18/09/2026
🌡️🌱 O verán esténdese. Setembro é cada vez máis cálido. E o campo xa está notando as consecuencias.
As temperaturas elevadas prolongan as condicións estivais e están a alterar os ciclos naturais dos cultivos, adiantando procesos que tradicionalmente asociabamos ao final do verán ou ao comezo do outono.
Javier Cancela, profesor da EPS de Enxeñaría do Campus Terra USC e investigador principal de Proxectos e Planificación USC, analiza hoxe en Faro de Vigo como o incremento das temperaturas e os cambios na dispoñibilidade de auga están obrigando a mirar dunha maneira diferente cara á planificación e xestión dos cultivos.
🍇 A vendima é un dos exemplos máis visibles. O que durante décadas foi unha actividade propia de setembro está a adiantarse progresivamente, unha evidencia de que o calendario agrícola que coñeciamos está cambiando.
Un escenario que abre importantes retos para a agricultura galega: adaptación dos cultivos, necesidades de rega, dispoñibilidade de recursos hídricos e capacidade para responder a condicións climáticas cada vez máis variables.
🔬 Desde PROePLA levamos anos investigando precisamente nestes ámbitos, buscando coñecemento e ferramentas que permitan anticiparse aos cambios e avanzar cara a unha xestión máis eficiente e sostible dos recursos.
La uva y las primeras castañas anticiparon dos semanas su maduración y el maíz también completa antes su ciclo