilitante, con itinerarios de especialización en Transportes e Servizos Urbanos, Construcións Civís e Hidroloxía, e cunha demanda profesional en crecemento 👷‍♀️📚

🔗 Podedes ler a noticia completa na seguinte ligazón 👇
https://goo.su/t4xN6

Campus Terra USC | Universidade de Santiago de Compostela

🌏🌰 A EPSE participou a pasada semana en Toquio (Xapón) nun workshop internacional centrado na preparación dunha publicac...
18/09/2026

🌏🌰 A EPSE participou a pasada semana en Toquio (Xapón) nun workshop internacional centrado na preparación dunha publicación científica sobre paisaxes socioecolóxicas produtivas.

O alumno Joaquín Camba e o profesor e investigador do iTERRA Emilio Díaz presentaron o traballo Monitoring multifunctionality in Chestnut-based SEPLs: A Landscape-integrated Approach in NW Spain, centrado nas paisaxes de soutos do noroeste de España 🌿📚

A súa contribución formará parte do volume 12 da Satoyama Initiative Thematic Review, editada por Springer Nature no marco da Iniciativa Internacional Satoyama, e dedicada nesta edición á monitorización da multifuncionalidade destas paisaxes.

Unha participación que reforza a proxección internacional da investigación desenvolvida desde a EPSE arredor da paisaxe, a biodiversidade, o territorio e os sistemas produtivos tradicionais 🌱🤝

Campus Terra USC | Universidade de Santiago de Compostela

🆕 𝕌́𝕃𝕋𝕀𝕄𝔸𝕊 ℕ𝕆𝕍𝔸𝕊 𝔻𝔸 𝔼ℙ𝕊! 🆕💠A iniciativa promoverá formación, investigación e transferencia de coñecemento para afrontar ...
10/09/2026

🆕 𝕌́𝕃𝕋𝕀𝕄𝔸𝕊 ℕ𝕆𝕍𝔸𝕊 𝔻𝔸 𝔼ℙ𝕊! 🆕

💠A iniciativa promoverá formación, investigación e transferencia de coñecemento para afrontar retos como a remuda xeracional, a sustentabilidade, o benestar animal, a dixitalización e a competitividade das explotacións. O profesor da EPSE Javier Bueno será o director da Cátedra.
➡️ https://www.usc.gal/gl/xornal/novas/usc-lactalis-espana-impulsan-catedra-acelerar-innovacion-transformacion-sector-gandeiro-galego

Campus Terra USC | Universidade de Santiago de Compostela

📢 Carlos Amiama tomou posesión esta mañá como novo director da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría, nun acto presid...
09/09/2026

📢 Carlos Amiama tomou posesión esta mañá como novo director da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría, nun acto presidido pola reitora da USC, Rosa M. Crujeiras, e no que tamén interveu a directora saínte, Rosa Romero 👏🎓

A nova etapa da EPSE estará marcada polo reforzo da oferta académica, a captación de alumnado, a empregabilidade, a investigación e a consolidación da escola como un dos piares do Campus Terra 🌱🤖🏗️

Desde a EPSE desexámoslle moitos éxitos a Carlos Amiama e a todo o seu equipo neste novo camiño á fronte do centro ✨

Campus Terra USC | Universidade de Santiago de Compostela

Dirección

Rúa Benigno Ledo S/n, Campus Universitario
Lugo
27002

Horario de apertura

Lunes 08:00 - 22:00
Martes 08:00 - 22:00
Miércoles 08:00 - 22:00
Jueves 08:00 - 22:00
Viernes 08:00 - 22:00

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando EPS de Enxeñaría publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Escuela/facultad

Enviar un mensaje a EPS de Enxeñaría:

Atajos

Compartir

Categoría