ANPE LUGO

ANPE LUGO Somos un sindicato de profesores independente, sen ataduras a organizacións políticas, o noso único compromiso eres TI, DOCENTE DO ENSINO PÚBLICO.

Somos un sindicato INDEPENDENTE, formado por docentes que nos adicamos única e exclusivamente ao ENSINO PÚBLICO, pois non temos NIN BUSCAMOS representación no ensino privado ou concertado. Este sindicato existe grazas aos docentes do ensino público que depositades a vosa confianza en nós, por iso o noso compromiso é acadar día a día melloras nas túas condicións laborais e melloras no sistema educativo en xeral. Se aínda non eres docente do ensino público, pero é a túa vocación, tamén podes formar parte do noso sindicato, informarémoste das posibles saídas laborais no ensino público en función da túa titulación: oposicións, bolsas de traballo...tanto en Galicia como no resto de comunidades. Podes formar parte da nosa organización afiliandote na nosa sede ou a través da web www.anpegalicia.com. A afiliación implica unha serie de vantaxes: asesoría xurídica gratuíta, información educativa actualizada no móbil, asesoramento persoal para tramitación de impresos (concursos de traslados, matriculación oposicións...), descontos en cursos de formación, convenios con diversas empresas con importantes descontos...podes obter máis información na nosa sede ou no tlf 982227912

OPOSICIÓNS 2026 - Datas, horas e lugares de presentación e probas➡️ O acto de presentación, de ASISTENCIA OBRIGATORIA, s...
15/06/2026

OPOSICIÓNS 2026 - Datas, horas e lugares de presentación e probas

➡️ O acto de presentación, de ASISTENCIA OBRIGATORIA, será para todo o persoal opositor o sábado 20 de xuño ás 9 horas no lugar indicado por cada TRIBUNAL.

As persoas aspirantes que non asistan decaerán do proceso, salvo casos de forza maior debidamente xustificados ante o tribunal. (consulta na resolución as causas xustificadas)

Igualmente será causa de exclusión o feito de presentarse nun tribunal ao que non se estea adscrito.

**Recordamos que neste proceso, o persoal interino/substituto CONSOLIDADO non decaerá das listas de substitución ainda que non se presente.

➡️ PODES consultar toda a información do teu tribunal en www.edu.xunta.gal/oposicions

Calendario Escolar para o curso 2026 - 2027​Educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria, ba...
15/06/2026

Calendario Escolar para o curso 2026 - 2027

​Educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria, bacharelato, primeiros cursos de ciclos formativos de grao básico, grao medio e grao superior da FP e nas ensinanzas de réxime especial do 9 de setembro de 2026 ata o 21 de xuño de 2027.

A incorporación gradual do alumnado no cuarto curso da etapa a que se refire o artigo 4 da Orde do 30 de maio de 2023 non se prolongará máis alá do 15 de setembro de 2026.

Nos segundos cursos dos ciclos formativos de grao básico, grao medio e grao superior da formación profesional do 9 de setembro de 2026 ata o 15 de xuño de 2027.

No segundo curso de bacharelato a impartición efectiva das clases rematará de acordo coas datas previstas da Proba de Acceso á Universidade (en diante, PAU).

Ensinanzas de Réxime Especial, poderá flexibilizarse o inicio das actividades lectivas pero, deberán ter comezado o día 16 de setembro de 2026. A impartición efectiva das clases rematará de acordo cos calendarios de final de curso e probas de acceso e/ou certificación, que deberán ser autorizados pola dirección territorial correspondente, logo de solicitude por parte das direccións dos centros con anterioridade ao día 30 de abril de 2026.

VACACIÓNS ESCOLARES

– Do 22 de decembro de 2026 ata o día 7 de xaneiro de 2027.

– 8, 9 e 10 de febreiro de 2027.

– Do 22 ao 29 de marzo de 2027, ambos incluídos.

DIAS NON LECTIVOS

​ Día do Ensino: 7 de decembro

Explora Aquis Querquennis, o maior campamento romano escavado da península ibérica, acompañado dun centro de interpretac...
08/06/2026

Explora Aquis Querquennis, o maior campamento romano escavado da península ibérica, acompañado dun centro de interpretación cheo de historia. Durante a visita avanzaremos pola Vía Nova e descubriremos unha mansio romana. Para pechar a experiencia, quen o prefira pode desfrutar dun baño nas súas reconfortantes augas termais.
Restaurante tradicional no corazón de Celanova con excelentes carnes á brasa, arroces e mariscos.
Continuamos a nosa viaxe explorando o maxestoso Mosteiro de San Salvador de Celanova, unha xoia monumental fundada no século X. Pasearemos polos seus impoñentes claustros antes de descubrir o seu tesouro máis valioso e antigo, situado na horta monacal: a Capela de San Miguel.

Publicación do resultado do sorteo dos/as vogais dos tribunais que xulgarán os procedementos selectivos do concurso-opos...
13/04/2026

Publicación do resultado do sorteo dos/as vogais dos tribunais que xulgarán os procedementos selectivos do concurso-oposición para o ingreso a corpos docentes non universitarios da Comunidade Autónoma de Galicia
https://www.edu.xunta.gal/portal/node/49561

Motivos de suplencia:
- SER DIRECTOR OU DIRECTORA DUN CENTRO
- TER PARTICIPADO COMO TRIBUNAL DE OPOSICIÓN DURANTE O ANO 2021 OU SEGUINTES
- ESTAR GOZANDO DO PERMISO POR NACEMENTO OU POR ADOPCIÓN, POR GARDA CON FINS DE ADOPCIÓN, OU ACOLLEMENTO; TANTO NO CASO DA NAI BIOLÓXICA COMO NO CASO DA OUTRA PERSOA PROXENITORA
- ESTAR GOZANDO DE REDUCIÓN DE XORNADA ANTES DO DÍA 01/05/2026 E MANTERSE NESA SITUACIÓN
- ESTAR EN SITUACIÓN DE INCAPACIDADE TEMPORAL
- TER PERMISO SINDICAL A TEMPO COMPLETO
- ESTAR NA SELECCIÓN PARA PARTICIPAR NA MODALIDADE 2 DO PIALE

VACANTES CXT
10/04/2026

VACANTES CXT

Sindicato independiente, al servicio del profesorado de la enseñanza pública

Apertura de listas:Lingua e literatura galegahttps://www.edu.xunta.gal/portal/node/49521Grego, Latín, Portuguéshttps://w...
09/04/2026

Apertura de listas:

Lingua e literatura galega
https://www.edu.xunta.gal/portal/node/49521

Grego, Latín, Portugués
https://www.edu.xunta.gal/portal/node/49523

Apertura de lista de substitucións de EOI de Galego
https://www.edu.xunta.gal/portal/node/49525

Apertura de lista de substitucións na EOI de Portugués
https://www.edu.xunta.gal/portal/node/49527

Relixión católica no nivel de educación secundaria obrigatoria e bacharelato (702400) (código de procedemento ED003A)
https://www.edu.xunta.gal/portal/node/49529

Relixión evanxélica no nivel de educación primaria (701402) e no nivel de ESO e bacharelato (702403) (cód. procedemento ED003A)
https://www.edu.xunta.gal/portal/node/49531

🗓️ Prazo de presentación de solicitudes: desde o venres 10 de abril ata o xoves 16 de abril de 2026, ambos incluídos .
🖥️ Solicitudes: https://sede.xunta.gal/portada e cubrir o formulario de solicitude do procedemento ED003A

Publícase a resolución do 8 de abril de 2026 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario (590) (...

Dirección

Rúa Doutor Bispo Balanzá, 21-23, Baixo
Lugo
27002

Horario de apertura

Lunes 10:00 - 14:00
17:00 - 19:30
Martes 10:00 - 14:00
17:00 - 19:30
Miércoles 10:00 - 14:00
17:00 - 19:30
Jueves 10:00 - 14:00
17:00 - 19:30
Viernes 10:00 - 14:00

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando ANPE LUGO publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Escuela/facultad

Enviar un mensaje a ANPE LUGO:

Atajos

Compartir

Categoría