Mulleres Empresarias Lugo

Mulleres Empresarias Lugo Asociación de Empresarias de la Provincia de Lugo ASOCIACIÓN SIN ANIMO DE LUCRO DE APOYO A LA MUJER EMPRESARIA Y EMPRENDEDORA DE LUGO PROVINCIA.

29/09/2026

💖¡AELU SEGUE CREANDO ESPAZOS PARA FACER REDE, APOIARNOS E MEDRAR XUNTAS! 🤝 Networking na Ulloa ✨

Esta vez fomos ata Antas de Ulla, a un lugar tan especial como o Parque Xeográfico de Galicia, para vivir unha xornada diferente, desas que nos lembran por que é tan importante atoparnos.

Compartimos experiencias, soños, metas, dúbidas e inquedanzas. Falamos dos nosos proxectos, dos retos de emprender e de todo o que podemos aprender unhas das outras.

Pero, sobre todo, fixemos piña. 💜
Escoitámonos, apoiámonos, intercambiamos ideas e creamos novas conexións.

E chegamos a unha conclusión que para AELU é fundamental:

¡ESTES ESPAZOS SON NECESARIOS PARA AS EMPRESARIAS DA PROVINCIA DE LUGO!

Queremos agradecer á e ao por facer posible esta xornada e por apoiar estes espazos de encontro e participación.

💖 E grazas tamén á deputada por acompañarnos, compartir esta mañá con nós e achegarse para coñecer de preto as experiencias e inquedanzas das nosas empresarias.

Unha + Unha, porque xuntas facemos máis. 🤩

24/09/2026

🚨 ¡HOXE É O ÚLTIMO DÍA PARA INSCRIBIRTE!

Este sábado imos a Antas de Ulla para facer rede, compartir experiencias e seguir creando oportunidades xuntas. 🤝✨

📍 Centro Xeográfico de Galicia
🗓️ Sábado, 26 de setembro
⏰ 11:00 h
🚌 Transporte gratuíto desde Lugo
🥂 Degustación de produtos locais
💜 Participación gratuíta

⏰ Lembra: HOXE, xoves 24, é o último día para inscribirte.

📩 [email protected]
📱 655 947 735

Se estabas pensando en vir… ¡este é o momento!

¿Vés connosco? Agardámoste en Antas de Ulla! 💜

Unha + Unha, porque xuntas facemos máis.

🤝Cando compartimos visión, abrimos novas oportunidades! Esta semana, parte da xunta Directiva de AELU tivo a oportunidad...
24/09/2026

🤝Cando compartimos visión, abrimos novas oportunidades!

Esta semana, parte da xunta Directiva de AELU tivo a oportunidade de recibir nas nosas oficinas do CEI-NODUS a Eloína Ingerto, directora xeral de Promoción da Igualdade da Xunta de Galicia (Igualdade en Galicia )

Foi un encontro para compartir proxectos, ideas e visións sobre o que está por vir, pero tamén para identificar novas oportunidades e posibles sinerxías e vías de colaboración que nos permitan seguir impulsando o talento, o emprendemento e o desenvolvemento das mulleres empresarias da provincia de Lugo. 💖

💡Ideas que se transforman en acción

Cada conversa pode abrir unha porta, cada idea pode dar lugar a un proxecto e cada colaboración pode xerar novas oportunidades. Seguimos traballando para que as ideas das mulleres empresarias de Lugo
teñan espazo, apoio e visibilidade.

💖Acompañar e apoiar

Porque estar ao lado das mulleres empresarias tamén significa apoiar os seus proxectos, acompañar os seus procesos e facilitar novas oportunidades para que poidan seguir medrando.

🙌 En AELU queremos estar preto das nosas socias e das mulleres empresarias da provincia: escoitar as súas necesidades, coñecer os seus retos e estar abertas ás súas propostas para poder dar respostas que realmente lles sexan útiles.

Para AELU, estes espazos de encontro son fundamentais para crear pontes, sumar capacidades e transformar ideas en novas oportunidades…🙌

✨Foi tamén unha ocasión para que
Eloína puidese coñecer de preto como traballamos, os proxectos que desenvolvemos e todo o que facemos cada día polas mulleres empresarias da provincia de Lugo, ao longo de case 40 anos de traxectoria de AELU.

Moitas grazas, Elo Lopez , por achegarte á nosa casa, por coñecer o noso traballo e pola disposición para seguir creando xuntas.💖

23/09/2026

Dende AELU convidámoste ao noso Networking na Ulloa. 🤩 Un encontro gratuíto para coñecernos, compartir experiencias, facer rede e seguir medrando xuntas.

📍 Vémonos este sábado 26 de setembro, ás 11:00 h, no Centro Xeográfico de Galicia, en Antas de Ulla.

Ademais, desfrutaremos dunha degustación de produtos locais e teremos transporte gratuíto desde Lugo. 🚌✨

¿Vés connosco? ¡Agardámoste! 💖

☕💜 NOVO NETWORKING DE AELU NA ULLOA! 🌿Seguimos creando rede, compartindo experiencias e xerando novas oportunidades. 🤝O ...
18/09/2026

☕💜 NOVO NETWORKING DE AELU NA ULLOA! 🌿

Seguimos creando rede, compartindo experiencias e xerando novas oportunidades. 🤝

O noso terceiro encontro de networking do ano lévanos ata Antas de Ulla, onde reuniremos empresarias para coñecernos, descubrir novos proxectos e fortalecer as conexións entre os negocios da provincia de Lugo.

Un espazo para compartir, aprender e abrir portas a futuras colaboracións. ✨

🗣️ Que podes esperar?
✅ Presentación de 1 minuto por participante.
✅ Novas conexións empresariais.
✅ Oportunidades de colaboración e negocio.
💼 Recoméndase levar tarxetas de visita para facilitar o contacto posterior.

📅 Sábado, 26 de setembro
🕚 11:00 h
📍 Parque Central – Centro Xeográfico de Galicia, Antas de Ulla (Lugo)

📝 Prazas limitadas!
Reserva a túa praza no 📞 655 947 735 ata o 24 de setembro.

💜 Porque cando conectamos, medramos xuntas.

Vémonos na Ulloa! ☕🌿

🎉 Celebramos os 2.000 seguidores... compartindo coñecemento! OBRADOIRO GRATUÍTO: “Orde e Foco para Avanzar”🤝En colaborac...
10/09/2026

🎉 Celebramos os 2.000 seguidores... compartindo coñecemento!

OBRADOIRO GRATUÍTO: “Orde e Foco para Avanzar”
🤝En colaboración co equipo de Consultoría Lume (Lume | Consultoría y Dirección de Proyectos. )

📅 Mércores, 23 de setembro
🕕 18:00 h
💻 En liña

👉 Inscricións:
📲 WhatsApp: +34 655 94 77 35
📧 [email protected]

Unha sesión para aprender a deixar de facelo todo e comezar a poñer o foco no que realmente xera resultados.

💗 Seguimos traballando para sumar, formar e impulsar o noso territorio!


emprendimiento

📚 Nova formación gratuita en liña que queremos compartir con vós!Desde AELU facémosvos chegar esta proposta da Rede Eusu...
21/08/2026

📚 Nova formación gratuita en liña que queremos compartir con vós!
Desde AELU facémosvos chegar esta proposta da Rede Eusumo: “Mulleres que emprenden para transformar”, unha formación pensada para mulleres interesadas no emprendemento e na economía social.💜
💻 Modalidade: en liña
⏱️ 20 horas
📅 Do 8 ao 22 de setembro
📝 Inscricións ata o 7 de setembro

Ao longo da formación traballaranse ferramentas de coaching, emprendemento, comunicación, traballo en equipo e diferentes recursos para converter unha idea de negocio nun proxecto, incluíndo Canvas e DAFO.

🔗 Toda a información e inscricións:
https://eusumo.gal/web/gl/xornadas/mulleres-que-emprenden-para-transformar

💙🤍 Feliz Día da Patria Galega!Hoxe celebramos a nosa terra, a nosa lingua, a nosa cultura e, sobre todo, ás persoas que,...
25/07/2026

💙🤍 Feliz Día da Patria Galega!

Hoxe celebramos a nosa terra, a nosa lingua, a nosa cultura e, sobre todo, ás persoas que, co seu talento e compromiso, fan medrar Galicia cada día.

Desde AELU queremos render unha homenaxe especial ás mulleres empresarias que, co seu esforzo, innovación e capacidade de emprendemento, contribúen ao desenvolvemento económico e social da nosa provincia e de toda Galicia.✨

Lugo Emprendemento

☕ AELU organiza o segundo networking do ano na Mariña Lucense!📅 Martes 30 de xuño🕘 09:00 h📍 Academia A Mariña (Burela)Un...
26/06/2026

☕ AELU organiza o segundo networking do ano na Mariña Lucense!

📅 Martes 30 de xuño
🕘 09:00 h
📍 Academia A Mariña (Burela)

Un encontro para coñecer experiencias empresariais, crear novas conexións e xerar oportunidades de negocio.

✅ Cada participante poderá asistir cunha persoa invitada (que tamén deberá inscribirse).
✅ Haberá unha presentación de 45 segundos por participante.
✅ Recoméndase levar tarxetas de visita para facilitar o contacto posterior.

📝 Prazas limitadas. Inscricións ata o 29 de xuño:
https://forms.office.com/r/yR72x2gvV7

🤖✨ Xa puxemos en marcha a primeira formación de trodución á Intelixencia Artificial da man de  💜Un espazo de aprendizaxe...
09/06/2026

🤖✨ Xa puxemos en marcha a primeira formación de trodución á Intelixencia Artificial da man de 💜

Un espazo de aprendizaxe onde descubrimos que a tecnoloxía non é cousa do futuro, senón unha ferramenta que xa pode axudarnos no noso día a día persoal e profesional.

💡 Comezamos a explorar como a Intelixencia Artificial pode converterse nunha aliada para optimizar tarefas, impulsar os nosos negocios e abrir novas oportunidades.

Grazas a todas as persoas participantes pola súa curiosidade, implicación e ganas de seguir aprendendo. Isto só acaba de comezar! 🚀

✅Esta formación forma parte da iniciativa Generación D, impulsada por Fundación Cibervoluntarios, promovida por Red.es e financiada polo Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia a través dos fondos Next Generation da Unión Europea.

Dirección

Avenida Coruña, 500 1ª Pranta, Edificio CEI-NODUS
Lugo
27003

Horario de apertura

Lunes 09:00 - 15:00
Martes 09:00 - 15:00
Miércoles 09:00 - 15:00
Jueves 09:00 - 15:00
Viernes 09:00 - 15:00

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Mulleres Empresarias Lugo publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Escuela/facultad

Enviar un mensaje a Mulleres Empresarias Lugo:

Atajos

Compartir