Facultade de Administración e Dirección de Empresas - Lugo

Facultade de Administración e Dirección de Empresas - Lugo

Compartir

Grao en Administración e Dirección de Empresas
Grao en Empresa e Tecnoloxía
Máster en Dirección

En la Facultad de Administración y Dirección de Empresas en Lugo puedes estudiar:
Grado en Administración y Dirección de Empresas http://www.usc.es/es/centros/empresas/titulacions.html?plan=13323&estudio=13324&codEstudio=12913&valor=9

Grado en Gestión de Pequeñas y Medianas Empresas http://www.usc.es/es/centros/empresas/titulacions.html?plan=14189&estudio=14190&codEstudio=13742&valor=9

Máster en

29/07/2026

📢 Noraboa aos nosos profesores!

Roberto Bande e Diana Fernandez, que xunto con Matías Mayor da Universidade de Oviedo, coeditarán un número especial da Revista Galega de Economía (RGE) que verá a luz en 2027, titulado: "O impacto rexional dos Fondos Estruturais e de Cohesión da UE: evidencia, retos e avances metodolóxicos.

https://revistas.usc.gal/index.php/rge/announcement/view/152

Esta iniciativa reunirá investigacións de referencia sobre un tema de grande interese académico e supón un recoñecemento á traxectoria investigadora e ao compromiso editorial dos tres profesores.

Parabéns por este novo reto e moito éxito nesta responsabilidade! 👏📚

28/07/2026

@📢 A nosa decana, Paula Vázquez Rodríguez () , participa nun novo proxecto internacional de investigación que reúne universidades, empresas, organizacións e representantes da sociedade civil de Europa e América Latina para impulsar a diversidade e a innovación no sector tecnolóxico.

Esta iniciativa promoverá a colaboración entre distintos axentes para favorecer ecosistemas tecnolóxicos máis inclusivos, diversos e innovadores, reforzando a transferencia de coñecemento e o impacto social da investigación.

Parabéns por formar parte deste importante proxecto internacional, que contribúe a situar á nosa Facultade e á USC na vangarda da investigación en diversidade, innovación e transformación tecnolóxica.

https://www.usc.gal/gl/xornal/novas/universidades-empresas-organizacions-sociedade-civil-europa-america-latina-unense-promover-diversidade-innovacion-sector-tecnoloxico

20/07/2026

📰 Moitas grazas a El Progreso por facerse eco do 2º Premio Ícarus 2026 concedido ao profesor da nosa facultade José Manuel Amoedo Meijide pola súa tese doutoral.

Parabéns de novo por este importante recoñecemento e grazas aos medios de comunicación por contribuír á súa difusión.



17/07/2026

#📢 A nosa decana, Paula Vázquez, foi entrevistada por El Progreso para analizar a situación das titulacións da Facultade de Administración e Dirección de Empresas de cara ao vindeiro curso académico.

https://www.elprogreso.es/articulo/lugo/facultades-lucenses-cuentan-cerca-doscientas-plazas-cubrir/202607170500001985835.html

Os datos son moi positivos:
✅ O Grao en Empresa e Tecnoloxía xa ten pechada a matrícula, tanto na modalidade presencial como na virtual.
✅ O Grao en ADE supera xa o 73 % de ocupación, quedando menos de 20 prazas para atender a demanda dos próximos chamamentos.
✅ Ademais, o prazo de matrícula do Máster Universitario en Dirección de Empresas, será o 30 e 31 de xullo.

Grazas a todas as persoas que confían na nosa Facultade para construír o seu futuro. Seguimos traballando para ofrecer unha formación de calidade, innovadora e conectada coas necesidades das organizacións e da sociedade.

Photos from Facultade de Administración e Dirección de Empresas - Lugo's post 14/07/2026

Parabéns ao noso compañeiro José Manuel Amoedo Meijide, profesor da Facultade de Administración e Dirección de Empresas da USC, pola obtención do 2º Premio Ícarus 2026 na categoría de Ciencias Sociais e Xurídicas coa súa tese doutoral A relación entre a distribución funcional e persoal da renda: proposta metodolóxica e aplicación para España e Galicia (2007–2021).

https://www.usc.gal/gl/xornal/novas/reconecen-viabilidade-tecnica-economica-vintena-teses-doutoramento-traballos-academicos

Este recoñecemento pon en valor a calidade da súa investigación, así como o seu potencial de transferencia e aplicación á sociedade, aspectos que distinguen os Premios Ícarus da USC.

👏 Moitos parabéns, José Manuel! É un orgullo contar contigo na nosa facultade.

Photos from Facultade de Administración e Dirección de Empresas - Lugo's post 09/07/2026

Hoxe tivemos o pracer de celebrar o III Seminario de Investigación da Facultade de ADE da USC, impartido polo Proffesor Mohammad Faraz Naim, quen compartiu unha interesante sesión baixo o título "Thrive, Lead, Speak: How Sustainable HR Practices Foster Employee Voice".
Ao longo do seminario afondouse en como as prácticas sostibles de recursos humanos poden favorecer que as persoas traballadoras prosperen no seu posto, promovendo unha maior participación, aprendizaxe e iniciativa para contribuír á mellora das organizacións.
Queremos expresar o noso máis sincero agradecemento ao profesor Mohammad Faraz Naim pola calidade da súa presentación, pola súa xenerosidade ao compartir o seu traballo investigador e por contribuír a enriquecer o debate científico na nosa facultade.
Foi un auténtico pracer contar coa súa presenza na USC. Agardamos que esta visita sexa o inicio de novas colaboracións académicas e investigadoras entre a Facultade de ADE da USC e BITS Pilani.

06/07/2026

📢 III Seminario de Investigación da Facultade de ADE

O vindeiro xoves 9 de xullo ás 12:00 h, a Sala de Xuntas da Facultade de Administración e Dirección de Empresas acollerá o III Seminario de Investigación deste curso.

Nesta ocasión contaremos coa participación do Prof. Mohammad Faraz Naim, profesor asociado no Department of Management do BITS Pilani (India) e investigador visitante na nosa facultade.

Baixo o título "Thrive, Lead, Speak: How Sustainable HR Practices Foster Employee Voice", o profesor Naim analizará como as prácticas sostibles de recursos humanos poden favorecer a participación activa das persoas traballadoras, promovendo organizacións máis innovadoras, resilientes e comprometidas.

https://www.usc.gal/gl/xornal/eventos/seminario-profesor-mohammad-faraz-naim

Unha excelente oportunidade para coñecer de primeira man investigación de vangarda nun ámbito de grande actualidade e seguir fortalecendo a colaboración internacional da nosa facultade.

📅 Xoves, 9 de xullo
🕛 12:00 h
📍 Sala de Xuntas | Facultade de Administración e Dirección de Empresas (USC, Campus de Lugo)

Photos from Facultade de Administración e Dirección de Empresas - Lugo's post 02/07/2026

🔍🥦 Aprender a consumir tamén é facer ciencia.

Estes días tivemos o pracer de recibir na nosa Facultade ao alumnado participante en XuvenCiencia, que tomou parte no obradoiro "P07. O que ves, o que elixes. Laboratorio de decisión de compra alimentaria". Neste proxecto, as e os participantes deseñaron un pequeno experimento sobre o comportamento do consumidor para descubrir como elementos como o envase, o prezo, o nome ou a información dun produto alimentario poden influír nas decisións de compra.

A actividade permitiulles achegarse de forma práctica a ámbitos como o márketing, a investigación de mercados e a análise de datos, demostrando que detrás de cada decisión de consumo hai moito máis do que parece.

Queremos agradecer especialmente a implicación do profesorado da nosa Facultade que participou na organización e desenvolvemento do obradoiro, facendo posible que o alumnado vivise unha auténtica experiencia universitaria baseada na investigación e na aprendizaxe activa.

Grazas tamén a todo o alumnado de XuvenCiencia polo seu interese, curiosidade e entusiasmo. Foi un pracer compartir estes días convosco. Agardamos vervos de novo moi pronto! 💙💛

Photos from Facultade de Administración e Dirección de Empresas - Lugo's post 02/07/2026

📸 Onte celebramos a toma de posesión oficial de Paula Vázquez Rodríguez como decana da Facultade de Administración e Dirección de Empresas da USC.

https://www.usc.gal/gl/xornal/novas/continuar-referente-formacion-empresa-principal-proposito-decana-ade

Comeza unha nova etapa marcada polo compromiso de seguir consolidando a nosa facultade como un referente na formación empresarial, reforzando a calidade docente, impulsando a investigación e a innovación, estreitando a relación coa contorna socioeconómica e apostando por unha universidade máis aberta, inclusiva e conectada coa sociedade. Entre os grandes retos deste novo mandato destacan tamén a integración responsable da intelixencia artificial, a retención do talento e a formación de profesionais preparados para responder aos desafíos dun mundo en constante transformación.

Desde a Facultade de ADE desexámoslle moitos éxitos nesta nova responsabilidade.

Queremos tamén expresar o noso sincero agradecemento aos medios de comunicación por facerse eco deste importante momento para o noso centro.

https://www.elprogreso.es/articulo/lugo/paula-vazquez-asume-decanato-facultad-ade-reforzar-innovacion-investigacion/202607011844501982598.amp.html

https://www.diariodesantiago.es/galicia/paula-vazquez-rodriguez-toma-posesion-como-nueva-decana-de-la-ade-del-campus-de-lugo-este-miercoles/

29/06/2026

📰 O impacto do Proxecto TROYA segue a chegar aos medios de comunicación.

A prensa fíxose eco dunha das mellores noticias que pode recibir un proxecto formativo: a primeira inserción laboral dunha das participantes da nosa microcredencial "Desenvolvemento de habilidades empresariais para persoas pertencentes a colectivos en risco de exclusión social – Proxecto TROYA".

Este logro é froito do compromiso e do traballo desenvolvido baixo a coordinación da profesora Ángeles López Cabarcos, directora da Aula TIC-PYMES, desde onde se impulsa esta iniciativa para mellorar a empregabilidade de persoas pertencentes a colectivos en risco de exclusión social mediante formación, mentoría e colaboración co tecido empresarial.

Parabéns a todas as persoas, institucións e empresas que fan posible este proxecto e, moi especialmente, á alumna protagonista desta gran noticia. Seguimos demostrando que a universidade pode ser un motor de inclusión, oportunidades e transformación social. 💙💛

https://www.elprogreso.es/articulo/lugo/conseguimos-que-primera-alumna-tenga-contrato-laboral/202606261915111981438.html

📰 Grazas a por dar visibilidade a esta historia de éxito.

¿Quieres que tu escuela/facultad sea el Escuela/facultad mas cotizado en Lugo?

Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Localización

Categoría

Teléfono

Dirección


Avenida Alfonso X O Sabio, S/n
Lugo
27002